Xaneiro
MÉRCORES 31 DE XANEIRO
Lectura científica. A pregunta de hoxe foi "Por que soñamos?". Fixemos diversas hipóteses sobre os soños, a que se deben, que relación teñen co que nos pasa no día a día... Logo escoitamos a lectura da resposta científica e aprendemos máis curiosidades sobre os soños, significados dos mesmos, os ronquidos...
Na asemblea falamos do entroido. Compartimos e recordamos como son os recreos de entroido na escola, avanzamos novidades deste curso e falamos de como organizarnos para a elaboración do noso disfrace (un delantal de artesán).
Hoxe na escritura colectiva continuamos unha historia. Lemos o principio do texto e continuamos con dúas frases máis inventadas entre tod@s (mañá intentaremos rematala).
Na segunda sesión deseñamos o noso delantal de artesán. Mentras, un grupo coseu o seu retal para a vela do barco e outro grupiño debuxou e cortou o seu delantal (tendo un patrón para guiarse).
Logo de inglés e do recreo, escribimos na axenda algo que aprenderamos. Fixemos 20 minutos de lectura individual e silenciosa e tivemos un tempo de descanso. Mentras, continuamos cosendo a vela da paz.
Na última sesión acudimos ao noso contexto.
MARTES 30 DE XANEIRO.
Día da paz e non violencia.
Escoitamos os poemas gravados por distintas parellas en radio, do libro "Bicos e non balas". A preofe tamén leu algún poema dese libro.
Continuamos coas rutinas, que guiou Pablo. Repasamos secuencias temporais e numéricas con rapidez.
No círculo proactivo traballamos a necesidade de PAZ, de tranquilidade. Compartimos un momento, situación ou lugar no que normalmente sentimos moita paz.
Realizamos unha serie de 5 problemas (a maioría de resta) e escribimos resultados no caderno de matemáticas.
Logo de relixión e educación física, na hora de lectura, escribimos na axenda e realizamos unha ficha de comprensión lectora así como unha sopa de letras. Fixémolo de xeito autónomo e mentras algunha parella de nen@s foi coser a vela para o barco.
Fomos ao noso contexto educativo (segundo día co profe actual).
LUNS 29 DE XANEIRO
Escoitamos a lectura de varios relatos de Minimalario: un caracol que foi o médico a reparar a cuncha e o derivou a un albanel, un vagalume que se apagou e tivo que ir ao electricista, un ñú que se perfumaba dunha forma moi especial...
Continuamos coas rutinas, que guiou Virgi. Díxonos a data, calculou a diferenza de temperatura e, entre todos repasamos os días da semana, meses, números de 2 en 2, sumas dobles, táboa do 2, muro do 5, muro do 10, números de 5 en 5, de 10 en 10, de 10 en 10 partindo do 3, e abecedario.
Repartimos os encargos da clase semanais.
Tivemos tempo para as noticias do fin de semana, compartindo aquelo que máis nos apeteceu na asemblea.
Xa cos nosos equipos, nas mesas, realizamos unha ficha de cálculo con restas subindo, multiplicacións e sumas.
Como a teacher Albina estaba de excursión co alumnado de 6º, tivemos un tempiño de descanso (facendo unha mandala da paz) coa profe Laura e logo fomos merendar coa profe Magoia á zona da charca.
Logo do recreo, avanzamos na lectura de 3 páxinas do libro dos Minimortos. Aproveitando o bo tempo fixemos esta lectura na zona da charca.
Xa en clase, escribimos na axenda aquelo que máis nos gustou do día na escola e escribimos na nosa libreta do club. A proposta de hoxe era a de escribir unha lista de chuches da tenda de larpeiradas da Momia Lola.
Na última sesión comezamos un novo contexto educativo de aprendizaxe.
Noticias
Cálculo
Merenda antes do recreo
Club de lectura
Escrita creativa do club
Contextos
VENRES 26 DE XANEIRO
Comezamos a mañá co conto: "Las flores del aguador". Entre tod@s buscamos diversas moralexas: que non hai ninguén perfecto, que cando facemos algo mal sérvenos para aprender... chegando á conclusión de que "a imperfección é perfecta".
Fomos á biblioteca a realizar a devolución e o préstamo de libros para casa.
O resto da mañá (salvo na hora de música e no recreo), fixemos estacións no atelier:
Estación 1: Arte. Deseñamos, axudándonos das instrucións dun libro, un colgador de cartulina para a nosa porta do cuarto.
