Decembro
Felices Festas e próspero ano a tod@s!
LUNS 18 DE DECEMBRO:
Escoitamos a lectura por parte da profe de varios relatos de "Minimalario", o dunha mosca que tiña fame e sede, o dunha avespa que deixou de ter cintura de avespa, o dun oso formigueiro, un elefante enorme...
Fixemos o reparto de encargos semanais e as rutinas, poñendo a data e repasando todas as series de numeración.
Tivemos un tempiño para as noticias, onde de forma voluntaria cada quen compartiu inquietudes e bos momentos deste fin de semana.
Logo escoitamos con moita atención a lectura preparada por Leire, quen trouxo o leu "Inés del revés" e ao rematar fixemos a valoración personal.
Na sesión de matemáticas buscamos bolas de Nadal de números en función das condicións que nos pedían: os que teñen 2 deces pintámolos de verde, os pares de rosa, o máis pequeno de 3 cifras pintámolo de amarelo...
Comezamos a decorar a portada do noso libro de fichas de traballo do trimestre.
Logo de inglés e do recreo tivemos o ensaio das xaneiras e ao chegar a clase escribimos na axenda.
Na última sesión continuamos as tarefas previstas no contexto actual.
VENRES 15 DE DECEMBRO:
Escoitamos a lectura do conto titulado "Desarrollar las propias alas". Buscamos a moralexa do conto e o significado da metáfora do título.
Tivemos unha pequena asemblea para decidir que propostas queriamos levar á xunta de delegad@s sobre como decorar o patio das columnas. Acordamos propoñer que vaian pintadas de branco e que cada columna teña debuxos sobre temáticas diferentes (bosque, animais, ríos, emojis...).
Tomás fixo a lectura dun fragmento do conto "Polina, a pulguiña".
Maia leu un fragmento dun libro de "Anna Kadabra".
Ao rematar as lecturas fixemos as valoracións personais das mesmas.
Logo acudimos á biblioteca para facer intercambio de libros e facer uso libre da mesma. Cada quen utilizou o espazo como máis lle apeteceu.
Despois de música e do recreo tivemos un ensaio das xaneiras co noso grupo asignado.
Na última hora escribimos na axenda e volvemos ter tempo de descanso, podendo escoller entre debuxos de Nadal, notiñas con desexos de Nadal para o buzón da entrada da biblio, lectura, papiroflexia ou xogo.
XOVES 14 DE DECEMBRO:
Comezamos a mañá en aula escoitando un enigma de medo. A temática foron as bruxas, das que tamén aprendemos algún dato histórico e, logo de facer varias conxeturas, adiviñamos o enigma sobre o dente de leite que nos preguntaran.
As rutinas foron guiadas por Mateo Piñeiro e Nacho. Escribimos a data e repasamos as series numéricas habituais.
A delegada da clase trasladou unha proposta para levar a cabo na próxima xuntanza de delegad@s da escola: como podemos decorar as columnas do patio da entrada da escola? Deixamos a pregunta no aire para que mañá poidamos achegar as nosas suxerencias.
Escoitamos con atención a lectura de Nacho, un fragmento do conto "Cómo mola tu escoba".
Tamén escoitamos a lectura do conto "Os Bolechas lavan ao can" por parte de Mateo Piñeiro.
E por último escoitamos a lectura dun fragmento do libro "Mikecrack y la estrella maldita" que foi preparado por Mateo Fernández.
Todos escoitamos con moita atención as lecturas e ao rematar realizamos a nosa valoración personal.
Continuamos con cálculo, tendo que realizar restas subindo e sumas diversas de forma individual.
Logo de educación física e do recreo tivemos un ensaio das xaneiras, acudindo xa co noso grupo de Xaneiras (de Simes, Lores ou Meaño) e profe encargad@ das mesmas . Ao rematar deunos o tempo xusto para escribir na axenda algo que fixeramos en clase durante a mañá.
Na última hora, continuamos traballando no contexto actual.
