Marzo
Venres 22 de marzo
Escoitamos a lectura do conto titulado: "Aquí hay tomate". Buscamos a moralexa entre tod@s, que ía sobre a avaricia e a convivenza veciñal.
Continuamos escoitando con atención a exposición oral de Ruy. A receita era de "Salmón á laranxa con brócoli". Compartiu ingredientes, pasos e os diferentes puntos do guión con todos nós. Ao rematar fixemos a valoración persoal.
Fomos á biblioteca a facer lectura e intercambio de libros para casa.
Realizamos unha pequena investigación en biblio, escollendo a nosa flor preferida e apuntando os datos máis significativos sobre a mesma.
Logo de música tivemos un recreo moi longo, aproveitando o día de calor e sol.
Descansamos un pouquiño en clase, logo de escribir na axenda, e fomos á charca a cantar as cantigas de peto.
Xoves 21 de marzo
Enigma de Ciencia titulado "Cambios en el menú". Logo de escoitar a lectura en pantalla do mesmo, fomos aportando diferentes hipóteses sobre o motivo polo que lle pediron ao cociñeiro os pepinillos en vinagre para desfacer unha rocha caliza... Finalmente lemos a solución, que nos falaba dos ácidos que ten o vinagre e de como reacciona ao estar en contacto con outras substancias en determinadas temperaturas.
Olivia guiou as rutinas, dicíndonos a data e repasando xunto a ela os días da semana, meses, series de numeración varias e abecedario.
A exposición oral da súa receita favorita foi a de "Red velvet", falándonos dos diferentes puntos do guión e realizando entre tod@s ao final a valoración personal da mesma. Novamente tivemos a sorte de degustar unha mostra desta sofisticada receita:-) Moitas grazas, Olivia!
Observamos atentamente un pequeno titorial sobre o concepto de multiplicación (pódese acceder dende este enlace).
Subimitización e concepto de multiplicación. A golpe de vista, que multiplicación está representada na imaxe proxectada? Escribimos no caderno e resolvemos.
Individualmente realizamos varios problemas de multiplicación, resolvendo as operacións coa calculadora (que se sabe todas as táboas).
Logo de educación física tivemos un recreo máis longo aproveitando o tempo de sol. Ao chegar a clase escribimos na axenda e continuamos cun pequeno descanso, antes de ir ao noso contexto.
Mércores 20 de marzo
Comezamos a mañá cunha pregunta de piratas. Por que a bandeira pirata está formada por unha caveira e dúas tibias? Houbo varias hipóteses, case todas moi acertadas... relacionadas coa intención de dar medo que tiñan os piratas. Logo lemos a resposta científica, tamén nos enteramos de que os ninjas normalmente eran espías...
Lucca realizou a súa exposición oral, que nesta ocasión estaba gravada en vídeo. Explicou paso a paso como facer croquetas e levou unha mostra para probar no recreo! Moitas grazas, Lucca!
Pequena asemblea para falar dunha nova norma un pouco peculiar, que esta vez propuxo a profe: "Non perseguimos á profe". Debemos ir gañando en autonomía, permanecer sentados ata rematar as tarefas, esperar a que regrese a profe á aula cando vai buscar algún material ao almacén, levantar a man se fai falta algo... Non debemos levantarnos constantemente a contar á profe aquelo que se nos pasa pola cabeza nese momento...porque somos 20:-)
Continuamos escribindo definicións creadas entre todos, rematando a ficha de escrita que comezaramos o luns.
O circuito matemático tivo catro estacións:
Estación 1: Cálculo. Xogo de mesa "Fruit10", un xogo de cartas para buscar con rapidez números que suman 10 que teñan a mesma cor ou sexan a mesma froita.
Estación 2: Xeometría. Construimos diferentes figuras coas gomas nos xeoplanos.