Estación 2: Kappla. Construímos coas pezas de madeira o que queiramos. Podemos guiarnos por un libro ou crear libremente.
Estación 3: Reto viso-espacial con gomas do pelo. Dados uns modelos, temos que intentar conseguir colocar as gomas exactamente igual na nosa man.
Estación 4: Robótica. Construimos o camiño para o noso robot e programámolo para que chegue ao final do circuito e alcance o seu anaco de queixo.
Estación 5: Cosemos o noso retal para a vela do barco (non nos deu tempo a tod@s). Fomos cosendo e unindo as nosas teas aínda que continuaremos o luns.
Antes de ir para o recreo, cantámoslle e celebramos o cumpreanos de Mateo e Pablo!! Grazas polas vosas bolsiñas tan ricas!!!
Tamén tivemos o sorteo das mochilas viaxeiras. Esta vez saeron dúas mochilas para 2º!! Unha tocoulle a Sofía Iglesias e outra a Hugo!!
Nos últimos minutos da mañá, fomos a charca a cantar "O galo canta".
Estación 1: Deseñamos un colgador para a porta do noso cuarto.
Estación 2: Kappla.
Estación 3: Xogo con gomas do pelo.
Estación 4: Robótica.
Celebración cumple Mateo e Pablo
Sorteo da mochila
XOVES 25 DE XANEIRO
Enigma de ciencia. Hoxe titulábase "A enferma imaxinaria" e ía sobre unha nena que para non facer un exame quixo enganar a súa nai facéndose a enferma. Cando chegou ao médico botou o seu alento no termómetro antes de que éste mirara a temperatura. Sen embargo, o médico dixo que a nena non tiña febre, que estaba ben. Por que? Logo de varias hipóteses, lemos a resposta científica. Resulta que a temperatura do noso alento é a mesma que a que temos no corpo, polo que o termómetro marcaría a mesma temperatura que se o puxera na axila.
As rutinas foron levadas a cabo por Diana, quen nos dixo a data e calculou a diferenza de temperatura. Xuntos repasamos os días da semana, meses, series de numeración habituais, muro do 5 e do 10 e abecedario.
Escribimos tres frases no caderno co "binomio fantástico". Ao azar, ían saíndo dúas palabras con ce ou ci e tiñamos que inventar unha frase con elas. Recordamos a norma ortográfica de que ce ci nunca vai con z.
Circuito matemático. Xa que onte non poidemos levalo a cabo, hoxe na segunda sesión pasamos polas catro estacións programadas (esta vez máis sinxelas ao non ter o apoio da profe Rosana):
Estación 1: Xogos de lóxica e viso-espaciais. Cada un escollía o que máis lle gustaba e intentaba realizar algún dos retos propostos no libro do xogo.
Estación 2: Xeometría. Xogamos cos tangram, pentaminós, ovo máxico ou hexamantes (xogos similares ao tangram pero con outras figuras) para intentar representar unha figura escollida.
Estación 3: Xogos viso-espaciais e atención. Escollemos un laberinto, buscar diferenzas... e o realizamos co rotulador.
Estación 4: Concepto de multiplicación. Montamos unha multiplicación que sae ao azar, na táboa Montessori, en caixóns, filas con landras e regletas. Calculamos o resultado.
Logo de educación física e do recreo, escribimos na axenda algo que fixeramos nalgunha clase. Lemos individualmente e en silencio. Logo fixemos unha sesión de Filosofía para nenas e nenos. Para esta sesión comezamos un novo libro titulado "Sapo y Sepo son amigo" de Arnold Lobel. A partir da lectura do capítulo "A primavera" fomos pensando e compartindo respostas sobre o tema "A amistade". Como é Sepo? Como é Sapo? Importa que sexan tan diferentes para que poidan ser amigos? Que é ser amigo?
Na última sesión rematamos o contexto actual.
MÉRCORES 24 DE XANEIRO
Pregunta científica: "Por que os primeiros humanos pintaban nas paredes das covas?". De forma voluntaria fomos compartindo diferentes hipóteses e, unha vez finalizadas todas as intervencións, lemos a resposta científica.
Hoxe o cole tivo unha visita á biblioteca dun grupo de profesorado de Asturias. Por ese motivo continuou a profe Albina cunha serie de problemas de Quinzet. 5 problemas variados que fomos resolvendo individualmente e foron corrixidos en grupo.
