Novembro 1
MÉRCORES 15 DE NOVEMBRO.
Cross en Montalvo.
A pregunta científica de hoxe foi: "Que son os buratos negros?". Logo de escoitar con atención as diferentes hipóteses (algunhas moi acertadas), lemos a resposta científica a esta pregunta (en imaxes máis abaixo).
Mateo Fernández fixo a súa exposición oral sobre o lugar a onde lle gustaría viaxar. Nesta ocasión viaxamos a Nova York. Presentounos os diferentes puntos do guión ilustrado con imaxes na pantalla sobre esta grande cidade. Ao rematar fixemos a valoración personal.
Circuito matemático dividido en catro estacións (esta vez deunos tempo a pasar por todas):
Estación 1: Xeoplanos con formas xeométricas. Construimos a figura ou debuxo que queiramos coa condición de que só podemos montar triángulos, rectángulos e cadrados.
Estación 2: Cálculo (restas subindo). Canto me falta para chegar ao 100? Partindo dun número imos chegando ata o 100 e apuntando os nosos movementos. Axudámonos da táboa do 100 e das regletas.
Estación 3: Lóxica. Diferentes retos con bloques lóxicos e atributos.
Estación 4: Numeración. Montamos números que pasan do 100 tirando os dados, con perlas Montessori, tarxetas Montessori e regletas.
Logo dun pouquiño de inglés, merendamos e marchamos cara Montalvo.
Quentamos un pouquiño antes de correr e animámonos a realizar este circuito. Todos chegaron á meta!! E incluso Virgi e Diana acadaron un diploma por chegar de séptimos!! Noraboa a tod@s!
Ao chegar á escola fixemos un recreo e descansamos un pouquiño na clase con lecturas, mandalas, notiñas... antes de marchar para casa.
Estación 1: xeoplanos.
Estación 2: cálculo. Restas subindo.
Estación 3: lóxica.
Estación 4: numeración.
MARTES 14 DE NOVEMBRO.
Saída a Pontevedra.
Nada máis chegar xa nos preparamos para coller o autobús cara Pontevedra.
O concerto de Odaiko foi de moita calidade e moi divertido. Estivemos moi atent@s e participativ@s sempre que nolo solicitaban. Había bastante ruido do público en xeral, pero desfrutamos moito do espectáculo!
Chegamos á escola xusto no recreo. Merendamos e alongamos un pouquiño este tramo de descanso tan necesario.
Na hora de ler rematamos a lectura na pantalla de "Conexión Macarrón" de Ledicia Costas. Remataba cunha frase que nos gustou moito... "A vida tamén é iso... Soñar e quererse moito. Ata as estrelas." Pensamos e escribimos un verso cada un que comezara desa maneira... "A vida tamén é iso...".
Na última hora comezamos un novo contexto!!
LUNS 13 DE NOVEMBRO
Escoitamos con atención os sorprendentes mini-relatos de "Minimalario". Hoxe os protagonistas foron un lirón que roncaba, un ourizo que xogaba só, un oso que andaba en motocicleta...
Continuamos coas rutinas, que foron levadas a cabo por Ruy. Repasamos días da semana, meses, series de números e muros.
No tempo de noticias mostramos aos compañeiras algunhas sorpresas e compartimos aquelo que máis ilusión nos fixo facer este fin de semana.
Adicámoslle tempo ás mates. Traballamos series de números diversas, cálculo de sumas coas pestanas que pasan do 10 nas unidades e restas subindo (pouco a pouco parando no 10).
Logo de inglés e do recreo lemos en parella durante 15 minutos.
Realizamos unha lectura comprensiva de instrucións bastante complicada, pero resolvemos moi ben. Tamén unha búsqueda de absurdos.
Na última hora, en vez de contextos (retrasaremos 2 días por unha cuestión loxística) fixemos unha manualidade relacionada co espazo.
VENRES 10 DE NOVEMBRO
Comezamos a mañá escoitando a lectura do conto "A verdade" de Eloy Moreno. Buscamos a moralexa do conto entre todos.
