As linguas do Estado español

Presentación:

3 A diversidade lingüística no Estado español.pdf

Mapa: Linguas do Estado español

Vídeos:

A DIVERSIDADE LINGüÍSTICA NO estADO ESPAÑOL


1. Introdución

Ao igual que a maior parte dos países do mundo, España é un estado plurilingüe, no que se falan sete linguas: galego, catalán, vasco, asturiano, aragonés, aranés e castelán. Este plurilingüismo conta con recoñecemento oficial, tal e como se recolle na Constitución española:

Art. 3: O castelán é a lingua española oficial do estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala. As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordó cos seus Estatutos.

Con todo, as diferentes linguas teñen un tratamento desigual na lexislación. Tal e como veremos, hai algunhas que gozan de recoñecemento oficial (coma o catalán) e outras que non se recoñecen como cooficiais (coma o asturiano).

2. O catalán

O catalán fálase e é oficial en Cataluña, nas Illas Baleares, na Comunidade Valenciana (onde é denominado valenciano). Tamén se fala, aínda que non é oficial, no leste de Aragón (na chamada Franja del Ponent), pero neste territorio non é oficial. Fóra do Estado español, o catalán tamén se fala e é oficial na cidade sarda de Alguer e en Andorra (de feito, é o único idioma oficial de Andorra). Finalmente, fálase tamén, aínda que non é oficial no sur de Francia (na zona do Rosellón francés).

3. O vasco

Dentro de España, o vasco ou éuscaro fálase e é oficial no País Vasco e nunha parte de Navarra. Tamén se fala no sur de Francia, no País Vasco francés, mais nesta zona non goza de oficialidade.

4. O aranés

O aranés é unha variante do occitano. Fálase no Val de Arán, unha comarca dos Pirineos, situada no noroeste da provincia catalá de Lleida. No Val de Arán son cooficiais tres linguas: o castelán, o catalán e o aranés.

5. O aragonés

O aragonés fálase no norte da provincia de Huesca (Aragón), mais non está recoñecido como lingua oficial. É a lingua de España cunha situación máis fráxil, con maior perigo de desaparecer.

6. O asturiano ou leonés

O asturiano ou leonés fálase en Asturias (onde tamén se denomina bable) e no oeste de León e Zamora. En ningún destes territorios é oficial, aínda que nos seus Estatutos dise que esta lingua deberá ser protexida. Fóra do Estado español, fálase tamén en Miranda do Douro (Portugal), onde se denomina mirandés e onde é si está recoñecido como lingua oficial.

7. O galego

O galego fálase e é oficial en Galicia. Tamén se fala, aínda que non é oficial, no occidente de Asturias, León e Zamora (na zona de fronteira con Galicia) e en Cáceres, en tres lugares da comarca do Val do Ellas.