Coa profe Rosana traballouse a táboa de multiplicar do 5, montando con regletas a mesma e resolvendo multiplicacións nunha ficha.
Logo de inglés e do recreo, escribimos na axenda algo que aprenderamos hoxe e tivemos uns minutos de descanso. Logo realizamos lectura en pantalla, lendo a revista "Copos de nieve". Mentras, en parella ou individualmente, algúns alumnos leron coa profe Rosana na zona das follas.
Na última sesión tivemos contextos educativos de aprendizaxe.
MARTES 23 DE XANEIRO
No Paseniño houbo sorpresa. Chegou unha caixa de Legos para a clase!!!
Escoitamos o recitado de varios poemas de Antonio García Teijeiro.
Levamos a cabo as rutinas, guiadas por Sofía Varela, quen nos dixo a data e calculou a diferenza de temperaturas. Continuamos co repaso dos días da semana, meses, series de numeración varias, táboa do 0 e abecedario.
A necesidade básica traballada hoxe en círculo foi a necesidade de comprensión, de empatía. Recordamos o significado de empatía (poñerse no lugar dos demais) e buscamos situacións onde nós foramos empáticos con alguén ou que agradecemos que alguén fora empático con nós. Démonos de conta de que no día a día somos empáticos moooitas veces.
Xa na nosa cadeira, ilustramos un poema que leu a profe.
Logo de relixión/proxecto, educación física e do recreo, escribimos na axenda o que fixemos no recreo, rematamos a nosa ilustración do poema, rematamos a tarefa do club sobre a mochila dos minimortos, fixemos unha lectura comprensiva de verdadeiro ou falso e, nalgúns casos, aínda deu tempo de descansar con propostas varias.
LUNS 22 DE XANEIRO
Escoitamos a lectura dalgúns relatos de "Minimalario": unha pulga que vivía na cabeza dun can, un leopardo que quedou sen almorzo, unha abella que sorbeu o néctar da flor dun pallaso...
Repartimos os encargos da semana e Tomás guiou as rutinas habituais, escribindo a data, calculando a diferenza de temperaturas e repasando con tod@s os días da semana, meses, números para atrás dende o 20, muro do 5, muro do 10, números de 2 en 2, sumas dobles, táboa do 2, números de 5 en 5, de 10 en 10, de 100 en 100 e abecedario.
Nesta primeira sesión de luns, como xa é costume, tivemos un tempo reservado para compartir as "noticias" do fin de semana. De xeito voluntario contamos aquelo que foi máis significativo para cada un de nós durante este tempo de descanso.
Na segunda sesión tivemos traballo individual e silencioso. Concentrados, realizamos a copia dun poema preocupándonos especialmente en mellorar a letra. Tamén realizamos cálculo variado (restas, sumas, multiplicacións).
Logo de inglés e do recreo escribimos na axenda e tivemos club de lectura. Avanzamos dúas páxinas na lectura dos "Minimortos" e continuamos cunha proposta creativa. Os protagonistas do libro teñen que comezar a ir á escola, polo que necesitan unha mochila. No caderno do club de lectura deseñamos a mochila que lle gustaría levar a un dos protagonistas e escribimos que lle meteríamos dentro da mesma.
Na última sesión acudimos ao noso contexto (esta semana seguimos no mesmo que a semana pasada).
VENRES 19 DE XANEIRO
Escoitamos a lectura do conto "El conocimiento más valioso" buscamos respostas á pregunta coa que remataba o mesmo: Que é realmente necesario para a nosa vida? Para o sabio do conto o máis importante que deberiamos saber e coñecer é a distinguir o necesario do que non o é.
Continuamos con intercambio de libros en biblio. Devolvemos os libros que tiñamos na casa e realizamos préstamo.
Organizamos as demais sesións en biblio en tres estacións (completando todas elas):
Estación 1: Xogo de mesa coa profe Rosana. Esta vez o xogo escollido foi o Split, un xogo de categorización, expresión oral e lóxica. Aprendemos a xogar e disfrutamos de varias partidas.
Estación 2: Poesía en radio. En grupos de 2 ou 3 persoas, preparamos a lectura compartida dalgúns dos poemas do libro "Bicos e non balas" de Antonio García Teijeiro. Gravamos en radio.
Estación 3: Uso libre da biblio.
Na última sesión da mañá, escribimos na axenda e tivemos tempo de descanso na clase (xogos de mesa, Legos, papiroflexia, escritura, lectura, debuxos, etc.).
