Transporte 1/10/2010

Fecha de publicación: Oct 01, 2010 7:41:38 AM

Como xa sabedes está sendo un verdadeiro rompecabezas satisfacer a todo mundo có servicio de transporte. O problema comenza cando o Concello interrupe a circulación polas calles Salvadas-Galeras, no sentido de entrada, o que impide que a línea de autobus que vimos organizando poida finalizar como se viña facendo dendo a sua posta en marcha. As alternativas son dificiles polas dimensións das calles e o tamaño do autobus (55 plazas, 13 m de longo).

Antes do inicio do curso, preguntámoslle ó transportista si pensara algunha alternativa a ruta habitual, e comentounos que o máis doado seria invertir a ruta provisionalmente dado que Galeras e Salvadas son de saída. Con elo os rapaces de Avío e Económicas son os primeiros en recoller namentras que os de Fontiñas serían os últimos, o qe obriga a modificar o horario destes puntos. Para chegar ó instituto desde ese lugar propon duas alternativas: Accesos da Autopista, ou Periferico.

Na Asamblea Xeral de Socios do 28/09/2010, propúxose e someteuse a consideración un novo itinerario cós seguintes cambios:

1.- A primeira parte da ruta sería identica á dos cursos anteriores, empezando na Cruz Vermella de Fontiñas.

2.- A segunda parte experimente un forte cambio xa que o autobus baixaría dende San Caetano pola Avda Castelao para acceder a Avío e despois remata recollendo os de Economicas e a Estila. Desplazaríase por Virxen da Cerca e a Praza de Galicia para ir hacia o Instituto.

3.- Con este cambio vese suprimida a parada da Pastoriza e os rapaces deste punto deberían desplazarse ata a Avda de Castelao ou a Farmacia da Estila como puntos mais cercanos.

A proposta non tuvo unha aceptación claramente decidida, sin embargo estivemos organizando un posible horario co transportista durante o mercoles-29 para ver de poñela en marcha o luns-4. A proposta de ruta e horario someteuse a consideración dos membros da Xunta Directiva, e a Vocal Sagrario transmitiunes o malestar que se comenzou a crear nos usuarios da Pastoriza pola supresión da parada, que afenta a un total duns 8 ou 9 rapaces, ademáis de que os martes ó mediodia o tempo para a comida reduciase ate menos de 30 minutos algunhas paradas.

Por tal motivo imos a reconsiderar a proporta de ruta, valorala sin presas, facendo unhas estimacions reais do tempo e do estado do trafico no centro da cidade na franxa horaria de 8 a 9 da maña. Por todo elo, a ruta provisional sigue sendo a que se ven desenvolvendo ata que se madure ésta e se solventen os inconvites que nos fostes transmitindo.