Novembro 2
XOVES 30 DE NOVEMBRO
Enigmas de medo. Cambiamos as adiviñas dos xoves por enigmas. Hoxe comenzamos cun novo libro e tivemos que resolver un enigma sobre Frankeinstein. Este personaxe de ficción vivía nunha cova e cada día o fillo do fareiro ía á cova a xogar, pensando que estaba abandonada. Un día deuse de conta de que alí habitaba alguén... Por que chegou a esta conclusión?
Rutinas. Foron compartidas entre Ruy e Olivia. Escribimos a data e repasamos os días da semana, meses, series de numeración, muros e abecedario.
Olivia leunos o conto "A mosca chosca" e escoitámolo con moita atención. Ao rematar valoramos a velocidade lectora, entonación, parada nos puntos... Logo amosounos un debuxo feito por ela sobre o conto.
Ruy leu o conto "A que sabe a lúa" e tamén lle prestamos moita atención a súa lectura. Ademais, algúns compañeiros foron participando pegando a cada animal no póster adxunto ao conto. Ao rematar tamén fixemos a valoración personal da súa lectura.
Continuamos facendo matemáticas de forma individual. Rematamos a ficha de onte ou algunha atrasada de cálculo.
Logo de educación física e do recreo fixemos o club de lectura. Lemos cada un ata un punto das dúas primeiras páxinas do libro dos "Minimortos" de Ledicia Costas.
Na axenda escribimos algo que fixeramos nunha das clases da mañá.
Na libreta do club de lectura inventamos un nome para a muller descoñecida que aparecera no mundo dos mortos. Tamén creamos unha historia de como apareceu alí e que lle gustaba facer. Debuxámola. Non deu tempo a rematar esta actividade, polo que a remataremos mañá.
No último tramo da mañá acudimos ao noso contexto.
MÉRCORES 29 DE NOVEMBRO
Lectura científica. As preguntas de hoxe foron: "Por que a auga das bágoas é salgada?" e Por que parpadeamos?". Logo de escoitar moitas hipóteses coa resposta a estas preguntas, lemos o que nos contan os científicos (en imaxes máis abaixo). Tamén descubrimos que os bebés parpadean moi pouco, tan só 2 veces por minuto!!
Virgi realizou a súa exposición oral sobre a súa viaxe favorita. Gustaríalle facer un cruceiro polo Mediterráneo, partindo de Barcelona e parando en diferentes lugares. Acompañou as súas explicacións de fotos proxectadas na pantalla. Ao rematar fixemos a valoración personal.
Continuamos cunha ficha de cálculo de matemáticas. Esta vez tiñamos que continuar series de números (de 2 en 2, 5 en 5, 10 en 10, 3 en 3... partindo dun número), sumas de centenas completas e Sacos de Paco (sumas buscando parellas que dean 100). Mañá continuaremos porque a case ninguén lle deu tempo de rematar.
Circuito matemático con 4 estacións:
Xeometría. Cálculo de áreas montando rectángulos coas regletas. Escollemos regletas da mesma cor, montamos cadrado ou rectángulo e calculamos a área en cm2.
Sacos de Paco. Colocamos deces dentro do saco, buscamos parellas que sumen 100 e calculamos o total.
Lóxica. Nesta estación, a profe Rosana propoñía un reto de lóxica diferente para cada grupo, utilizando como materiais os bloques lóxicos e as tarxetas de atributos.
Iniciación á multiplicación. Nesta estación aproveitamos para comezar a familiarizarnos co concepto de multiplicación, é dicir, que quere dicir multiplicar, para que serve e como se calcula. Lemos as multiplicacións, por exemplo, así: 4 x 3 , o catro repetido 3 veces. Logo montamos o que nos di esta operación, un 4 repetido 3 veces: con regletas iguais, na táboa da multiplicación de Montessori, metendo "diamantes" en caixonciños, colocando en ringleiras pedriñas... Contamos a cantidade que temos en total, e xa temos o resultado!
Logo de inglés e do recreo fixemos a axenda (onde hoxe tiñamos que escribir algo que aprenderamos) e tivemos uns minutiños de descanso.
Logo rematamos as dúas estacións que nos quedaban por facer do circuito matemático.
En contextos continuamos coas nosas diversas tarefas.
Estación 1. Xeometría. Calculamos áreas.
Estación 2. Cálculo mental. Sacos de Paco con deces.
Estación 3. Lóxica. Reto de lóxica proposto pola profe Rosana.
Estación 4. Concepto de multiplicación. (Número repetido tantas veces)
Contextos
MARTES 28 DE NOVEMBRO
Lectura de varios poemas do libro "Animalario para ler a diario". O que máis nos gustou foi o titulado: "A bosta de vaca tamén chamada caca".
Continuamos coas rutinas, que guiou Leire. Escribimos a data e repasamos días da semana, meses, series varias de numeración e abecedario.
Escoitamos con moita atención a exposición oral sobre a viaxe favorita de Leire. Gustaríalle viaxar a Tenerife. Foi explicándonos todos os puntos do guión ilustrados con diapositivas proxectadas na pantalla. Ao rematar fixemos a nosa valoración personal.
Realizamos 5 problemas da serie Quinzet antes das clases de relixión/valores e educación física.
Logo do recreo escribimos na axenda o que fixemos durante o recreo (imos repartir por días o que escribimos na axenda para que non se faga tan repetitivo. Está concretado no apartado de horarios desta bitácora). Lemos e nos relaxamos escribindo ou debuxando felicitacións de Nadal. Fomos un a un lendo na mesa da profe un mesmo texto (quedaron só uns pouquiños nenos pendentes para outro día).
Tivemos o segundo día no contexto actual (coa profe Laura experimentos de auga, coa profe Magoia mini proxecto sobre as telleiras, co profe Diego un programa de radio sobre os sentidos).
LUNS 27 DE NOVEMBRO
Escoitamos a lectura de varios relatos do disparatado libro de "Minimalario". Un sobre un lobo moi vello, outro sobre unha avestruz que se escondía dos seus problemas, o dunha mofeta, dun orangután...
Reparto semanal de encargos da clase.
Rutinas do encargado, levadas a cabo por Adam. Repaso de días da semana, meses, números para atrás dende o 20, muro do 5, muro do 10, números de 2 en 2, de 5 en 5, de 10 en 10 ata o 200, de 10 en 10 partindo dun 4, de 100 en 100, e abecedario.
Tivemos un tempo para compartir noticias deste fin de semana. Respectando moi ben as quendas de palabra, fomos escoitando aos compañeiros e compañeiras que quixeron compartir algunha novidade.
Exposición oral de Adam, quen axudado dun guión e dunha selección de fotos en pantalla, contounos a súa viaxe a Dubai! Escoitamos con atención e ao rematar realizamos a valoración personal da exposición.
Na seguinte sesión realizamos cálculo (restas subindo, sumas de decenas...) e problemas (de restas subindo).
Logo de inglés e do recreo escribimos unha frase na axenda e lemos individualmente.
A tarefa posterior foi escribir frases dadas unhas imaxes, preocupándonos de separar as palabras axeitadamente e de facer boa letra.
Na última hora comezamos un novo contexto.
VENRES 24 DE NOVEMBRO
Lectura por parte da profe Laura, do primeiro conto do libro "Cuentos para niñas y niños felices". Moralexa buscada entre todos.
Ficha de lectura de instrucións e de cálculo mental con debuxos.
Exposición oral de Bernardo. Gustaríalle viaxar a Brasil! Explicounos como sería a viaxe soñada ao seu país apoiándose de fotos pegadas nunha cartulina. Ao rematar fixemos a nosa valoración personal.
Intercambio de libros na biblioteca.
Sorteo das mochilas viaxeiras.
Celebración do magosto.
Cantigas de peto.
XOVES 23 DE NOVEMBRO
Adiviñas. Hoxe foron bastante doadas e fomos contestando case todas "a coro". A máis difícil si que se nos atravesou un pouquiño e tardamos en acertala. Dicía: "Cando me sento me estiro, cando me levanto encollo, entro no lume e non me queimo, entro na auga e non me mollo".