XOVES 18 DE XANEIRO
Escoitamos a lectura da profe do enigma de ciencia titulado "Un roubo frustrado". Observamos tamén as imaxes na pantalla do que ía acontecendo no enigma. No plan dun roubo, un dos ladróns tiña que seguir unha flecha, pero cando chegou veuna do revés e se perdeu... Por que? Logo de escoitar as diferentes hipóteses descubrimos a explicación científica do que pasara. A luz, moitas veces crea ilusións ópticas, e neste caso había auga diante da frecha, o que fixo que o ladrón vira a flecha ao revés. Comprobámolo cun recipiente con auga e unha flecha detrás.
As rutinas foron levadas a cabo por Sofía Iglesias. Repasamos secuencias temporais, series numéricas e abecedario, parándonos especialmente nos números de 2 en 2 e agregando ás rutinas a táboa de multiplicar do 2.
Realizamos un círculo proactivo para falar da necesidade básica de "Escoita", necesitamos sentirnos escoitados. Compartimos momentos comúns onde nos amola que non nos escoiten con atención: cando os adultos están co teléfono, cando se paran a falar moito tempo cun amigo/a na rúa, cando atenden a irmáns máis pequenos, cando están escoitando as noticias...
Na segunda sesión da mañá multiplicamos x 2. Realizamos unha ficha individual con multiplicacións por 2, dándonos conta de que na multiplicación podemos aplicar a propiedade conmutativa, dándolle a volta a multiplicación según nos conveña. É máis doado calcular un 10 repetido 2 veces (10 x 2) que un 2 repetido 10 veces (2 x 10), pero o resultado vai ser o mesmo.
Logo de educación física e do recreo, escribimos na axenda algo que fixeramos na clase. Tivemos un tempo para a lectura individual e silenciosa. Logo comezamos a lectura da revista "Copos de nieve" na pantalla, enterándonos de moitas curiosidades. Ao rematar, intentamos facer unha folerpa, doblando un folio pola metade para que así nos quedara simétrica.
Na última sesión acudimos ao noso contexto.
MÉRCORES 17 DE XANEIRO.
Obradoiro de cerámica.
Lectura científica. A pregunta de hoxe foi "Que é o Big Bang?". Fixemos varios supostos e logo lemos a resposta científica. Perdémonos no tempo ao coñecer cantas cousas foron pasando hai millóns de anos ata que apareceron os planetas!
Continuamos cunha escrita colectiva dunha pequena historia.
A maioría da clase (tivemos que dividirnos e ir por turnos) acudimos ao Obradoiro de cerámica. Alberto, un oleiro, explicounos a súa profesión e os pasos para facer tazas, vasos, pratos... Cada un de nós fixo unha taza. Algúns tamén tiveron a sorte (foi por sorteo, pois non daba tempo a que foran tod@s) de poder realizar xunto con Alberto un prato ou cunca no torno. Neste caso tamén o pintaron.
Os nen@s que quedaron en clase neste tempo fixeron unha ficha coa táboa de multiplicar do número 2.
Logo de inglés e dun recreo en aula (polo mal tempo), rematamos a escritura colectiva, escribimos na axenda algo que aprendemos no día e tivemos un tempiño de descanso.
En contextos fomos avanzando coas distintas temáticas.
MARTES 16 DE XANEIRO
Lectura de poesía. Comezamos o libro "Unha chea de aloumiños" de Antonio García Teijeiro. Escoitamos a lectura de poemas curtiños (4 versos) pero intensos. Gustáronnos moito!
Continuamos coas rutinas habituais, guiadas esta vez por Mateo Fernández. Escribimos data, calculamos a diferenza de temperaturas e repasamos series temporais e numéricas.
Rematamos o círculo proactivo do día anterior, contando situacións onde nos dera un ataque de risa.
Realizamos cinco problemas da serie Quinzet no noso caderno de matemáticas.
Logo de proxecto/relixión, inglés e do recreo, escribimos na axenda o que fixemos no recreo. Logo lemos en parella e por último fixemos unha lectura comprensiva individual.
LUNS 15 DE XANEIRO
Escoitamos a lectura de "Minimalario". Hoxe foron os relatos dun hipopótamo moi gordo, dunha babosa que quería ser caracol, dun calamar moi alegre, dun tiburón...
