Abril 1
Luns 15 de abril.
Lectura da versión de contos en verso para nenos perversos de Roald Dalh, nesta ocasión de "Ricitos de oro".
Rutinas levadas a cabo por Virgi, dicíndonos a data e axudándonos a repasar os días da semana, meses, series de numeración e abecedario. Logo repartimos os encargos da semana.
Tempo de noticias. Como este fin de semana por fin foi soleado houbo numerosas intervencións e aventuras compartidas!
En mates centrámonos na numeración, buscando números anteriores e posteriores, ordenando de menor a maior e ao contrario... Tamén sumamos.
Logo de inglés e do recreo (que según parece non chegou a nada...), escribimos na axenda e tivemos un pouco de descanso mentras repartiamos as tarefas da semana. A continuación lemos dúas páxinas do club de lectura e comezamos a nova proposta de escrita relacionada co club. Tiñamos que inventarnos as características dun dos novos personaxes: ou ben de Auto ou de Caravana.
Na última sesión acudimos ao noso contexto.
Venres 12 de abril.
Escoitamos a lectura por parte da profe do conto "Un tonto, moi listo". Pensamos e compartimos varias moralexas: que as veces impórtanos de mais o que pensen os demais de nós, que as apariencias engañan... tamén falamos sobre a humildade.
Cantamos "Un alpino felice".
Fomos á biblioteca a intercambiar libros para casa e tivemos un tempo para a lectura en parella.
Fomos ao atelier. De aquí a fin de curso, intentaremos facer artesanía os venres, axudando aos pequenos equipos de contextos. Hoxe tocou colaborar co equipo "Artesáns de figuras de pan tradicionais". Tiñamos dous retos que cumplir: un de elaborar as figuriñas (sanandresiños) e outro de colaboración nos carteis informativos deste equipo (significado de cada figura, lugar onde é tradicional este oficio, como se fan, artesáns galegos especialistas...). No atelier fixemos unha bandexa de figuriñas entre tod@s.
Logo de música, tivemos un recreo moi longo, aproveitando o bo tempo.
Na última sesión fixemos unha asamblea para falar de responsabilidade e compromiso coa clase. O tramo no atelier non resultou ben porque interrumpiamos constantemente, falabamos moi alto, pediamos axuda todos a vez de forma impaciente... No paseniño e na volta do recreo tampouco se cumpliron as normas acordadas. Fixemos un círculo reactivo onde cada un de nós comprometémonos a mellorar en algún aspecto para mellorar a situación.
Escribimos na axenda e tivemos descanso. Mentras, un dos grupos deixou feito o reto de ordenador sobre artesanía previsto. Os demais equipos irán facendo nalgúns momentos da hora de ler durante a semana que vén.
Xoves 11 de abril.
1.- Enigma en Elbe (do libro enigmas de Ciencia), o número 15 titulado “Sorpresa de cera”. Entre todos buscamos a solución. Ao rematar lemos resposta científica e solución.
2.- Rutinas. Data e entre tod@s repasamos cantiga dos días da semana, meses, números para atrás dende o 20, muro do 5, muro do 10, números de 2 en 2 ata o 20, sumas dobles ata 10 + 10, táboa de multiplicar do 2, números de 5 en 5, de 10 en 10 ata o 100, de 10 en 10 (por quendas) dende o 11, abecedario.
3.- Problemas de Quinzet no caderno de mates. 5 problemas que lemos dúas veces.
4.- Cálculo e problemas. Ficha variada con resolución de problemas, restas, sumas...
Educación física e recreo.
Hora de ler: axenda e lectura en pantalla da revista en Elbe sobre o Museo de Ciencia Natural. Lemos por turnos a revista en pantalla e rematamos a mesma.
Contexto.
Mércores 10 de abril.
Hoxe foi o profe Paulo o que se encargou de impartir clases en 2º (en 4º foron as avaliacións de diagnóstico e non podía estar con eles o seu titor, polo que intercambiamos grupos).