Escoitamos con atención a exposición oral de Enzo. Gustaríalle ir a Lisboa. Foi falando dos diferentes puntos do guión e ao rematar fixemos a valoración personal.
Tivemos tempo para a votación de delegado/a da clase. Finalmente a nosa delegada será Leire.
Tamén realizamos o sorteo para o Consello Escolar da Infancia. Formarán parte do mesmo Mateo Fernández e Olivia.
Logo fomos á biblioteca e traballamos por estacións.
Estación 1: Pequena investigación científica. Buscamos información sobre un planeta e recollemos as ideas principais.
Estación 2: Lectura comprensiva de instrucións e préstamo de libros para casa.
Estación 3: Xogo de mesa Imagine, un xogo de creatividade, expresión oral, categorización...
Estación 4: Uso libre da biblioteca.
A mochila viaxeira tocoulle a Bernardo!! E a de profes a Rosana!!
XOVES 9 DE NOVEMBRO
Adiviñas de plumas! Hoxe foron complicadas porque todas as adiviñas tiñan por resposta unha ave.
Presentación de candidaturas para ser delegado/a da clase, tamén de voluntarias/os para formar parte do Consello Escolar Infantil.
Rutinas do encargado. Hoxe foi Mateo Piñeiro quen nos dixo a data e axudou a calcular a diferenza de temperatura interior con respecto á exterior, días da semana, meses, números para atrás dende o 20, muro do 5, muro do 10, números de 2 en 2, de 5 en 5, de 10 en 10, de 100 en 100 e abecedario.
Mateo tamén realizou a exposición oral sobre a que lugar lle gustaría viaxar. Nesta ocasión falounos de "Castilla y León", axudándose da proxección en pantalla para ir falando de todos os puntos do guión. Ao rematar fixemos a nosa valoración personal.
A tarefa individual coa que seguimos a continuación foron problemas matemáticos diversos. Tiñamos que rodear e escribir os datos, realizar a operación correspondente e anotar o resultado. En xeral, resolvemos con bastante facilidade. Aquelas persoas que remataron pronto esta tarefa tiveron tempo de rematar tarefas atrasadas.
Logo de educación física e do recreo tivemos un tempo de lectura en parella. Logo comezamos unha nova dinámica de lectura: lectura colectiva en pantalla. Grazas á plataforma Elbe proporcionada por bibliotecas escolares de Galicia, temos acceso a libros dixitais. Lemos entre todos unha revista titulada "Veamos más estrellas", ofrecéndonos de forma voluntaria para ir lendo cada un dos apartados da revista. Grazas a esta lectura tamén aprendemos sobre a contaminación lumínica.
Hoxe rematamos o contexto actual! O vindeiro luns comezaremos unha nova temática co profe que nos toca.
MÉRCORES 8 DE NOVEMBRO
A pregunta científica de primeira hora da mañá foi: "Que é un asteroide?". Escoitamos as diferentes hipóteses e logo lemos varias respostas científicas sobre este tema. Descubrimos, entre outras cousas, que están feitos de roca e que hai un cinturón de asteroides moi cerca do Sol...
Noa realizou a súa exposición oral. Gustaríalle viaxar a Laponia. Proxectou na pantalla diferentes fotos que lle foron guiando nos distintos puntos do guión, dos que nos foi falando con detalle. Logo de rematar, fixemos a valoración personal.
O cálculo individual foron restas coa estratexia das pestanas e iniciación a restas subindo. Dun número a outro... canto me falta? (parando sempre no 10 para fomentar o cálculo mental).
O circuito matemático foi o mesmo que o de hai 2 semanas, dado que nos faltaban dúas estacións a cada grupo.
Estación 1: Cálculo dun número a outro (restas subindo) axudándonos de regletas e táboa do 100.
Estación 2: Xeoplanos. Construimos figuras dadas ou inventadas coas gomas dos xeoplanos.
Estación 3: Lóxica. Dados tres atributos (mesturados negativos e positivos) buscamos os bloques lóxicos que cumplan esas tres condicións.