MARTES 12 DE DECEMBRO:
Hoxe escoitamos poesía, do libro "Animalario para ler a diario" a profe leu un poema sobre as pulgas de mar, outro sobre as ostras e outro sobre os bañistas que non recollen o lixo na praia.
Continuamos coas rutinas, que foron guiadas entre Mateo Fernández e Sofía Varela. Puxemos a data e repasamos as secuencias temporais e series numéricas.
Retomamos as cartas de necesidades básicas e traballamos sobre a necesidade de diversión. Falamos sobre esta necesidade e buscamos cada quen aquelo que máis nos divirte facer. Nun círculo proactivo fomos compartindo as nosas preferencias para divertirnos.
Escoitamos con atención a lectura preparada por Sofía Varela. Leunos un dos "Contos por teléfono" de Gianni Rodari, titulado "O semáforo azul". Quixo acompañar a lectura cun semáforo realizado por ela, no que gardaba o conto e mais a súa ilustración. Ao rematar fixemos a valoración personal da lectura.
Deunos o tempo xusto para realizar 5 problemas da serie Quinzet e correxir, porque logo tivemos proxecto/ relixión e educación física.
Logo do recreo tivemos un ensaio con toda a escola das xaneiras. Fixémolo na biblioteca e poidemos repasar todas as cantigas.
No tempo que quedaba da hora de lectura escribimos na axenda o que máis nos gustou facer no recreo e tivemos un tempo (que nos soubo a pouco) de descanso escollendo lectura, debuxar, escribir notiñas...
Na última hora da mañá tivemos a segunda sesión do último contexto de aprendizaxe do trimestre.
No "Paseniño"
LUNS 11 DE DECEMBRO:
Escoitamos a lectura da profe de varios relatos de "Minimalario", un burro moi vago, un lagarto que tomaba o sol, un morcego que se poñía a secar no tendal...
Continuamos coas rutinas, guiadas por Enzo e por Adam, nas que repasamos días da semana, meses, series de numeración e abecedario. Ao rematar repartimos encargos da semana.
Tivemos tempo para as noticias desta ponte, podendo compartir cos demais o que máis nos gustou facer durante estes días de descanso.
Adam realizou a súa lectura en alto, escollendo o conto "Corre, corre, cabaciña" para a ocasión. Escoitamos atentamente e ao rematar fixemos a valoración personal.
Tamén realizou a súa lectura Enzo, quen escolleu para ler "El viaje de Arlo" e logo de escoitar con atención tamén fixemos a nosa valoración da lectura.
Continuamos con traballo individual de mates (series de números e sumas en árbore) e Lingua (escritura de frases).
Logo de inglés e da hora de ler fixemos un club de lectura, avanzando dúas páxinas máis da lectura dos Minimortos. Ao rematar escribimos na axenda, rematamos a actividade anterior do club e escribimos unha nova (listado de formas curiosas de camiñar).
Comezamos o último contexto do trimestre, facendo hoxe cambio de profe.
MARTES 5 DE DECEMBRO:
Obradoiro de decoración de tellas
Escoitamos a lectura de dúas poesías con refrán: a da batalla cun mosquito nocturno (co refrán "Á terceira vai a vencida") e a do consello dunha avoa ao seu neto (co refrán "A palabras necias, oídos xordos").
Entre Noa e Sofía Iglesias foron guiándonos as rutinas. Escribimos a data e repasamos os días da semana, meses, muros, series de numeración e abecedario.
Fomos ao atelier a decorar a nosa tella, seguindo as instrucións e indicacións que nos foi dando a nai de Maia. Fomos colocando arcilla, primeiro no tellado e logo fomos modelando as portas e ventás. Por último decoramos con detalles que fomos escollendo: plantas, árbores, flores... Os profes Diego, Viki, e Manuel tamén estiveron axudándonos durante este tempo.
Fomos a educación física e o recreo.
Na hora de ler escribimos na axenda, colocamos un último detalle na tella e escoitamos as lecturas preparadas de Noa e Sofía Iglesias.
