A noticia é o xénero xornalístico máis importante. Nunha noticia cóntase un acontecemento de actualidade, que se supón interesante para o público xeral.
Nos xornais as noticias aparecen ordenadas en diferentes seccións nas que se tratan temas determinados: Internacional, Nacional, Local, Economía, Deportes, Cultura…
A noticia debe reunir as seguintes características:
a. O TITULAR: o titular é un enunciado breve que encabeza a noticia e que presenta a información básica.
En ocasións, o titular pode ir acompañado dun antetítulo ou dun subtítulo que completan o seu titular e van nun corpo de letra máis pequeno.
Os titulares cumpren dúas funcións:
Os titulares das noticias poden ser de dous tipos:
b. A ENTRADA: a entrada é un resumo da noticia onde se recolle o esencial do acontecemento, para que quen a lea coñeza o máis importante.
Ás veces pode aparecer destacada cun estilo ou tamaño de letra distinto (xeralmente en cursiva).
Se non aparece destacada, é no primeiro parágrafo onde se recolle o esencial da información facendo que o lector se "enganche" para seguir lendo o resto.
c. O CORPO: No corpo da noticia desenvólvese con detalle o contido da noticia. Nárranse os feitos acontecidos de xeito pormenorizado. Na noticia, os datos ordénanse de maior a menor importancia, é dicir, a información máis relevante aparece ao comezo e a información secundaria, despois.
d. OUTROS ELEMENTOS: Ademais dos titulares, a entrada e o corpo, é habitual que as noticias presenten outros elementos: nome do/a redactor/a, foto e pé de foto, gráficas, hipervínculos, vídeos (nos xornais dixitais)...
A redacción da noticia debe facerse sempre comezando pola información máis relevante e logo concretando os detalles. Para iso hai que redactar de maneira que se vaian contestando seis preguntas (coñecidas como “os seis w”):
Por suposto, as respostas non teñen que ser telegráficas senón que se deben desenvolver debidamente, ofrecendo o maior número de datos posibles. Tamén pode ocorrer que non haxa resposta para todas as preguntas, ou incluso que dúas informacións se superpoñan, haberá que adaptarse en cada caso á información da que se dispoña.
A lingua empregada na redacción da noticia debe ser de fácil comprensión, pois os/as lectores/as son un colectivo amplo formado por persoas de distinto nivel cultural. Para conseguilo terase en conta o seguinte: