Nota da Dirección do IES Xelmirez sobre o Vado

Fecha de publicación: Mar 26, 2015 11:51:19 AM

A dirección do instituto mándanos esta información sobre o vado que foi concedido polo concello ás horas de entrada e saída do alumnado.

"NOTA INFORMATIVA

VADO PARA A ENTRADA E SAÍDA DO INSTITUTO

Foi solicitado polo noso Centro, e concedido por parte do Concello de Santiago, un VADO temporal de 8:30 a 9:30 (hora de entrada) e de 13:30 a 14:30 (hora de saída), dende o Instituto ata o Sanatorio da Esperanza, para que os pais/nais que traian ós seus fillos e fillas a clase teñan onde parar (máx. 10 minutos) e NON PAREN NO MEDIO DA CALZADA, interrompendo o tráfico.

Xa que logo, solicitamos facer uso dese espazo reservado, colaborando dese xeito a un tráfico máis fluído nesta entrada da cidade.

A DIRECCIÓN DO IES XELMIREZ I"