Ciclo de mulleres
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
Este curso 24-25 levamos a cabo o III Ciclo de mulleres no IES Eduardo Blanco Amor. O Ciclo consiste nunha serie de coloquios que se celebran na Biblioeba coa participación do alumnado 1º, 2º e 3º de ESO e 1º Bacharelato (non puido asistir 4ºESO por incompatibilidade con outras actividades complementarias), que tiveron a oportunidade de coñecer a historia de distintas mulleres que desempeñan o seu traballo nun ámbito maioritariamente masculino.
O alumnado de 3º ESO inaugura o III Ciclo de mulleres coa arquitecta técnica Rebeca Miguel Pernas.
O alumnado de 2º ESO asiste ao III Ciclo de mulleres coa varredora Lorena Gestal Ferreiro.
O alumnado de 1º ESO asiste ao III Ciclo de mulleres coa científica Neus Marí Mena.
O alumnado de 1ºBacharelato pecha o III Ciclo de mulleres co coloquio con dúas gardas civís.