Charlas
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
No marco do compromiso do IES EBA coa educación emocional e as relacións saudables, a Fundación AMIGÓ impartiu dúas sesións dun obradoiro para o alumnado de 4º ESO baixo o título “Regularte en Parella”.
Estas sesións tiveron como obxectivo fomentar o desenvolvemento de habilidades para regular as emocións nas relacións de parella, promovendo comunicación respectuosa, empatía e a resolución pacífica de conflitos.
Grazas a iniciativas como esta, seguimos avanzando na formación integral do noso alumnado, para construír vínculos sanos e fortalecer a súa saúde emocional.