Xuntanza sobre a conveniencia ou non dos libros de texto

Fecha de publicación: Apr 21, 2015 4:30:40 PM

Tal e como acordamos na asemblea anterior, convocamos unha reunión para todas as persoas interesadas en debatir sobre as necesidades e conveniencias, ou non, do uso dos libros de texto.

Cremos que os pais, como parte importante do sistema educativo, debemos debatir, e influír, sobre temas tan esenciais coma este.

A reunión é aberta a quen queira participar. O MARTES 28 ABRIL ÁS 19.30 h, na aula onde se celebran as asembleas

Adxuntamos este enlace que apareceu recentemente nun xornal galego como material de axuda para esta xuntanza:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/04/19/barcelona-laboratorio-educativo-trabajar-proyectos/0003_201504G19P2991.htm