06/10/2010 Reunión da Xunta Directiva

Fecha de publicación: Oct 07, 2010 8:49:32 AM

No día de onte reuníuse a Xunta Directiva á que asistiron por primeira vez os voluntarios para axudar no desempeño das actividades e funcións da Asociación. Damoslle a Benvida e desexámoslle, sorte e acerto.

Nesta reunión elexiuse a nova Directiva que actuará de xeito provisional ata a sua ratificación polos socios. O primer acordo que adoptan é mudar o día de reunión dos martes ó primeiro xoves lectivo de cada mes as 19:30 horas por ter un maior consenso de compatibilidade horaria.

Plantexaron estudar un novo itenerario para o autobus escolar que xestiona a ANPA tendo en conta as aportacións de Angelines Cruz que fixo a ruta para estudar o tráfico e o tempo necesario. Elaborarase unha nova proposta para o seu estudo pola Directica, e de acadarse un consenso, farase chegar os pais ou se convocará unha reunión extraordinaria e urxente para o transporte.

Outro problema é o control dos usuarios do transporte na que se vai adoptar algun tipo de medida conducente a que os non inscritos teñan a oportunidade de refgularizar a sua situación.

No tocante ás actividades desestimouse anha proposta individual de actividad de Baile flamenco polo excesivo coste da mesma 24€/mes, e anunciase que non apareceron interesados na activdade de fubito polo que de seguir nesta situación, darase por cancelada.