Resumo do consello escolar do 27 de xaneiro de 2015

Fecha de publicación: Jan 28, 2015 12:50:17 PM

- Aprobáronse as contas do instituto do pasado curso. Xa tiñan sido aprobadas pola comisión económica, onte era só validar esas contas.

- Informou o director do Instituto da visita do alcalde ao centro e das demandas que lle fixeron (colaboración nas Xornadas Calviño de filosofía, arranxos que dependen do concello, demanda dun vado diante do instituto para aparcar na hora de deixar/recoller alumnado, limpeza do “xardín a monte” que hai na porta do instituto para ser utilizado como parte da horta do centro, apoio na demanda do ciclo de imaxe….)

- Información de “actos” que se levaron a cabo no instituto estes días: Charla para bacharelato de ex-parlamentarios, conmemoración do 50 aniversario da liberación de Auschwitz “, saída ao teatro...

- Información de que a Xunta concedeu o programa de apoio PROA, agora están traballando para implantalo

- Información sobre a “Lei de Convivencia” aprobada pola Xunta e a necesidade de revisar a normativa interna do centro. Neste senso, o profesor encargado da aula de convivencia informou que este curso,e polo de agora, hai un enorme descenso do número de alumnos derivados á aula e tamén un descenso de conflitos e expedientes abertos.