Estación 3: Lóxica. Xogo de mesa "Masterman" no que temos que aplicar a lóxica e o razonamento para conseguir descubrir o código de cores que nos puxo a nosa compañeira/o.
Estación 4: Concepto de multiplicación. Collemos unha tarxeta flash cunha multiplicación e montámola na táboa de multiplicación Montessori, colocando "diamantes" en caixóns e inventando un problema.
Logo de inglés e do recreo escribimos na axenda, avanzamos na lectura do libro dos Minimortos (6 páxinas) e fixemos a última estación de mates que nos faltaba.
Na última sesión fomos ao noso contexto (último cambio da semana).
Circuito matemático.
Estación 1: Fruit 10.
Estación 3: Masterman.
Estación 4: Concepto de multiplicación.
Club de lectura
Martes 19 de marzo
Escoitamos tres poemas de Antonio García Teijeiro, do libro "Paseniño, paseniño". Os dous últimos eran de amor... e causaron sensación:-)
Hugo encargouse de guiar as rutinas, dicíndonos a data e repasando con todos os días da semana, meses, números para atrás dende o 20, muro do 5, muro do 10, números de 2 en 2, sumas dobles, táboa do 2, números de 5 en 5, de 10 en 10, de 10 en 10 partindo do 19 e abecedario.
Logo escoitamos con moita atención a exposición oral da receita favorita de Hugo. Nesta ocasión explicou paso a paso a receita do "Biscoito de laranxa". Ao rematar fixemos a valoración persoal e no recreo tivemos a sorte de degustar o biscoito!
Realizamos 5 problemas da serie Quinzet e correxímolos.
Logo de relixión/proxecto, educación física e o recreo, escribimos na axenda e tivemos que realizar un traballo de lectura comprensiva (lectura de instrucións e lectura informativa con preguntas). Cando rematamos tivemos un tempiño de descanso.
Na última sesión acudimos ao noso contexto.
Luns 18 de marzo
"Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dalh. Hoxe escoitamos a lectura do conto da faba máxica según esta particular versión.
Sofía Iglesias guiounos nas rutinas, escribindo a data, repasando os días da semana, meses, números para atrás dende o 20, muro do 5, muro do 10, números de 2 en 2 ata o 20, sumas dobles, táboa do 2, táboa das multiplicacións dobles, números de 5 en 5, de 10 en 10, de 10 en 10 partindo do 18 e abecedario. Tamén fixemos reparto dos encargos da semana.
A exposición oral de Sofía foi sobre a receita "O biscoito de mamá". Explicou paso a paso cada un dos puntos do guión e logo fixemos a valoración persoal. Tivemos a sorte de degustar o biscoito cando chegou o recreo!
Compartimos as noticias do fin de semana máis importantes de forma voluntaria.
En mates realizamos cálculo: restas subindo, multiplicacións e sumas (non deu tempo a rematar, seguiremos o mércores).
Logo de inglés e do recreo escribimos na axenda e fixemos escrita colectiva. Esta vez tiñamos que definir diferentes debuxos e buscar unha boa frase que os describira. Escribimos tres frases coidando a letra, separación das palabras e ortografía.
Cambiamos de contexto (antes das vacacións están sendo de só 2 días cada un).
Venres 15 de marzo
Contos para nenas e nenos felices. Hoxe o conto tiña por título "Rectificar es de sabios", un conto que falaba da posibilidade que temos cada día de ser mellores persoas, de cambiar e rectificar aquelo que facemos mal, dándonos a oportunidade de ser máis felices. Tamén falaba do efecto espello, de que cando damos algo malo aos demais é porque nós, non nos estamos querendo, e a quen máis perxudica é a nós mesm@s.
Virgi fixo a súa exposición oral de chef sobre a receita de "Espaguetis". Explicou paso a paso os diferentes puntos do guión e ao rematar fixemos a valoración personal.
Fomos á biblioteca a realizar a devolución e préstamo de libros para casa.