Estación 4: Sacos de Paco con cartos. Agrupamos os billetes de 50 de 2 en 2 para formar 100 e contamos a cantidade de cartos que hai no saco. Apuntamos na pizarra e corriximos.
Logo de inglés e do recreo, na hora de ler realizamos unha lectura comprensiva de inferencias (debemos deducir a resposta porque non está escrita no texto) e escritura de frases dada unha imaxe.
Na última hora acudimos ao noso contexto a ultimar a tarefa que nos corresponde.
Estación 1. Cálculo. Canto me falta para chegar a...?
Estación 2. Xeoplanos.
Estación 3. Bloques lóxicos.
Estación 4. Sacos de Paco con cartos.
Expresión escrita. Alongamos frases.
Comprensión lectora inferencial.
MARTES 7 DE NOVEMBRO
Lectura por parte da profe do poema "Refrán-historia de un niño mimado". Tamén reflexionamos en asemblea sobre o refrán que remataba o poema: "A caballo regalado no le mires el diente".
Diana encargouse das rutinas, dicíndonos a data e calculando a diferenza de temperatura interior da exterior. Tamén repasamos os días da semana, meses, series de numeración e abecedario.
Logo Diana realizou a exposición oral sobre a que lugar lle gustaría viaxar. Nesta ocasión foi a Perlim. Escoitamos con atención e realizamos a nosa valoración personal.
Xa nos nosas mesas, ilustramos o poema "Caracol da leituga" e realizamos 5 problemas da serie Quinzet. O que máis se nos complicou foi: Teño 9 panos, cantos me faltan para ter unha ducia?
Logo de relixión/proxecto, educación física e o recreo estivemos 10 minutos lendo individualmente e logo tivemos club de lectura. Escoitamos con atención a lectura doutro anaco de "Conexión macarrón". Resulta que o señor Expósito, o fúnebre, escribiulles unha postal a Rino e Espe dende o espazo! Paramos a lectura e inventamos a posible postal debuxando e escribindo de forma individual.
Na última sesión acudimos ao noso contexto actual.
LUNS 6 DE NOVEMBRO
Lectura por parte da profe de varios relatos curtos do libro "Minimalario" de Pinto&Chinto. Un insecto palo ao que lle naceu unha folla, un insecto folla que xusto posou enriba dun insecto palo, un esquío ao que lle salvou unha noz, un crocodilo que sabía o que non quería ser de maior...
As rutinas da encargada foron levadas a cabo por Leire. Díxonos a data, calculamos a diferenza de temperatura interior con respecto á exterior, repasamos os días da semana, meses, series de numeración, muros e abecedario.
Cada quen compartiu as noticias do fin de semana, preocupándonos de mellorar na escoita dos demais sen interrupcións.
Na sesión de mates realizamos cálculo: sumas de máis de cen en vertical (sumando primeiro centos, logo deces e por último uns) e sumas mentais (de deces e dun número grande máis un pequeno).
Logo de inglés e do recreo, fomos á biblioteca a facer o intercambio de libros (o venres non foi posible pola celebración do Samaín). Tamén houbo unha mellora considerable na calma durante este tempo de devolución, préstamo e lectura na biblioteca.
No regreso á clase tivemos tempo de lectura ou actividade de escritura (a escoller, individual ou en parella).
En contextos continuamos co/a mesmo/a profe que a semana anterior.
VENRES 3 DE NOVEMBRO: Samaín.
Lectura por parte da profe María do conto "La impaciencia" de Eloy Moreno. Entre todos buscamos a moralexa do conto.
Exposición oral de Pablo. Gustaríalle viaxar a Barcelona! Valoración personal entre tod@s @s compañeir@s.
Traballo individual relacionado co Samaín: propostas diversas (simetrías, cálculo, escrita sobre os animais de medo...) onde cada quen se organizou para ir facendo pouco a pouco.
Conta-contos de medo de Brais das Hortas na biblioteca. Caghamos patatillas!!:-)
Logo do recreo, visita ás salas de medo da escola. