A lusofonía [Pendente do 1º Trimestre]
1. Etapas da lingua e da literatura galega. Panorámica xeral
2. A lingua e a literatura galegas nos Séculos Escuros
3. O substantivo e o adxectivo
4. Textos dos medios de comunicación (I): a noticia
5. Linguas en contacto (I): diglosia e prexuízos lingüísticos
6. O Rexurdimento
7. Rosalía de Castro
8. O pronome persoal
9. Textos dos medios de comunicación (II): a reportaxe
10. Linguas en contacto (II): interferencias lingüísticas
1. O traballo diario - 15%
No traballo diario valorarase a actitude na aula, a atención e participación positiva e a realización de exercicios e traballos (orais e escritos) así como a súa entrega nos prazos acordados; se algún destes exercicios e traballos se realiza en grupo, valorarase o sentido de traballo en equipo, a planificación, o respecto polos/as compañeiros/as e as iniciativas propias. O alumnado deberá manter un caderno adicado ao seguimento da materia, tanto dos apuntamentos recibidos na clase como dos traballos propostos. No mesmo é fundamental a limpeza, a orde, a corrección, a cantidade de material recompilado, a expresión, a ortografía…O ensino-aprendizaxe do galego, non pode limitarse á súa dimensión escrita, por iso terase en conta, tamén, o emprego e a corrección do galego falado na aula polos alumnos.
Aquí podes descargar o caderno de actividades que realizaremos na clase no 2º trimestre:
2. Libro de lectura - 15%
En cada trimestre, o alumnado deberá ler unha das obras propostas polas profesoras e demostrar a súa lectura e comprensión a través dunha proba. Neste 1º trimestre, os libros propostos son os seguintes:
O que sei do silencio
Andrea Maceiras
Erros e tánatos
Gonzalo Navaza
3. Exames e outras probas de avaliación - 70%
A media dos resultados dos exames e outras probas de avaliación sobre as diferentes unidades do currículo suporán o 70% da nota da avaliación.
Nestes exames e probas (ao igual ca na proba de lectura), espérase que o alumnado responda dun modo razoado, conciso, claro e correcto ás cuestións que se lle formulen, tendo en conta que non só se valorarán os contidos senón tamén o xeito de expresalos, a presentación, a corrección ortográfica... Con respecto a este último aspecto, cómpre sinalar que as incorreccións (ortográficas, gramaticais...) descontarán (ata un máximo de 2 puntos), 0.1 ou 0.2, dependendo da súa gravidade.
Se o alumno copiase nalgunha das probas obxecto de avaliación, obtería un 0 na devandita proba.
Carolina Pérez Capelo
carolinaprofedelingua@gmail.com