Continuamos coas rutinas, que foron guiadas por Leire. Escribimos a data, calculamos a diferenza de temperatura interior con respecto á exterior, repasamos os días da semana, meses, series de numeración, muro do 5 e do 10 e abecedario.
Tivemos tempo para contar as noticias de forma voluntaria sobre algo que queriamos compartir deste fin de semana.
Na segunda sesión fixemos cálculo en mates, con sumas do tipo 38 + 7, calculando cando vai dun número a outro (do 7 ao 15, por exemplo) e restas subindo. Tamén escribimos algunhas frases dadas as imaxes.
Logo de inglés e do recreo escribimos na axenda o que máis nos gustou do día, tivemos 10 minutos de descanso e finalmente o club de lectura. Fomos á zona das follas e alí lemos entre tod@s 3 novas páxinas do libro dos "Minimortos". Nesa lectura @s protagonistas do libro rían a gargalladas. Ao rematar, contamos algún momento da nosa vida onde nos dera un ataque de risa. Como non nos deu tempo a falar a todos, continuaremos mañá na asemblea.
Na última sesión comezamos un novo contexto. O grupo que está coa profe Laura traballará e aprenderá sobre as máquinas. O grupo que está co profe Diego fará programas de radio sobre o coidado da natureza e o planeta. O grupo que está coa profe Magoia realizará o proxecto de artesanía que escolla en relación ao PDI deste curso da escola.
VENRES 12 DE XANEIRO
Escoitamos a lectura da profe do conto titulado "Os tres desexos" e entre tod@s buscamos a moralexa. Falamos de que telo todo sería aburrido porque xa nada sería especial... e da importancia de valorar a vida, a saúde, a familia, os amigos...
Leire comentou o acordado onte na Xunta de Delegad@s e dixo que era importante que neste fin de semana comentaramos coas nosas familias que ideas tiñan para mellorar o patio das columnas e despois transmitilas en asemblea.
Fomos á biblioteca e fixemos a devolución e préstamo de libros para casa.
A partir da segunda hora (salvo en música e recreo) fixemos estacións en biblio, con estas tres propostas:
Estación 1: Escrita creativa (coa profe Magoia). Escribimos nunha proposta do Hematocrítico onde tiñamos que pensar que agasallo lle traerían os Rei Magos a diferentes personaxes que estaban debuxados.
Estación 2: Lectura comprensiva (autónomamente). Un texto longo onde tiñamos que ir extraendo a información para debuxar os datos que ían aparecendo. Ao rematar este reto había tempo libre en biblio.
Estación 3: Xogo de mesa (coa profe Rosana). Xogamos a "Código secreto", onde eramos ladróns e tiñamos que conseguir roubar nun museo sabendo descifrar todos os códigos, mediante todo tipo de operacións que combinamos nas tiradas de dados.
A mochila viaxeira tocoulle a Mateo Piñeiro!!
No regreso á aula, na última hora, fixemos a axenda e logo tivemos tempo libre.
XOVES 11 DE XANEIRO
Comezamos escoitando a lectura e resolvendo un enigma de ciencia. Esta vez poidemos ver as pistas e datos proxectados na pantalla. En resumo..., o protagonista saeu dar un paseo unha mañá de finais de outubro ás 07:45 da casa e cando chegou o reloxo marcaba a mesma hora. Que sucedeu? Houbo varias hipóteses e entre todos chegamos á solución. Coincidiu que saeu de paseo o día que cambia a hora, e cando volveu do paseo a súa muller xa cambiara a hora do reloxo (1 hora menos).
Rutinas, esta vez guiadas por Ruy. Escribimos a data e repasamos as series temporais e numéricas habituais.
En matemáticas fixemos unha ficha moi completa de cálculo: restas subindo, restas con cálculo mental, pequenas multiplicacións axudándonos das regletas e sumas. Para resolver todo isto, utilizamos a estratexia de traballo cooperativo chamada "lapis ao centro", onde por quendas, cada un do equipo vai resolvendo cada unha das operacións e explicándolle aos demais.
Logo de educación física e do recreo, escribimos na axenda algo que fixeramos nunha das clases. Logo tivemos lectura en pantalla por quendas, rematando a interesante revista científica sobre as bolboretas. Enlazando con esta lectura realizamos no caderno un deseño de camuflaxe na natureza, tiñamos que debuxarnos a nós mesmos camuflados nalgún lugar natural.