Na seguinte sesión repartímonos pola biblio con diferentes xogos de mesa.
Logo de música e do recreo foi o sorteo das mochilas viaxeiras. Esta vez tocáronlle a Pablo e Nacho!!
No atelier, repartímonos en grupos, deseñando uns broches con forma de animal e cosendo dous botóns, construíndo coas pezas kappla e programando os robots.
Na última sesión fomos a aula e escribimos na axenda antes de ter tempo libre.
Xoves 14 de marzo
Enigma de Ciencia. Hoxe trataba sobre un anel de ouro e un anel magnético... O anel acabou pegado ao imán... por que? Moitos resolveron o enigma con facilidade: o anel non podía ser de ouro, os imáns atrapan o ferro, o níquel... pero non a plata nin o ouro.
Bernardo fixo a súa exposición oral da súa receita favorita. Nesta ocasión foron macarróns con tomate. Explicounos paso a paso a súa receita e ao rematar fixemos a valoración persoal.
A profe Susy veu pasarlles novamente a proba de "detectives". Traballamos duro e quedou rematada!
Logo fixemos as rutinas e 5 problemas de Quinzet.
Despois de educación física (co profe Abel) e do recreo, escribimos na axenda e tivemos un tempiño de descanso (mentras fomos lendo algúns de xeito individual coa profe).
Continuamos coa lectura en pantalla da revista sobre os Museos de Historia Natural. Lemos sobre como se restauraban os ósos antigos e como se facían réplicas dos mesmos. Participamos todas e todos desta lectura en gran grupo.
Individualmente, escribimos tres frases sobre unha imaxe dada. Coidamos a separación das palabras, letra, ortografía... Ao rematar tivemos tempo libre en aula.
Mércores 13 de marzo
A pregunta de hoxe foi: Por que existen moitas linguas no mundo? Falamos de países, da importancia de coñecer distintas linguas, de cal se falaría máis no mundo... Logo lemos a resposta científica no libro, sobre a orixe das linguas e da primeira vez que os humanos dixeron unha palabra... Tamén de que o árabe é a lingua máis falada e de que os esquimós teñen palabras moi longas no seu vocabulario.
Continuamos coa exposición oral de Maia, quen nos explicou paso a paso a súa receita de salami de chocolate. Ao rematar fixemos a valoración personal (e no recreo poidemos degustar un anaquiño de salami:-)
Serie de cinco problemas de Quinzet. Resolvemos no caderno logo de escoitar os problemas dúas veces.
Circuito matemático coas seguintes estacións:
1.- Áreas e perímetros. Esta estación foi fixa (para aqueles que non a tiveran no último circuito). Traballamos o concepto de multiplicación co cálculo de áreas de cadrados e rectángulos con regletas.
2.- Xogos de lóxica 1.- Xogo por parellas a Carapuchiña e Os tres porquiños.
3.- Xogos de lóxica 2.- Xogo por parellas a Logicase e sudoku.
4.- Xogo de atención e percepción visual.- Collemos o pau da cor que non coincida en ningunha das cartas.
Logo de inglés e do recreo escribimos na axenda e lemos en parella.
Escrita colectiva. Xa tiñamos un comezo dunha historia (un gato que observou uns cadros dun veciño e pareceulle que cobraban vida...). Continuamos co nudo ou parte central da nosa historia. Escribimos tres frases no caderno que buscamos entre todos, preocupándonos de separar ben as palabras e sen faltas de ortografía. Pronto buscaremos un final.
Contextos. Fomos ao contexto correspondente.
Martes 12 de marzo
Lectura de varios poemas de Antonio García Teijeiro, do libro "Paseniño, paseniño". Escoitamos con atención poesías moi diversas e con diferentes recursos literarios.
Leire guiounos nas rutinas, dicíndonos a data e repasando os días da semana, meses, números para atrás, muro do 5, muro do 10, números de 2 en 2, táboa do 2, de 5 en 5, de 10 en 10, de 10 en 10 dende o 12, e abecedario.
