COMEZO DE CURSO 2020-21

Fecha de publicación: Sep 20, 2020 7:44:31 PM

INFORMACIÓN PROVISIONAL

Pendentes da comunicación por parte das autoridades educativas da autorización do desdobramento de grupos solicitado, así como do número de profesores e profesoras con que imos contar para o presente curso 2020-2021, a Dirección do IES Arcebispo Xelmírez I informa que é a nosa intención comezar o curso segundo o calendario previsto pola Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, e co seguinte horario de presentacións:

Día 23, mércores:

9.00 h.: 1º de ESO.

10.30 h.: 2º de ESO.

12.00 h.: 1º de Bacharelato

13.30 h.: 1º de ciclo medio.

Día 24, Xoves:

9.00 h.: 3º de ESO.

10.30 h.: 2º de Bacharelato

12.00 h.: 2º de ciclo medio.

Día 25, Venres:

9.00 h.: 4º de ESO.

17.00 h.: FP Básica.

Unha vez acompañado o alumnado co seu titor ou titora á aula de referencia, comezarán as clases segundo o horario correspondente.

No caso de se produciren retrasos na autorización dos desdobramentos de grupos ou na comunicación do número do profesorado, estas datas sufrirían cambios, polo que solicitamos á comunidade escolar que estea pendente da información actualizada que se publique nesta páxina web.

ENSINANZAS DE ADULTOS

Pendentes da comunicación por parte das autoridades educativas do número de profesores e profesoras con que imos contar para o presente curso 2020-2021, a Dirección do IES Arcebispo Xelmírez I informa que é a nosa intención comezar o curso segundo o calendario previsto pola Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, e co seguinte horario de presentacións:

Día 23, mércores:

18.00 h.: ESA I e III. EBIs.

20.00 h.: 1º E 2º de Bacharelato

Día 24, Xoves:

18.00 h.: CICLO MEDIO (MODULAR)

Unha vez acompañado o alumnado co seu titor ou titora á aula de referencia, comezarán as clases segundo o horario correspondente.

No caso de se produciren retrasos na comunicación do número do profesorado, estas datas sufrirían cambios, polo que solicitamos á comunidade escolar que estea pendente da información actualizada que se publique nesta páxina web.

A DIRECCIÓN