Bloque 1. Concepto e historia do debuxo.
- O debuxo na arte dos séculos XIX e XX. Obras máis representativas de diferentes creadores e creadoras.
- Da representación obxectiva á subxectiva. Do figurativo á abstracción.
- A Bauhaus e o deseño.
- O debuxo como expresión artística contemporánea. Debuxar no espazo.
- O debuxo e artes plásticas en Galicia nos séculos XIX e XX. O Laboratorio de Formas.
Bloque 2. A expresión gráfica e os seus recursos elementais.
- A retentiva e a memoria visual.
- As formas e a súa transformación: a forma entendida como unha estructura de elementos e relacións. Espazos negativos e positivos das formas.
- Textura visual e táctil.
- Técnicas gráfico-plásticas, tradicionais, alternativas e dixitais.
Bloque 3. Debuxo e espazo.
- A liña, o debuxo e a tridimensionalidade.
- A perspectiva. Aplicación da perspectiva cónica ao debuxo artístico.
- Encadramento e debuxo do natural. Relación cos fotografía.
- Espazos interiores, exteriores, urbanos e naturais.- Xeometría e natureza.
Bloque 4. A luz, o claroscuro e a cor.
- O sombreado e a mancha. Escalas e claves tonais.
- Calidades e relacións da cor. O contastre de cor. Cor local, tonal e ambiental. Usos
da cor no debuxo.
- Dimensións da cor. Aplicacións prácticas.
- Perspectiva atmosférica.
- A cor asociada á liña. Arte óptica e xeométrica.
Bloque 5. A figura humana.
- Representación do ser humano ao longo da historia. Canon e proporción. Os esterotipos de beleza en diferentes épocas.
- Nocións básicas de anatomía artística.
- Apuntamento do natural e do escorzo.
- O retrato. Faccións e expresións.
- O corpo humano como soporte e como instrumento de expresión artística.
Bloque 6. Proxectos gráficos colaborativos.
- A distribución de tarefas nos proxectos gráficos colaborativos: criterios de selección a partir das habilidades requeridas e das necesidades do proxecto.
- Fases dos proxectos gráficos.
- Estratexias de selección de técnicas, ferramentas, medios e soportes do debuxo adecuados a distintas disciplinas.
- Estratexias de avaliación das fases e os resultados de proxectos gráficos. O erro como oportunidade de mellora e de aprendizaxe.A proba intenta recoller nos exercicios aqueles contidos máis xerais e necesarios para a realización dun debuxo. As cuestións que aparecen de interpretación libre deberán atender as propostas de uso da cor como nelas se indica.