Traballo 1º e 2ºESO
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
Durante o segundo trimestre e co gallo do Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de Marzo, en todas as titorías de 1º e 2º da ESO, leváronse a cabo diferentes actividades para fomentar a igualdade efectiva entre homes e mulleres.
Obxectivo principal: Fomentar a igualdade e a corresponsabilidade no ámbito familiar.
Desenvolvemento:
Reflexión inicial: Que se entende por traballo?
Visibilización: Dar valor ao traballo doméstico non remunerado, tradicionalmente invisibilizado.
Cálculo de tempo: Estimación das horas que traballa unha “ama de casa” ao día/semana.
Valor económico: Cálculo aproximado do salario que correspondería por ese traballo.
Outros aspectos tratados:
Coidados dos fillos/as e das persoas maiores.
O aforro que supón para o Estado este traballo non remunerado.
Sacrificios laborais das mulleres que asumen estas tarefas.
Produto final:
Debate na aula sobre as conclusións extraídas, promovendo a reflexión crítica e a empatía.
Obxectivo principal: Detectar e previr a violencia de xénero entre o alumnado.
Desenvolvemento:
Realización dunha enquisa anónima para coñecer percepcións, crenzas e experiencias vinculadas á violencia de xénero.
Análise e reflexión dos resultados cos grupos aula.
Produto final:
Debate en grupo sobre os resultados da enquisa.
Creación de slogans ilustrados en grupos de 4 alumnos/as, como forma de expresión creativa e de concienciación da necesidade dunha igualdade real entre homes e mulleres.