Traballo 3º e 4ºESO
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
No segundo trimestre, desde as titorías de 3º e 4º da ESO, puxemos en marcha unha actividade titulada "Cancións sexistas á vista".
O obxectivo principal foi visibilizar a desigualdade existente na sociedade por motivos de xénero, empregando un recurso moi presente na vida do alumnado: a música actual.
A actividade partiu dunha análise crítica das letras de cancións populares que, de maneira máis ou menos explícita, reproducen estereotipos sexistas, normalizan relacións de poder desiguais ou mesmo representan situacións de violencia de xénero. Esta reflexión permitiunos abrir espazos de diálogo na aula sobre temas tan necesarios como a representación da muller nos medios, o amor romántico tóxico ou a sexualización constante do corpo feminino.
Desenvolver o pensamento crítico fronte ás mensaxes presentes nos produtos culturais que consumimos.
Identificar e cuestionar situacións de desigualdade de xénero.
Promover valores de respecto, igualdade e convivencia.
Fomentar a expresión creativa como ferramenta de transformación social.
Nome do/a autor/a
Título da canción
Fragmento da letra escollida
Breve reflexión sobre o contido
Como peche da actividade, cada grupo creou unha contracanción ou pequena performance para reconstruír as letras desde unha mirada crítica e igualitaria. Estas creacións foron presentadas na aula, convertendo o espazo educativo nun lugar de expresión, conciencia e cambio.
Con esta e as demáis propostas buscamos facer do noso centro un lugar máis xusto, respectuoso e comprometido coa igualdade. Porque educar é tamén axudar a mirar o mundo con outros ollos.