Continuamos practicando a memorización da taboa do 4, debuxando unha diana no encerado onde estaban os resultados escritos e borrando pouco a pouco as solucións.
Leire fixo a súa exposición oral sobre magdalenas, explicando todos os puntos do guión con detalle. Ao rematar, fixemos a valoración personal. Queda pendiente a proxección de dous vídeos para mañá (problemas técnicos).
Logo de proxecto/relixión, educación física e o recreo, tivemos máis tempo de xogo e recreo (primeiro día de sol en moito tempo).
Na última sesión fixemos axenda, unha lectura comprensiva e unha lectura específica con exercicios para a letra "d", dado que está habendo un erro bastante común na aula de confusión entre as letras d e b (b de barriga e d de detrás).
Luns 11 de marzo.
Comezamos un novo libro para a lectura por capítulos dos luns: "Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dahl. Hoxe escoitamos a lectura da Cincenta, que neste caso decide non marchar cun príncipe ao que lle gustan tanto as espadas...
Continuamos coas rutinas, que foron guiadas por Pablo. Escribimos a data e continuamos con días da semana, meses, números para atrás dende o 20, muro do 5, muro do 10, de 2 en 2 ata o 20, sumas dobles, táboa do 2, números de 5 en 5, de 10 en 10, de 10 en 10 partindo do 11 e abecedario. Ao rematar cambiamos os encargos da semana.
Na zona de asemblea tivemos tempo para as noticias do fin de semana. Houbo tempo para a neve, xantares en familia, avós, curmáns, ratiños Pérez... Compartimos todas estas novidades e escoitamos as distintas intervencións respectando as quendas de palabra.
En mates calculamos mentalmente sumas do tipo 30 + 24, e do tipo 60 + 60... Tamén montamos a táboa do 4 e fixemos sumas máis grandes (centos, deces e uns). Resolvemos concentrados e con soltura.
Logo de inglés e do recreo, escribimos na axenda aquelo que máis nos gustou do día e repartimos as tarefas para casa. Tivemos un tempo de lectura, escritura, debuxo... en parella.
No club de lectura avanzamos varias páxinas do libro dos Minimortos, lendo todos un pouquiño. A mestra Sinistra empeza a asustar un pouquiño... parece que os quere deixar pechados na clase...
Na última sesión cambiamos de contexto (esta vez só estaremos un par de días en cada contexto).
Noticias
Cálculo en mates.
Club de lectura
Venres 8 de marzo. Día internacional da muller.
Comezamos a mañá co libro "La perra, la cerda, la zorra y la loba" proxectado en pantalla. Según as nosas protagonistas non podían formar parte dun libro infantil porque nunca aparecen... no caso dos porquiños ata son 3! Cada unha expón a súa situación e deciden facer unha manisfestación reclamando os seus dereitos. Ao rematar o conto, tivemos un pequeno debate con intervencións sobre os protagonistas dos contos... e da historia.
Continuou Pablo coa súa exposición oral. Fixo doble receita: "Natillas e tortilla de pataca". Explicounos ambas cos seus pasos e ao rematar tivo lugar a nosa valoración personal.
Fomos á biblioteca e cambiamos os libros para levar a casa.
Na biblio realizamos unha pequena investigación, podendo escoller unha biografía dunha muller que nos chamara en especial a atención. Recollemos e escribimos os datos principais sobre a mesma e tamén a debuxamos.
Logo de música e do recreo asistimos a un acto sobre o Día da muller. Fomos a biblioteca e escoitamos historias preciosas de mulleres moi próximas a nós (avoas, bisavoas, nais, tías... ). Moitas contaron a súa experiencia nos seus oficios dende pequenas, os obstáculos que tiveron que ir saltando para poder chegar a conseguir os seus soños... Tamén escoitamos a lectura doutras historias impresionantes de mulleres nas que as súas mans foron fundamentais. Guiaron o acto e acompañaron musicalmente dúas nais da clase. Foi unha celebración preciosa que fixo deste día un día moi especial!
