As palabras poden descompoñerse morfoloxicamente nos seguintes elementos:
a. Lexema ou raíz. É a parte que achega o significado léxico e a súa presenza é obrigatoria en todas as palabras. Ex. sol, pianos, pianista
b. Morfemas. Hainos de dous tipos: flexivos e derivativos:
* Hai un tipo especial de sufixos que son os diminutivos (indican menor tamaño) e aumentativos (indican maior tamaño). Ex. casiña, casona, rapaciño, rapazón
Segundo a súa morfoloxía, as palabras poden clasificarse nos seguintes tipos:
a. Palabras simples: formadas por un unico lexema. Poden conter tamén morfemas flexivos. Ex. sol, casa, gato, gata, gatos...
b. Palabras derivadas: formadas por un lexema e por morfemas derivativos (prefixos e sufixos). Tamén poden conter morfemas flexivos. Ex. peixeiro, peixaría, mortal, inmortal...
c. Palabras compostas: formadas por dous lexemas. Tamén poden conter morfemas flexivos. Ex. ollomol, parasol, lucecús, paraugas...
d. Palabras parasintéticas: formadas por dous lexemas e por morfemas derivativos. Tamén poden conter morfemas flexivos. Dito doutro xeito, unha palabra parasintética é a derivada dunha composta. Ex. paraugueiro (< paraugas < para + augas).