No marco do Proxecto de Inclusión Educativa para Impulsar a Igualdade, o IESEBA reforzamos o noso compromiso cunha educación máis xusta, inclusiva e consciente, incorporando á biblioteca unha selección de libros centrados na igualdade de xénero e no pensamento feminista.
Entre as novidades destacan títulos que abordan dende biografías inspiradoras ata temas actuais relacionados coa saúde, a sexualidade e o empoderamento das mulleres:
Rosa Parks, Emmeline Pankhurst, Virginia Wolf e Jane Austen: figuras históricas que deixaron unha fonda pegada na loita polos dereitos civís, a literatura e a igualdade.
Cuando las hormonas se desmadran, Hablemos de menopausia e Hablemos de nosotras: obras que abordan cuestións de saúde feminina con naturalidade, rigor e sen prexuízos.
Todo lo que tienes que saber sobre sexualidad: unha guía clara e útil para falar da sexualidade con liberdade, seguridade e responsabilidade.
Femina sapiens e Woman power: libros que poñen en valor a diversidade das experiencias femininas e o poder do coñecemento e do autocoñecemento.
Estas adquisicións forman parte da nosa aposta por unha educación que forme na igualdade, fomente o pensamento crítico e recoñeza a diversidade de voces que foron históricamente silenciadas.
Animamos a todo o alumnado, familias e profesorado a achegarse á BiblioEBA, descubrir estas lecturas e seguir construíndo, entre todas e todos, un centro máis igualitario.
Preme na descripción da imaxe para acceder a esta información no Instagram da @biblioEBA.
ggg