Na última sesión escribimos na axenda e tivemos tempo libre de xogo en aula.
Xoves 7 de marzo
O enigma científico de hoxe titulábase "O martelo e a pluma". Non foi nada doado... falaba dunha complicada teoría de Galileo Galilei que tiña que ver coa atmósfera e a caída dos corpos. Encantounos!
Continuamos realizando a proba da orientadora. Estivemos moi concentrados durante as dúas primeiras sesións.
Ao rematar estabamos tan cansos e alterados que probamos a realizar un exercicio de relaxación. Cos ollos pechados escoitamos unha "música máxica" e unha historia que tiñamos que imaxinar... Quedamos moi tranquilos e como resultou tan ben, repetiremos nalgunha outra ocasión.
No tempo de educación física saímos ao patio das columnas e realizar exercicios de quentamento, tamén xogamos á cadea. Merendamos con calma e logo marchamos para o recreo.
Na hora de lectura escribimos na axenda e logo a exposición oral de Diana. A súa receita era de albóndigas. Explicou con detalle todos os pasos e ao rematar fixemos a valoración personal.
Lemos todos en pantalla unha nova revista. Esta vez a temática foron os ósos e os museos de historia natural. Pareceunos moi interesante polo que continuaremos o vindeiro xoves.
Na última hora, tivemos a última sesión do contexto actual (o luns cambiamos de novo).
Mércores 6 de marzo
Pregunta científica: "Por que temos 10 dedos?" Logo de escoitar diversas hipóteses sobre a función dos dedos das mans, a evolución dos humanos, etc., lemos a resposta científica. Non iamos moi desencamiñados!:-)
Proba da profe Susy. Tivemos unha longa proba que realizar que pasou a orientadora. Nela tiñamos que averiguar de que palabra se trataba entre varias dadas, tamén que resolver moitos problemas matemáticos. Ao realizar esta proba non quedou tempo para as dinámicas habituais antes do recreo.
Logo de inglés e do recreo fixemos a axenda e lemos en parella.
Escoitamos con atención a exposición oral de Noa, quen nos explicou con detalle a receita de "Brownie estilo Noa". Ao rematar fixemos a nosa valoración personal.
Na hora de ler aínda tivemos tempo para unha sesión de filosofía. Escoitamos a lectura do conto titulado "O baño" de Sapo y Sepo. Sepo non quería saír da auga do río porque dicía que estaba ridículo en bañador, todos os animais do bosque querían velo para atoparse cunha situación ridícula...
O plan de discusión de filosofía xirou en torno a esta idea: sentirse ridículo. Que significa sentirse ridículo? E facer o ridículo? Cando ocorren estas situacións?
Na última sesión tivemos contextos educativos de aprendizaxe co profe correspondente.
Martes 5 de marzo
Escoitamos poemas do libro "Bicos e non balas" de Antonio García Teijeiro, desfrutando do seu contido e musicalidade.
Lucas foi guiando as rutinas da mañá, dicíndonos a data e repasando xunto a el os días da semana, meses, muro do 5, muro do 10, sumas dobles, táboa do 2, táboa dos dobles, números de 5 en 5, de 10 en 10, de 10 en 10 partindo do número 5, e abecedario.
Escoitamos con atención a exposición oral de Lucas, que nos contou paso a paso a súa receita de "Fajitas". Ao rematar fixemos a valoración personal da mesma.
Realizamos no caderno de matemáticas, 5 problemas da serie Quinzet. Ao rematar compartimos estratexias de cálculo. Unha delas, por exemplo, para a resta 13-4, foi a de facer 13-3 e logo quitar un máis. Coincidía a mesma estratexia en varios cálculos desta serie.
