cartaces GAÑADORES de outros anos
Segundo as bases oficiais do Concello de Moaña
BASES CONCURSO CARTEL ENTROIDO …
, o teu cartel debe cumprir isto:
Formato A3 vertical.
Arquivo final en JPG ou PDF.
A versión definitiva debe ter 300 ppp.
Deben aparecer de maneira clara: a sardiña e a xoubiña.
Texto obrigatorio: ENTROIDO MOAÑA 2026.
Prohibido usar IA.
Antes de poñerte a debuxar, anota palabras que che suxiran o Entroido: disfraces, música, humor, peixes, mar, Moaña, xente, cores, ambientes…
Para documentarte, usa buscas sinxelas:
“cartel entroido galego”
“sardiña ilustración”
“xoubiña cartoon”
“carnaval, poster, inspiration”
Non copies imaxes: observa estilos, cores e composicións.
Xunta entre 8 e 12 imaxes que che inspiren (cores, formas, poses, expresións…). Pódeche valer unha folla ou un documento dixital. Será o teu mapa visual.
O cartaz. debe entenderse nun golpe de vista. Pregunta:
Que quero que vexan primeiro?
Onde vai ir o texto obrigatorio?
Como presento a sardiña e a xoubiña para que sexan protagonistas?
Fai 3 ideas pequenas, sen detalles. Busca:
Unha composición equilibrada.
Un punto focal claro.
Un espazo visible para o texto.
Cando teñas a mellor idea, queda con ela é realizamos o nosa idea en témpera .
Témperas en cores primarias (amarelo, cian e maxenta), ademais do branco e do negro.
Prato para mesturas.
Recipiente para botar auga.
Un par ou tres pinceis, para perfilar e para encher.
Unha bolsa do lixo, por exemplo, para cubrir e protexer a mesa de traballo.
Unha camiseta vella ou algo semellante para protexer a roupa, que pode mancharse en calquera descoido ou accidente.
Un trapo para secar os pinceis e limpar no caso de manchar algo.
Unha lámina de témpera DIN A3
DATA DE ENTREGA , 19 LUNS XANEIRO