Durante o mes de maio, na BiblioEBA celebramos o Mes do Libro cunha programación especial centrada en diferentes temas e non podían faltar a diversidade, a inclusión e o respecto á pluralidade de identidades e vivencias.
O 17 de maio conmemoramos o Día das Letras Diversas e quixemos poñer o foco en historias que visibilizan realidades distintas e enriquecedoras. Para iso, realizamos unha selección de obras que xa forman parte do catálogo da nosa biblioteca e que animamos a ler a toda a comunidade educativa:
Bloom: unha historia de afectos, crecemento e identidade.
La chica del mar: novela gráfica sobre o amor adolescente e o descubrimento persoal.
Mejor diversos. Crecer en un mundo plural: unha guía necesaria para entender e celebrar a diversidade.
El arte de ser normal: unha historia valente sobre identidade de xénero e aceptación.
Género Queer: unha memoria íntima e ilustrada que explora o non binarismo e a expresión de xénero.
Non estamos quebrades: voces que amosan a forza e dignidade de persoas con diversidade funcional.
Estas lecturas forman parte da nosa aposta por unha biblioteca viva, aberta e plural, que visibilice diferentes perspectivas e fomente o pensamento crítico e o respecto mutuo.
Preme no pé da imaxe para acceder a esta información no Instagram da @biblioEBA.