Logo de relixión/proxecto, educación física e o recreo, continuamos na hora de ler con varias propostas: escribir na axenda algo que fixeramos no recreo, rematar as propostas creativas do club de lectura, ficha de lectura comprensiva onde se traballaban distintas definicións e descanso.
Na última hora fomos ao noso contexto e avanzamos coas máquinas (profe Laura), contaminación do planeta (profe Diego) e PDI de artesanía (profe Magoia).
Luns 4 de marzo
Rematamos o libro "Minimalario" de Pinto&Chinto. Hoxe cos relatos dunha cotorra moi educada, un camello moi previsor, un guepardo que perdeu a súa sombra, un delfín que riu cun peixe pallaso...
As rutinas foron guiadas por Olivia, quen nos dixo a data e axudou a repasar os días da semana, meses, números para atrás dende o 20, muro do 5, números de 2 en 2, sumas dobles, táboa do 2, muro do 10, números de 5 en 5, de 10 en 10, de 10 en 10 partindo do número 4 e abecedario.
Tivemos tempo para compartir as noticias do fin de semana, contando aquelo que máis nos gustou facer durante este tempo de descanso.
Continuamos con cálculo en mates. Volvemos practicar as sumas do tipo 40 + 16, tamén practicamos sumas do estilo 60 + 70 (calculando 6 + 7 e engadindo un cero porque son deces), multiplicacións e sumas grandes (onde tiñamos que aplicar as sumas practicadas anteriormente).
Logo de inglés e do recreo, na hora de ler, escribimos na axenda, rematamos os poucos cálculo que nos quedaban a algúns de mates, lemos individualmente, repartimos as tarefas da semana e fixemos o club de lectura. Lemos as páxinas 30 e 31 do libro dos minimortos e logo comezamos unha actividade de debuxo, onde tiñamos que escoller un peiteado da señora Sinistra e un traxe (mañá continuaremos).
Na última sesión fomos ao noso contexto educativo de aprendizaxe.
Venres 1 de marzo
Escoitamos a lectura dun dos contos do libro "Cuentos para niñas y niños felices". Un profesor de química invita á reflexión aos seus alumnos logo de observar como se comportan algúns alimentos cando os pos a ferver: a cenoira é dura e nese momento ablanda, os ovos endurecen, o café reparte o seu aroma e color na auga. E nós, ante o enimigo ou un problema, como facemos? Como a cenoira, como o ovo ou como o café? Falamos dunha palabra moi extraña pero moi importante nas nosas vidas: a resiliencia, que é a capacidade que temos na vida para, despois dun problema, saír máis fortes e sacar o mellor de nós mesmos (como o café).
Unha "minipandilla" de nenas e nenos foi con Rosana á zona das follas a realizar actividades de lectura comprensiva. Os demais fomos á biblioteca a intercambiar libros, levando algúns préstamos para casa.
Nacho realizou a súa exposición oral, deleitándonos coa súa receita de "Pasta al pesto". Acompañando a súa intervención dunha presentación en pantalla, foi explicando os diferentes puntos do guión. Ao rematar realizamos a valoración personal da mesma.
Continuamos o día no atelier. Dous equipos pasaron por dúas estacións (de kappla e robótica) e un equipo cunha estación de costura (levounos bastante tempo facer un pequeno animal de fieltro no que tiñamos que coser dous botóns para facer os ollos). Outro día coserán os outros equipos.
No sorteo da mochila viaxeira, houbo unha afortunada... Maia! e un afortunado... Lucas!!!
Na última hora, como ben sendo habitual nos venres, tivemos tempo libre de descanso en aula, podendo ler, escribir notiñas, debuxar, xogar, facer papiroflexia... É unha hora desfrutada por todos e ben merecida logo dunha semana de traballo!
Exposición oral de Nacho
Sorteo da mochila viaxeira
Tocoulle a Maia!
E a Lucas!