O 28 de xuño conmemórase internacionalmente o Día do Orgullo LGTBIQ+, unha data para celebrar a diversidade e para reivindicar os dereitos de todas as persoas, sexa cal sexa a súa identidade ou orientación.
No IES EBA, sumámonos un ano máis a esta celebración cunha xornada chea de cor, simbolismo e compromiso. O 19 de xuño, alumnado voluntario e profesorado participante no Proxecto de Inclusión Educativa, Impulso da Igualdade, transformamos os espazos do centro nun lugar de visibilidade e respecto:
🌈 Pintamos as caras coas cores da bandeira LGTBIQ+
🎨 Fixemos pulseiras e creamos un photocall coa bandeira LGTBIQ+ como protagonista
🏳️🌈 Colocamos pegatinas en todas as aulas como xesto simbólico de apoio
📜 Mostramos na pantalla do recibidor o Decálogo de Reivindicacións do Orgullo 2025, elaborado con mensaxes claras a favor da igualdade e a diversidade
Foi unha xornada de expresión libre, creativa e colectiva, que encheu os corredores de cor, alegría e sobre todo, orgullo. Porque sabemos que educar na diversidade é educar na liberdade e no respecto.
No IES EBA, fronte ao odio: ORGULLO. Orgullo de ser e sentir.
📲 Preme na descrición da imaxe para ver o Decálogo de Reivindicacións do Orgullo 2025.