24/01/2011 Asemblea Xeral de Socios

Fecha de publicación: Jan 24, 2011 5:8:21 PM

O vindeiro xoves, 3 de febreiro, ás 19:15h, en primeira convocatoria, e ás 19:30h, en segunda, na biblioteca do Centro, terá lugar a ASEMBLEA ORDINARIA DE SOCIOS, coa seguinte orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.

2.- Presentación e ratificación da nova Xunta Directiva.

3.- Informes de actividades e xestións realizadas

4.- Proposta de cambio no procedemento de comunicación cos socios (convocatoria de asembleas, elaboración de actas).

5.- Rogos e preguntas

Sen máis, e á espera de velo/a na asemblea, reciba un saúdo moi cordial.

En Santiago de Compostela, a 25 de xaneiro do 2011.

Asdo.: A Xunta Directiva

En documento adxunto facilítase a correspondente circular para esta convocatoria.