Resumo do concello escolar do 27 de xaneiro de 2016

Fecha de publicación: Jan 29, 2016 10:6:21 AM

- As contas e a previsión de orzamento, que xa foran revisadas na comisión económica do Consello (da que forma parte o representante da Anpa no consello), aprobáronse sen problemas.

- Prevíase presentar o estudo das ofertas para o cambio no servizo de reprografía do instituto, pero quedou adiado o tema por cuestións xurídicas.

- O vicediretor informou das saídas que se teñen previsto facer no que queda de curso:

-- Viaxe a Berlín orgaizada polo departamento de alemán do 1/7 marzo

-- Excursión de 4ºESO a Praga do 23/27 abril. Este ano o centro retomou a organización da viaxe, e os alumnos escolleron o destino. Van maís de 50 rapaces.

-- Dúas saídas ao Courel, unha en 1ºESO do 24/25 maio organizada dentro do Proxecto Terra e outra polo departamento de ciencias.

-- A viaxe prevista de alumnos de 1ºbacharelato a Eslovenia finalmente queda anulada por falta de interesados na viaxe.

- Propúxose facer para o inicio do vindeiro curso (fins de setembro ou principio de outubro) unha viaxe a Londres para o alumnado de 2º bacharelato.

- Tamén se falou da proposta que se tiña feito da eliminar o horario de tarde. Houbo votacións en moitos cursos e maioritariamente o alumnado votou claramente en contra. O xefe de estudos vai reunir @s delegad@s para tratar de novo o tema, e de haber un rexeitamento por parte dos alumnos, a proposta cae xa definitivamente sen necesidade de consultar ao resto da comunidade educativa.

- O vindeiro curso (de non haber novidades) entra en vigor a LOMCE para 4ºESO e 2BAC, co cal teñen que comezar a preparar eses cursos.

- A proposta da ANPA tratáronse os temas das faltas e o tema d@s profesor@s que dan materia nova cando a maioría d@s alumn@s están de excursión oficial do centro. No primeiro tema segue habendo descontrol. Desta volta, por exemplo, no caso de alumn@s en viaxe oficial do centro. Houbo profesor@s que puxeron algunha falta. A resposta do instituto: "máis vale poñer faltas de máis que de menos". Cando non as poñen tamén poñen disculpas, polo que seguiremos insitindo. Canto ao segundo tema o director expuso que a materia volverase a explicar para o resto do alumnado.