8M
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, traballamos nas tutorías de todos os niveis da ESO os Estereotipos das mulleres na publicidade.
Tras unha presentación na que se explicou ao alumnado as diferentes formas nas que a imaxe da muller é empregada na publicidade —moi a miúdo de xeito estereotipado e desigual—, o alumnado realizou en parellas a súa propia contrapublicidade. Esta dinámica permitiulles identificar, cuestionar e reverter esas mensaxes, poñendo en valor unha publicidade máis respectuosa, diversa e libre de prexuízos.
Esta actividade forma parte do compromiso do centro por educar nunha perspectiva de xénero que fomente o pensamento crítico, a igualdade e o respecto.