Formulario para o intercambio de libros de texto

Fecha de publicación: May 05, 2015 3:49:30 PM

Como en anterioes anos, iniciamos o intercambio de libros de texto para o curso 2015-2016.

Para elo haberá que cubrir o formulario que tedes na web da Anpa, ou premendo aquí.

Este é un formulario que poden cubrir os pais/nais interesados en contactar con outros que

lles poidan pasar libros de texto do curso anterior, e que tamén queiran ceder os libros dos seus fillos para outros nenos.

Para iso só hai que cubrir os datos do email (a única forma de contacto cos que se inscriban), de que curso son os libros

que se ceden, e para que curso se solicitan.

A base de datos estará aberta ata o dia 30 de xuño.

Se se queren solicitar libros para varios fillos débese cubrir un formulario para cada un deles.

Participar neste intercambio implica aceptar que o email de contacto que se facilite será incorporado a unha base de datos que se distribuirá,

ao rematar o prazo de inscripción (a partir do 1 de xullo), entre todos os inscritos.

Despois serán os propios interesados os que contacten entre si para facer os posibles cambios/cesións.

A ANPA non se fai responsable de realizar ditos intercambios nin dos problemas que poidan xurdir.