Realizamos tamén unha sopa de letras con palabras con "gue, gui", para recordar esta norma ortográfica de que cando soa suave a g e vai seguida de e e i ten que levar a u no medio (ultimamente cadraron bastantes erros nos textos relacionados con esta norma).
Por último tivemos un tempiño libre onde poidemos escribir notiñas, debuxar, facer papiroflexia, ler...
MÉRCORES 10 DE XANEIRO
Lectura científica na zona de asemblea. Hoxe a pregunta foi: Por que as follas son verdes? Esta vez non houbo moitas hipóteses, a pregunta era difícil... Lemos a resposta dos científicos que falaban dun pigmento chamado clorofila que era necesario para a fotosíntese das plantas. Tamén quixemos saber máis sobre plantas carnívoras e como comían as súas présas... Aprendemos outra curiosidade sobre o tronco do eucalipto arco da vella (que está nunha das illas de Filipinas).
Continuamos cunha actividade de escrita colectiva que nos levou sesión e media (pero penso que pagou a pena). Entre todos fomos redactando unha historia apoiándonos de imaxes (para axudarnos a planificar), contando as palabras de cada unha das frases que creábamos e escribindo correctamente no caderno de expresión escrita.
Logo de inglés e do recreo, escribimos na axenda e continuamos cunha sopa de letras e tamén a copia dunhas frases co obxectivo de perfeccionar a letra.
No último tramo da mañá fixemos o circuito matemático con estas catro estacións:
Estación 1: Cálculo de área e perímetro en papel de cadros de 1 cm2. Diferenza entre área e perímetro e, coa axuda das regletas, cálculo das diferentes áreas.
Estación 2: Lóxica. Clasificamos bloques lóxicos nun diagrama de Venn con dous atributos negativos.
Estación 3: Numeración. Montamos números con perlas Montessori, regletas e tarxetas Montessori.
Estación 4: Concepto de multiplicación. Collemos unha peza lego e observamos (fixándonos nos puntiños) que multiplicación se forma nela. Montamos esa mesma multiplicación na táboa de multiplicación Montessori, con pedriñas colocadas en filas, colocando "diamantes" en caixóns.
Estación 1: Áreas e perímetros con papel cuadriculado
Estación 2: Lóxica (diagrama de Venn)
Estación 3: Numeración
Estación 4: Concepto de multiplicación (un número repetido "tantas" veces).
MARTES 9 DE XANEIRO
Escoitamos a lectura da profe de dous poemas do libro "Animalario para ler a diario": "O corvo agoreiro" e "A bolboreta".
As rutinas foron guiadas por Hugo, quen nos dixo a data e axudou a repasar os días da semana, meses, series de numeración e abecedario.
Fixemos no caderno de matemáticas 5 problemas da serie Quinzet. Corriximos entre tod@s.
Rematamos a ficha de mates de onte ou iniciamos unha nova de ampliación con cálculo mental, problemas, etc.
Logo de relixión/proxecto, educación física e o recreo, escribimos na axenda o que fixemos no recreo. Logo lemos un tempo en parella e fixemos unha lectura individual de planos. Esta vez non se trataba de ler letras e palabras senón de ler planos e interpretalos. Pareceunos bastante difícil ao principio pero pouco a pouco fomos familiarizándonos con eles.
Quen foi rematando a lectura dos planos tivo un tempiño de descanso para debuxar, facer papiroflexia, escribir notiñas, ler...
LUNS 8 DE XANEIRO
Escoitamos a lectura da profe de varios capítulos do libro Minimalario. Un saltamontes que saltaba con pértiga, unha anguía...
Tivemos moito tempo para as noticias do Nadal. Que foi o que máis nos gustou facer estas vacacións? Cada quen compartiu os mellores momentos deste tempo de familia e descanso.
En matemáticas fixemos series numéricas e sacos de Paco.
Logo de inglés e do recreo escribimos na axenda e fixemos club de lectura. Lemos catro novas páxinas do libro de "minimortos" en gran grupo. Un pequeno grupo fixo un "miniclub" coa profe Rosana na zona das follas.
Ao rematar a lectura tivemos unha proposta creativa sobre o lido. Se tiveramos un museo, de que o faríamos? Deseñamos a porta do noso museo e escribimos un listado do que meteriamos dentro do mesmo.
Por último tivemos un tempo de descanso en aula onde podiamos debuxar, facer mandalas, papiroflexia, escribir notiñas, xogar, ler...