Noa trouxo o libro "De mayor quiero ser... feliz" e leunos o primeiro conto, sobre a nosa mochila, que podemos cargar de palabras positivas (pompas) ou negativas (pedras), ao mesmo que as mochilas de quen nos rodea. Ao rematar valoramos a lectura.
Sofía Iglesias trouxo un conto titulado "La ballena que quería más". Ao rematar tamén fixemos a valoración personal.
Hoxe foi o último día do contexto actual de cada grupo, onde rematamos as nosas tarefas previstas.
LUNS 4 DE DECEMBRO:
Saída educativa ás telleiras de Dena
Preparámonos e puxémonos en marcha cara as telleiras de Dena.
Durante o paseo dende os Pasales ata as telleiras fomos observándoas de lonxe, fixándonos e aprendendo sobre as aves que atopamos no camiño... A nai de Maia foinos explicando moitísimos detalles, xogos da súa infancia, xogos que traía preparados para o momento... e logo tivemos a sorte de que o dono, Juan, nos abrira a telleira que máis tardou en pecharse de toda a zona! Tamén poidemos coñecer ao avó de Maia, que foi telleiro dende moi novo e nos contou como se repartían o traballo entre os compañeiros nalqueles tempos.
Alí continuamos aprendendo e observando os aparellos que servían para facelas, subimos á cheminea do forno, atendemos ás explicacións e volvemos namorados desta preciosa profesión artesanal que tantas vidas ocupou no Salnés.
Regresamos a tempo de ter un pouquiño da clase de inglés, merendar e recreo.
Logo fomos directos ao atelier, e coa axuda de novo de Vanessa, fomos dándolle a base branca de pintura a cada unha das nosas tellas.
Xa de volta na clase, poidemos escoitar as lecturas preparadas polos encargados. Pablo leunos varios chistes escollidos dun libro! Diana leunos o conto "Os ratos da casa". Ao rematar fixemos as valoracións personais das lecturas.
Na última hora continuamos no contexto actual.
VENRES 1 DE DECEMBRO
Escoitamos con atención o conto "El flechazo a la luna", do libro titulado "Cuentos para niñas y niños felices". Pensamos entre tod@s na moralexa do mesmo, que tiña relación coa perseverancia, o esforzo... Cando talento e esforzo se xuntan, podemos alcanzar os nosos soños.
Tamén escoitamos con moita atención o conto que nos leu Hugo, titulado "Gatiño e as vacacións". Ao rematar fixemos a valoración personal da lectura.
A outra lectura preparada foi levada a cabo por Lucas, quen nos leu un fragmento do "Rey León". Ao rematar tamén valoramos esta lectura.
Fomos á biblioteca e fixemos a devolución e préstamo de libros.
Logo repartímonos en 3 grupos para levar a cabo 3 estacións na biblio:
Estación 1: Xogo de mesa "No lo digas!" coa profe Rosana. Un xogo onde é necesario definir, categorizar e no que a lóxica e a boa expresión oral axudan a resolver os retos plantexados.
Estación 2: Escrita creativa. Unha proposta do Hematocrítico no seu libro "Cuardenito de escritura divertida". Imaxinamos que estamos no restaurante máis asqueroso do mundo. Inventamos e escribimos a súa carta...e, logo... debuxamos ao seu cociñeiro.
Estación 3: Uso libre da biblioteca. Podemos escoller xogar cos Lego, xogos de mesa, material de manualidades... facendo un uso responsable e silencioso da biblioteca.
Hoxe conseguimos pasar polas tres estacións e facelo dun xeito moito máis tranquilo que a semana pasada. Aínda debemos intentar falar máis baixiño, pero houbo unha melloría considerable.
Na última sesión tivemos un merecido tempo de descanso logo de todo o traballo da semana. Poidemos escoller entre moitas propostas: xogar, papiroflexia, escribir, ler, manualidades, debuxar...
Estación 1. Xogo de mesa: "No lo digas!"
Estación 2: Escrita creativa.
Estación 3: Uso libre da biblio.
Última hora de descanso en aula.