A pregunta científica foi: Por que a comida ten tan boa pinta nos anuncios? Logo de escoitar diferentes hipóteses escoitamos a resposta científica.
Continuamos cunha cantiga en italiano: "Un alpino felice", coa que recibiremos ao alumnado deste país que visitará a escola para a semana.
Circuito matemático:
Estación 1: Numeración. Montamos números con perlas Montessori, tarxetas, dados e regletas.
Estación 2: Xeometría, percepción viso-espacial. Montamos figuras co tangram ou pentaminós.
Estación 3: Cálculo mental. Sacos de Paco con tarxetas de números (deces). Calculamos o contido total do saco.
Estación 4: Lóxica. Dominós con atributos e os bloques lóxicos.
Logo de inglés e recreo, na hora de ler fixemos axenda e lectura en parella.
Na última sesión acudimos ao noso contexto.
Martes 9 de abril.
Escoitamos a lectura de varios poemas do libro "Paseniño, paseniño" de Antonio García Teijeiro (xa o rematamos:-).
Sofía Varela guiou as rutinas do día. Escribimos a data, cantamos a cantiga dos días da semana, enumeramos os meses, números para atrás dende o 20, muro do 5, muro do 10, números de 2 en 2, sumas dobles, táboa de multiplicar do 2, números de 5 en 5, números de 10 en 10, de 10 en 10 dende o 9 e abecedario.
Fixemos 5 problemas da serie Quinzet e corriximos.
Avanzamos nos crucigramas numéricos que comezaramos onte.
Logo de proxecto/relixión, educación física e do recreo, escribimos na axenda algo que fixeramos no recreo e, con moito coidado e detalle, fixemos unha copia dun trabalinguas no que o obxectivo principal era a boa letra e presentación.
Na última sesión fomos ao contexto actual (con Diego construción de instrumentos musicais, con Laura plantas e con Magoia PDI de artesanía).
Luns 8 de abril.
Escoitamos o conto de "Brancaneves e os sete ananos" versionada por Roal Dahl ("Cuentos en verso para niños perversos").
Continuamos coas rutinas, guiadas por Sofía Iglesias, escribindo a data e repasando os días da semana, meses, números para atrás dende o 20, de 2 en 2, sumas dobles, números de 5 en 5, de 10 en 10 dende o 8 e abecedario.
Tempo de noticias. Cada quen compartiu de forma voluntaria algunha vivenza significativa deste fin de semana.
En mates traballamos a numeración. Escribimos números nunha gran táboa numérica (do 200 ao 400) e comezamos diversos crucigramas numéricos.
Logo de inglés e do recreo, escribimos na axenda o que máis nos gustou do día e repartimos as tarefas para casa mentras nos tomabamos un pequeno descanso. Logo lemos dúas páxinas do libro do club de lectura e realizamos unha proposta de expresión escrita na libreta do club. Nesta ocasión a proposta foi de escribirlle mensaxes de ánimo para Penoso, que según o libro, está collendo unha depresión.
Na última sesión fomos ao noso contexto.
Venres 5 de abril. Día na biblio.
Lectura por parte da profe do conto titulado "El oro que brilla en tu interior". Buscamos moralexa entre tod@s. Valorarnos e querernos para dar felicidade aos demais, buscar a felicidade dentro de nós, valorar o que non se pode comprar porque é o máis valioso...
Fomos á biblio e dividímonos en catro grupos para poder facer as catro estacións (na imaxe de máis abaixo). Nunha das estacións tiñamos que gravar en radio a nosa metáfora inventada preferida (enlace aos audios máis abaixo).
Logo de música e do recreo foi o sorteo das mochilas viaxeiras. Tocáronlle a Noa e a Ruy!!!
