Impulsando a igualdade dende o patio: Celebramos o 8M co lema "Eu móllome"
O pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no noso centro quixemos conmemorar esta data tan sinalada cunha actividade simbólica pero chea de significado. No patio escolar instalamos un photocall cunha frase clara e directa: "Eu móllome".
Esta expresión, tan nosa, serviu como lema para animar a todo o alumnado e profesorado a implicarse activamente na loita pola igualdade entre homes e mulleres e na prevención da violencia de xénero. Ao facerse fotos diante do photocall, cada persoa expresou o seu compromiso persoal co cambio social, coa inclusión e coa defensa dos dereitos das mulleres. Ademáis empregamos distintas mensaxes e complementos (perrucas, gorros, máscaras... ) para rachar cos estereotipos.
Foi unha xornada chea de participación, sorrisos, reflexións e, sobre todo, moita unión arredor dun mesmo obxectivo: construír unha escola e unha sociedade máis xusta e igualitaria.
Porque a igualdade constrúese día a día, tamén dende as pequenas accións.