Bo día,
Espero que sigades tod@s ben.
Déixovos aquí a tarefa desta semana. É un cuestionario en liña para repasar o Rexurdimento da Literatura Galega e as súas figuras máis importantes: Rosalía, Curros e Pondal. Para realizalo, déixovos tamén un arquivo cun resumo dos aspectos máis importantes desta etapa e destes poetas.
Prazo de entrega: Tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 15 de xuño para realizar o cuestionario.
Un saúdo e moito ánimo!
Carolina
Bo día,
Que tal vai? Espero que todo ben! Comeza xuño e vaise achegando o final de curso, así que mándovos moitos ánimos para a recta final :)
Como cada luns, déixovos aquí as actividades para estes días. Esta semana faremos un repaso do Rexurdimento e achegarémonos ao último poeta importante desta etapa que nos quedou por ver: Eduardo Pondal. Déixovos dous documentos: un PDF coas actividades e un Word que podedes copiar e editar coas vosas respostas. Tamén vos pego aquí o enlace a dous vídeos que necesitades para facer dous exercicios:
Prazo de entrega: Tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 8 de xuño para enviarme as tarefas ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com
Bo día,
Que tal vai? Espero que sigades todos/as ben.
Esta semana faremos un repaso da Historia da lingua e da literatura galegas, principalmente das etapas que fomos vendo ao longo do curso (Orixes da lingua, Idade Media, Séculos Escuros e Rexurdimento). Para isto, déixovos unha presentación cun resumo das principais características de cada etapa. Despois de ler a presentación, debedes realizar o cuestionario en liña:
Prazo de entrega: Tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 1 de xuño para realizar o cuestionario.
Solución das actividades anteriores:
Bo día,
Como cada luns, cólgovos as actividades desta semana: dúas lecturas con actividades relacionadas:
Prazo de entrega: Tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 25 de maio para enviarme as tarefas ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com
Solución das actividades anteriores:
Un saúdo e boa semana!
Carolina
Como sabedes, o vindeiro domingo, 17 de maio, é o Día das Letras Galegas. Por iso, as actividades desta semana están relacionadas con esta celebración e co autor homenaxeado neste ano 2020: Ricardo Carvalho Calero, unha das figuras máis relevantes da cultura galega do século XX.
Déixovos dous documentos: no PDF están as actividades; o Word é para que completedes coas vosas respostas (preferiblemente a ordenador ou, se non vos é posible, no caderno). Déixovos tamén o enlace ao vídeo necesario para realizar a actividade 4.
Prazo de entrega: Tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 18 de maio para enviarme as tarefas ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com
ACTIVIDADES VOLUNTARIAS
Propóñovos tamén dúas actividades voluntarias relacionadas coas Letras Galegas. Non é obrigatorio realizalas, pero facelas contará positivamente; podedes facer as dúas ou só unha (ou ningunha):
É unha especie de Escape-room sobre Carvalho Calero. Tedes que ir seguindo as pistas e descubrindo as claves para pasar as pantallas. Podedes facelo de forma individual ou en equipo (máximo cinco persoas). Para que volo conte tedes que anotar todas as claves no documento e enviarmas. Se o facedes en grupo, é suficiente con que o envíe un membro do equipo.
Trátase unha iniciativa do Equipo de Dinamización do instituto: escribir nunha máscara uns versos de Carvalho Calero. Para que volo conte, tedes que mandarme a min tamén a foto (ademais de ao correo que aparece no cartel: galegonorego@gmail.com)
SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES ANTERIORES:
Boas tardes, que tal vai todo? Espero que sigades ben!!
Déixovos aquí o traballo para esta semana e tamén os acordos que tomamos no Departamento de Lingua Galega e Literatura en relación a este atípico terceiro trimestre.
Un saúdo e que teñades unha boa semana!
Carolina
TRABALLO PARA ESTA SEMANA
Esta semana faremos un repaso dos signos de puntuación (os que nos quedaron a semana pasada) e da acentuación. Déixovos aquí o documento das actividades (en Word e PDF):
E aquí tedes un repaso dos signos de puntuación e da acentuación:
Prazo de entrega: Tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 11 de maio para enviarme as actividades ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com
ACORDOS TOMADOS POLO DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA
No seguinte enlace podedes acceder a un documento no que se recollen os principais acordos tomados polo Departamento de Lingua Galega en relación ao que nos queda de curso.
Resumo dos aspectos relacionados coa avaliación:
*Lémbrovos que para facer a media teño en conta a vosa nota sen redondear (por exemplo, se no boletín levastes un 6, pero tiñades un 5’7, a nota que terei en conta será o 5’7).
