Desde titoría, todo o alumnado da ESO realizou unha actividade centrada na loita contra a publicidade sexista, unha ferramenta poderosa para cuestionar estereotipos e fomentar o respecto e a equidade entre persoas.
A actividade comezou cunha sesión dirixida polo profesorado, na que se mostraron exemplos reais de anuncios publicitarios con contido sexista, tanto antigos coma actuais. Analizáronse as mensaxes que transmitían, os roles de xénero que reforzaban e o impacto que poden ter na sociedade, especialmente na visión que temos de nós mesmos e dos demais.
Despois, cada grupo tivo que poñer en marcha a súa creatividade: o reto era crear slogans en contra da publicidade sexista, frases curtas e impactantes que denuncien a discriminación e promovan unha visión máis igualitaria e respectuosa. Os lemas resultantes amosan unha gran conciencia social e sentido crítico por parte do alumnado.