Traballo CUCI 1ºBach
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
O alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato, no marco dos contidos sobre sexualidade da materia, participou activamente na creación dunha serie de podcasts destinados a promover o respecto e o apoio ao colectivo LGTBIQ+. Estes contidos foron ideados, gravados e editados polo propio alumnado, e están xa dispoñibles para toda a comunidade educativa.
Este proxecto enmárcase nas accións de impulso á igualdade e á inclusión educativa, co obxectivo fundamental de previr a discriminación por razón de orientación sexual ou identidade de xénero.
Cultura e diversidade
Mitos do colectivo LGTBIQ+
Orgullo polo mundo
Orgullosamente famosos
Relixión católica e colectivo LGTBIQ+
Sal do armario con Orgullo
Ademais, o profesorado tamén participou activamente neste proxecto gravando un podcast propio no que se reflexiona sobre o Uso da linguaxe inclusiva e o pronome neutro, como ferramenta de visibilización e respecto á diversidade.
🎧 Convidámoste a escoitar todos os episodios aquí, pinchando en calquera destas fotos.