TRABALLO PARA ESTA SEMANA
Boas tardes,
Que tal estades? Espero que sigades todos/as ben! Déixovos o traballo de Lingua Galega para estes días. Esta semana faremos un repaso dos signos de puntuación. Son dous documentos: un PDF coa explicación e un Word editable coas actividades:
*Para os que facedes os exercicios no caderno e enviades foto, non é obrigatorio que copiedes todas as oracións; é suficiente con que copiedes a palabra de diante do signo de puntuación correspondente.
PRAZO DE ENTREGA: tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 4 de maio para enviarme as tarefas ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com
Ese mesmo día pola tarde subirei as solucións e o traballo da próxima semana.
SOLUCIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEMANAS ANTERIORES:
Cólgovos aquí as solucións das actividades das semanas anteriores:
Un saúdo e boa semana!
Carolina
TRABALLO PARA ESTA SEMANA
Bo día,
Que tal estades? Espero que ben! Cólgovos aquí o traballo de Lingua Galega para esta semana. Son unhas actividades de comprensión e expresión escrita sobre a figura do poeta Manuel Curros Enríquez, para ampliar o tema do Rexurdimento que vimos o trimestre pasado.
Nun documento están as actividades e o outro é para que completedes coas vosas respostas (preferiblemente a ordenador ou, se non vos é posible, no caderno). Colgo tamén aquí o enlace a dous vídeos que son necesarios para facer dúas das actividades:
Prazo para enviar estas actividades: Tedes ata ás 14:00 horas do próximo luns 27 de abril para enviarme as tarefas ao correo: carolinaprofedelingua@gmail.com
Ese mesmo día pola tarde subirei as solucións e o traballo da próxima semana.
FALTAS
Seguindo as últimas instrucións de Dirección, cada semana debemos poñer falta a quen non enviase o traballo desa semana. Entón, a partir da próxima semana, poñerei falta a quen non envíe ningunha das tarefas no prazo establecido.
Sempre procuro confirmarvos a todos/as que recibín correctamente o voso traballo; se vedes que, despois dun tempo prudencial, non vos escribo para confirmar o recibo, volvede enviarmo.
AVALIACIÓN
Seguimos aínda á espera de instrucións concretas da Consellería. Con todo, estas actividades que estades realizando van ser avaliadas e teranse en conta na nota final. Así pois, anímovos a que sigades esforzándovos así e enviando as vosas tarefas. A maioría estades facendo moi bos traballos!
Por outra parte, para os/as que tedes algunha avaliación suspensa, estas actividades servirán tamén para recuperar a parte da materia que tedes pendente. Noutras palabras, para aprobar as avaliacións suspensas, debedes ir realizando estas actividades, ademais dun boletín de actividades específicas que vos enviarei no seu debido momento.
Un saúdo, boa semana e moito ánimo!
Carolina
Bos días,
Que tal todo? Espero que, dentro do posible, pasásedes unhas boas vacacións e deséxovos un bo comezo do 3º Trimestre.
Cólgovos a continuación o traballo de Lingua para esta semana. É unha lectura dun relato cunhas cuestións de comprensión e expresión escrita, de ortografía e gramática. As actividades de ortografía e gramática son de repaso (os apuntamentos seguen colgados na web), pero se tedes calquera dúbida, escribídesme.
Igual que da outra vez, podedes facer as actividades en Word (ou Open Office) e despois enviarmas ao correo carolinaprofedelingua@gmail.com. Se vos é imposible facelas a ordenador, facédeas no caderno e enviade foto (que se vexa con claridade, por fa!). Facendo clic nos seguintes botóns accededes ao texto e ás actividades. O prazo para envialas é ata o próximo martes 21 de abril.
Por agora, aínda non se sabe como se vai desenvolver o terceiro trimestre: se imos avanzar materia, como vai ser a avaliación, se nos volveremos ver nas clases... Cando teñamos instrucións, escribireivos de novo para explicarvos estas cuestións.
Un saudiño e ánimos!
Carolina
P.D. Agradecería que as/os que leades isto, avisedes aos compañeiros e ás compañeiras que poidades, a ver se lle chega a todo o mundo.
Bos días,
Colgo aquí unha serie de avisos relativos ao traballo para esta semana, ás faltas e á avaliación do segundo trimestre. Se vos queda calquera dúbida, xa sabedes o meu correo: carolinaprofedelingua@gmail.com.
Agradeceríavos aos que leades isto que avisedes aos compañeiros e ás compañeiras que poidades.
Un saúdo e espero que esteades ben!
Carolina
Déixovos o traballo para esta semana. É unha lectura dun breve cómic («Love in the ESO») cunhas actividades. Podedes facer as actividades no Word e despois enviarmas ao correo carolinaprofedelingua@gmail.com. Facendo clic nos seguintes botóns accededes ao cómic e ás actividades. O prazo para envialas é ata o próximo martes 7 de abril.
