25N
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o club do IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo) IntegrARTE presentou a instalación artística “NOS SEUS ZAPATOS”.
Estes zapatos representan a cada unha das mulleres cuxa vida foi arrebatada este ano no noso país. Ao seu lado, nalgúns casos, zapatos infantís que simbolizan aos nenos e nenas asasinados xunto ás súas nais.
A cor violeta tingue os pasos que estas mulleres xa non darán, os soños truncados, a ausencia que deixan nas súas familias…
Cada vida conta, e a loita contra a violencia de xénero é cousa de todos e de todas.
A profesora de Historia da Arte, Luisa Blanco, membro de IntegrARTE, explicoulle aos membros do club a función da arte como ferramenta de denuncia social. Deste xeito, os nosos artistas viron que a arte non é só unha forma de expresión estética, sino un medio para invitar á reflexión e xerar cambios na sociedade.
O Concello de Culleredo colabora con nos na campaña realizada no noso centro para a prevención da violencia de xénero polo 25N Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.