1. Regras xerais de acentuación
- Acentúanse cando rematan en...
- vogal: avó, café, xampú, iglú...
- -n: camión, irmán, patín...
- -s: campás, avós, bailaríns...
- Non se acentúan cando...
- Son monosílabas: ben, can, pan, si, ras...
- rematan nunha consoante diferente de -n ou -s: profesor, cantor, papel, animal, rapaz, David...
- rematan nun ditongo decrecente (que pode ir seguido de -s): amei, colleu, partiu, animais, papeis...
- Acentúanse cando rematan en...
- consonante distinta de -n ou -s: túnel, carácter, fácil, difícil, cráter, revólver...
- Non se acentúan cando rematan...
- nunha vogal: casa, caderno, rapaza, señora...
- nas consoantes -s ou -n: lapis, atlas, virus, dolmen, cantan, beben...
Acentúanse SEMPRE: semáforo, lámpada, África, América, esdrúxula, árbore, estático, sílaba, ámote...
O hiato é o encontro de dúas vogais en sílabas distintas.
* As vogais poden ser → abertas: a, e, o / pechadas: i, u
1. Nos hiatos formados por
- vogal aberta (a, e, o) + vogal pechada tónica (i, u)
- vogal pechada tónica (i, u) + vogal aberta (a, e, o)
acentuamos a vogal pechada tónica. Ex. saír, baúl, alegría, rúa...
2. Nos hiatos formados por vogal pechada (i, u) + vogal pechada tónica (í, ú) acentuamos a segunda vogal. Ex. posuír, viúva...
- Cando vai seguido dunha consoante (branco, bloque, abdome...)
- Nas palabras cos prefixos bi- / bis- (bisexual, bisavó...), bio- (bioloxía, biodegradable...), biblio (biblioteca, bibliografía...), sub- (subdelegada, subterráneo...)
- Nas palabras cos sufixos -ble e -bilidade (amable, amabilidade)
- Nos verbos rematados en -bir (escribir, recibir...) Excepto: vir, vivir e servir.
- Nas terminacións do Copretérito de Indicativo dos verbos da 1ª Conxugación (cantaba, bailabas...)
- Nos verbos beber, caber, deber, haber e saber.
- Nas palabras abelá, automóbil, baleiro, beira, bolboteta, marabilla, móbil, nobelo, polbo, rebentar, trobar, trobador, Xabier...
- Despois de b, d e n (en interior de palabra) (obvio, advertir, inverno...)
- En toda a conxugación dos verbos ir, ter, servir, ver, vivir e vir. Ex. vou, tivese, servía, vira, viviría, viñese...
- Nas palabras co prefixo vice- : vicedirectora, vicepresidenta...
- Nas palabras co sufixo -voro: carnívoro, insectívoro...
- Nos verbos rematados en -servar e -versar: conservar, conversar...
- Nos adxectivos rematados en -ave (suave, grave), -avo/-a (bravo, escandinava), -eve (leve, breve), ‑evo/‑a (lonxeva), -ivo/-a (abusivo, aditivo, activa, adoptiva).
- Nas palabras: avó, avoa, avogado, chuvasco, covarde, escarvar, escaravello, esvelto, garavanzo, gravar, gravata, pavillón, trevo, varanda, varrer, vasoira, vermello, verza, verniz, voda, voitre, vulto, xavelina...
- En todas as formas de verbos como haber, habitar, habituar, herdar, homenaxear, honrar, hospedar e humillar: hai, habitaba, herdou, honrade... e os seus derivados: deshabitar, deshonrar...
- Nas palabras que comezan polos prefixos gregos: hexa- (‘seis’), hepta- (‘sete’), hendeca- (‘once’), hect- ou hecta- (‘cen’), helio- (‘sol’), hemi- (‘metade’), hemo- ou hema- (‘sangue’), hetero- (‘diferente’), homo- (‘igual’), hipo- (‘baixo’), hiper- (‘superior ou moito’), hidro- (‘auga’): hexágono, heptasílao, hendecasílabo, hectárea, heliocentrismo, hemiciclo, hematoloxía, heterosexual, homosexual, hipotermia, hipermercado, hidromasaxe...
- Nas palabras que comezan por hum-: húmido, humilde, humano... Excepción: úmero.
- Nas palabras que comezan por horr- ou por hosp-: horrible, hospital, hóspede...
- Na palabra alcohol (aínda que tamén se admite alcol) e nos seus derivados: alcohólico, alcoholemia...
- En moitas interxeccións: ah, bah, boh, eh, ho, hurra, oh, ouh... Excepción: ai, ola, ei.
- Por criterios etimolóxicos, en palabras como: harén, harmonía, harpía, hasta (pau, corno), hedra, Helena, hélice, helmo, Henrique, herba, hindú, hirto, histeria, home, hora, horta, hoxe e os seus derivados.
- Por criterios etimolóxicos, en achar, aí, ata ou até, baía, encher, ermida, ermo, inflar, inchar, irmán, impo, ombro, oco, orfo, óso, ovo, truán, velaí e os seus derivados.