23/05/2011, Taquillas

Fecha de publicación: May 23, 2011 3:52:7 PM

Estando próximo o remate do curso para os alumnos de 2º de Bacharelato, dende a Xunta Directiva agradécese que nos devolvan as chaves das taquillas que xa non van necesitar no próximo curso. Para elo é suficiente con que lle adxunten unha etiqueta ou nun sobre na que recolla o nº de taquilla e a persoa que a usaba e nola deixen no buzón da anpa.

Aproveitamos a oportunidade para felicitar a todos os que superaron o curso e desexámoslles moita sorte na nova etapa que empezan.