Rutinas da encargada. Maia axudounos coa data, diferenza de temperatura e repasamos entre tod@s as rutinas habituais.
A exposición oral de Maia foi sobre Nova York. Acompañou de imaxes e vídeos proxectados na pantalla as súas detalladas explicacións sobre a súa viaxe favorita. Ao rematar mostrou unha maqueta da estátua da liberdade feita por ela, tamén levou un álbum de fotos e billetes de dólares americanos. Logo fixemos a nosa valoración personal da exposición.
Problemas da serie Quinzet. Realizamos 5 problemas que escoitamos dúas veces. Resolvemos e compartimos estratexias de cálculo na corrección.
Circuito matemático (percorremos 2 estacións de 4):
Estación 1: Xeoplanos. Construimos dados uns modelos.
Estación 2: Sacos de Paco. Buscamos os "policías" (parellas que suman 100) e o ladrón (o número que non ten parella). Sumamos o máis rápido posible.
Estación 3: Series con bloques lóxicos. Intentamos continuar a serie dunha forma lóxica. Explicamos o motivo polo que escollemos eses bloques.
Estación 4: Colares de contas. Buscamos o máis rápido posible o número de contas unha vez que tiramos o dado.
Logo de educación física e recreo, na hora de ler escribimos na axenda. Tamén tivemos un tempo de lectura individual.
Lemos unha revista en pantalla (quedáronnos unhas páxinas para outro día) titulada "Como las mariposas". Aprendemos moito sobre este animal e o que nos axuda aos humanos para aprender delas.
Rematamos o contexto actual.
MÉRCORES 22 DE NOVEMBRO
Lectura científica. Logo de facer varias hipóteses de por que os desertos son tan secos, lemos a explicación científica. Tamén varias curiosidades sobre os desertos, a Antártida e as temperaturas extremas...
A exposición oral de Tomás foi sobre a súa viaxe a Tenerife Sur. Tomás explicounos todos os puntos do guión e foi mostrando fotos nunha presentación proxectada na pantalla. Ao rematar fixemos a valoración personal.
Individualmente fomos rematando os nosos Minimortos e Minimortas que comezaramos onte no club de lectura.
Traballamos durante toda a mañá coa nova axenda. Escribimos datos, horario e o que máis nos gustou no día. Iremos cada día escribindo o que máis destacamos. Deixamos o circuito matemático para mañá.
Na última hora tivemos contextos.
MARTES 21 DE NOVEMBRO
Escoitamos a lectura da poesía "Refrán historia de un niños con suerte (mala)".
Continuamos coas rutinas, levadas a cabo por Sofía Iglesias. Escribimos a data e repasamos días da semana, meses, muros do 5 e do 10, series de numeración varias e abecedario.
Sofía tamén fixo a súa exposición oral, na que viaxamos a Madrid. A través dunha presentación con fotos e pequenos textos, foi falando con detalle dos diferentes puntos do guión. Ao rematar fixemos a valoración personal.
Ilustramos a poesía titulada "O caranguexo tatexo".
Logo de relixión/proxecto, educación física e o recreo, felicitamos a Lucca e compartimos a súa tarta de cumpreanos.
Na hora de lectura comezamos o libro do club "Os minimortos", de Ledicia Costas. Lemos a portada e a presentación dos personaxes. Como proposta de expresión escrita na libreta do club, inventamos o noso propio minimorto, poñéndolle un nome, facendo o seu debuxo, e escribindo de que morrera e o que máis lle gusta facer.
En contextos continuamos coas tarefas do noso grupo.
LUNS 20 DE NOVEMBRO
Escoitamos a lectura de varios relatos de Minimalario: un grilo que cantaba tan ben que o encerraron nunha gaiola, unha cigarra que aspiraba a cantar tan ben coma o grilo, un canguro que era un boxeador famoso...