Continuamos coas estacións na biblioteca e regresamos á aula para ter o tempo de descanso e convivio que tanto saboreamos os venres ao final da mañá:-)
Xoves 4 de abril
Hoxe no primeiro tramo da mañá, a profe Magoia tivo que ir á biblioteca para acompañar e explicar o funcionamento da mesa ao profesorado dos colexios visitantes (Madrid, Mallorca e Málaga).
Enigma de Ciencia. Hoxe o titulado: "Hasta dentro de un año".
Rutinas habituais, escribindo a data e repasando series temporais, numéricas, muros e abecedario.
5 problemas da serie Quinzet que resolvemos no caderno de matemáticas.
Cálculo: sumas de cálculo mental, repaso de multiplicacións da táboa do 5, sumas grandes.
Logo de educación física e do recreo escribimos na axenda, decoramos as nosas metáforas para colgar no panel gris e fixemos lectura en pantalla (continuando a lectura sobre o museo natural e os esqueletos de dinosauros).
Rematamos a mañá no noso contexto actual. Con Laura sobre plantas, con Diego sobre construción de instrumentos e con Magoia sobre o proxecto escollido de artesanía (cada equipo un diferente).
Mércores 3 de abril
Lectura científica. A pregunta de hoxe foi: "Por que os arrefices de coral son tan coloridos?". Logo de escoitar varias hipóteses, lemos respostas científicas sobre como viven os corais en convivio coas algas e o importantes que son para os estudios científicos. Tamén lemos información moi curiosa sobre os brazos do pulpos.
Continuamos realizando subitización coa táboa de multiplicar do 3. Tiñamos que escribir e calcular a multiplicación que observabamos na imaxe proxectada en pantalla.
Circuito matemático:
Estación 1: Simetrías en xeoplanos. Realizamos un debuxo xeométrico colocando gomas de cores no xeoplano.
Estación 2: Numeración. Tiramos os dados de centos, deces e uns e construimos o número con regletas, tarxetas Montessori e perlas Montessori.
Estación 3: Lóxica. Diagrama de Benn cun atributo negativo e outro positivo. Clasificamos os bloques lóxicos en equipo.
Estación 4: Sacos de Paco. Metemos no saco "deces" e calculamos a cantidade total. Apuntamos na pequena pizarra.
Logo de inglés e do recreo, escribimos na axenda algo que aprenderamos durante a mañá. A continuación tivemos un tempo de lectura en parella.
Fixemos un círculo para inventar metáforas! Comezamos dicindo "O mar é..." e continuamos o noso verso... Saeron metáforas preciosas!!! Temos unha chea de poetas e poetisas nesta clase!! Exemplos: "O mar é música manchada de area", "O mar é voar a un mundo de sentimentos e alegría", "O mar é un mundo de peixes e cores", " O mar é saúde", "O mar é diversión en familia"...
Escribimos de forma individual metáforas (sobre o mar, a paz, o amor e a primavera). Comezamos a pasar a limpo para expoñer no panel gris da clase.
Na última sesión fomos ao noso contexto.
Estación 1. Simetrías con xeoplanos.
Estación 2: Numeración.
Estación 3: Bloques lóxicos.
Estación 4: Cálculo mental con Sacos de Paco.
Martes 2 de abril
Escoitamos a lectura de dous poemas de Antonio García Teijeiro, un sobre un martelo e outro sobre os ollos.
Olivia encargouse de guiar as rutinas, dicíndonos a data e repasando os días da semana, meses, series de numeración (de 2 en 2, de 5 en 5, de 10 en 10...), muros do 5 e do 10 e abecedario. Tamén fixemos o reparto de encargos da semana.
Tiñamos moitas ganas de compartir o que vivimos durante estas vacacións! Contamos de forma voluntaria aquelas novidades máis importantes para cada un de nós.
Logo de proxecto/relixión, educación física e do recreo, escribimos na axenda e lemos en parella. Logo rematamos de contar as noticias e fixemos unha serie de 5 problemas de Quinzet.
Na última sesión comezamos un novo contexto.