Como imaxino que xa sabedes, temos que poñerlle falta aos alumnos e alumnas das que non tivemos ningunha noticia despois da suspensión das clases. O obxectivo desta medida é detectar os casos daquel alumnado ao que non lle chega a nosa información. A maioría de vós enviastes algún dos cuestionarios ou contactastes comigo a través do correo, pero aínda hai bastantes que non enviastes nada. Así pois, se alguén está ao tanto do traballo que hai que facer pero non enviou nada polo motivo que sexa, agradecería que me escribísedes para non poñervos a falta.
Seguindo os acordos tomados pola Consellería de Educación, ao longo desta semana debemos realizar a avaliación correspondente ao segundo trimestre, valorando o realizado ata o día no que se suspenderon as clases.
No caso da materia de Lingua galega, tiñamos feito o primeiro exame (35%), a proba de lectura (15%) e tamén teño notas do traballo diario de clase (15%). Quedáranos pendente de facer o segundo exame (35%). Así pois, a nota que poña será o resultado de ponderar o 65% das cualificacións que teño (primeiro exame, lectura e traballo de clase).
Son consciente de que se trata dunha medida discutible e de que quizais algún/ha de vós se sinta prexudicado/a con esta avaliación parcial. Por isto, gustaríame recalcar de que se trata dunha nota provisional e recordar que esta avaliación é meramente informativa, a decisiva será a final.
Boas!
Tal e como sinalei na entrada anterior, o traballo que vos deixei a semana pasada era para os 15 días que inicialmente ía durar o confinamento, co cal, esta semana non subirei nada novo; a idea é que vaiades rematando esas tarefas (os que non as acabastes xa).
Escribo tan só para aclarar algunhas dúbidas xerais:
- Os dous cuestionarios (Rexurdimento e Rosalía de Castro) son para facer en liña, ao rematar só tedes que darlle a enviar e a min xa me chega. É importante tamén que poñades o voso nome e apelidos (non un alias nin calquera outro chiste) para eu saber quen sodes e ter en conta que o fixestes. Os cuestionarios estarán abertos ata o próximo martes, despois deixarei de recibir respostas.
- Os exercicios dos pronomes recollereinos cando volvamos á clase. Non é obrigatorio que mos enviedes por correo electrónico.
Se tedes calquera dúbida, xa tedes o meu correo: carolinaprofedelingua@gmail.com
En vista de que o período de corentena se ampliou, para a semana subirei novas actividades (para que esteades atentos/as).
Un saúdo e moito ánimo!!!
Carolina
Traballo para 3º ESO A, B e C
Boas!
Déixovos aquí o traballo de Lingua galega para que vaiades realizando nestas semanas de confinamento na casa. En principio (se non se amplía o período de corentena e podemos volver á clase como está previsto) este será o traballo para todo este tempo, co cal, non vos agobiedes e ide facendo aos poucos.
O traballo está relacionado cos últimos temas que vimos e dos que nos avaliaremos no próximo exame (que marcaremos á volta):
- O PRONOME PERSOAL: colgueivos no apartado 8 do 2º Trimestre unha ficha con exercicios do pronome persoal coma os que fixemos na clase (formas do pronome, contraccións, colocación...). Debedes realizar a ficha completa, corrixirémola e recollereina cando volvamos ás clases. Non é necesario imprimila, podedes copiar as solucións nunha folla do caderno e listo (e non é necesario copiar os enunciados!).
- O REXURDIMENTO: ide mirando / estudando / repasando o tema do Rexurdimento. No apartado 6 do 2º Trimestre está colgada a presentación e os apuntamentos dese tema. Abaixo de todo púxenvos un cuestionario on-line sobre este tema que debedes realizar e enviar.
- ROSALÍA DE CASTRO: o tema de Rosalía de Castro quedounos a medias en case todos os grupos. No apartado 7 do 2º Trimestre está colgada a presentación e os apuntamentos dese tema. A partir da información que hai aí, debedes facer as actividades das páxinas 14 e 15 das fotocopias que empregamos na clase. Nalgúns grupos a maior parte dos poemas da páxina 14 xa estaban analizados, co cal só tedes que rematar. Finalmente, tamén na páxina web tedes un cuestionario on-line que creei sobre este tema, que debedes realizar e enviar.
RECAPITULANDO, as tarefas para estes días son:
Lembrádevos de darlle a enviar aos cuestionarios, para que poida ter en conta que os realizastes.
Se tedes calquera dúbida, estou á vosa disposición no correo electrónico: carolinaprofedelingua@gmail.com
Un saúdo e moito ánimo nestes días, espero que esteades todos/as ben e na casiña! :)
Bótasevos de menos,
Carolina