As rutinas foron guiadas por Hugo. Escribimos a data, calculamos a diferenza de temperatura interior con respecto á exterior, días da semana, meses, series de numeración varias e abecedario.
Tempo para compartir as noticias do fin de semana.
Traballo individual que cada un organizou como quixo:
Numeración (anterior, posterior, ordenar de menor a maior...).
Sacos de Paco (buscamos parellas que dean cen e rodeamos ao "ladrón", escribimos resultado).
Copia de poesía con moi boa letra.
Trazamos triángulos facendo un bo uso da regra.
Na hora de lectura, logo dun tempo de lectura silenciosa rematamos as tarefas anteriores e os que acabaron todo tiveron tempo libre.
No contexto avanzamos coas nosas tarefas co mesmo profe que a semana pasada.
VENRES 17 DE NOVEMBRO
Lectura do conto do libro de Eloy Moreno titulado "El regalo". Moralexa buscada entre tod@s en asemblea.
Exposición oral de Nacho. Gustaríalle viaxar ao Mar do Caribe! Foi explicándonos os seus suxerentes plans con fotografías proxectadas na pantalla. Ao rematar fixemos a nosa valoración personal.
Plan de traballo en biblioteca (imaxe exposta máis abaixo).
Realizamos 3 estacións (incluso algún grupo 4). Seguimos intentando mellorar esta dinámica de venres que non sempre está resultando todo o proveitosa que nos gustaría. Organizamos dúas estacións máis autónomas e dúas con profes (Rosana e mais eu). O venres pasado este mesmo plan resultara moi ben, hoxe quizais faltou máis compromiso e responsabilidade por parte dalgún alumno. Na última hora, ao chegar á aula, tivemos unha asemblea para falar do ocurrido.
Na última sesión rematamos tarefas pendientes da semana.
XOVES 16 DE NOVEMBRO
Adiviñas. Hoxe sobre bichos e insectos. Fomos acertando todas con moita facilidade, axudándonos tamén das propias rimas das adiviñas.
Rutinas da encargada. Sofía Varela axudounos coa data, diferenza de temperatura, e entre todos fomos repasando os días da semana, meses, números para atrás dende o 20, muro do 5, muro do 10, números de 2 en 2, sumas dobles, números de 5 en 5, de 10 en 10 (ata o 200), de 100 en 100 e abecedario.
Escoitamos con moita atención a exposición oral de Sofía Varela sobre o lugar a onde lle gustaría viaxar. Nesta ocasión viaxamos a Sevilla! Acompañou os diferentes puntos do guión, de fotos nunha presentación en pantalla. Tamén nos ensinou un traxe típico de sevillana. Ao rematar fixemos a valoración personal entre tod@s.
Continuamos con expresión escrita colectiva. Quedáranos pendientes de rematar un conto de medo... e hoxe inventamos entre todos o final e escribímolo no noso caderno.
A sesión de cálculo de hoxe foi bastante complicada. Realizamos restas subindo coa axuda da plantilla que estamos utilizando ultimamente (para ir paso a paso) e sumas grandes que pasaban do 10 nas unidades, ou do 100 nas decenas... Fomos resolvendo todo con axuda, sabendo que este tipo de cálculos os seguiremos practicando durante todo o curso.
Logo de educación física e do recreo tivemos unha sesión de filosofía. Lemos o último capítulo de Pepe y Felisa titulado "As vacacións". Nel, Felisa está invitada á casa dos avós de Pepe a pasar o fin de semana. Felisa decide levarlle unhas sementes de flores como agasallo á avoa de Pepe. O plan de discusión xirou en torno aos agasallos. Por que cres que Felisa decidiu levarlle sementes á avoa de Pepe? Cando nos dan agasallos? Gústache máis que te dean un agasallo ou agasallar ti a alguén? Por que?
Logo do plan de discusión pensamos en que agasallos lle poderían gustar a diferentes familiares e amigos/as. Escribímolos. (Mañá remataremos)
No contexto continuamos con experimentos (coa profe Laura), mini proxecto sobre as telleiras (Magoia) e os sentidos (Diego).