Resumo do Consello escolar do 18 de marzo de 2015

Fecha de publicación: Mar 19, 2015 11:26:11 AM

- Aprobouse o orzamento do ano 2015

- Emitiuse un informe favorable sobre a dirección do centro .Hai eleccións á dirección e, aínda que agora é cáseque un tema administrativo que depende só da Consellería, o consello escolar ten que emitir un informe sobre os candidatos. Neste caso a actual dirección preséntase de novo e presentou un informe sobre o grao de cumplimento das propostas que a levaron a ser elixida fai 4 anos e as propostas cara o vindeiro mandato. O informe foi totalmente positivo por parte dos escasos asistentes ao Consello.

- Aprobouse a “excursión didáctica” de 4º ESO. Aínda que vai ser difícil que se leve a cabo xa que non hai profesorado disposto a viaxar con eles.

- Aprobouse o calendario de avaliacións definitivas do instituto (que esperemos suban á WEB do centro)

- O director informou da reserva dun vado para aparcar á hora de entrada-saída do instituto e non provocar atascos. Parece que vai haber axentes de tráfico ao principio controlando.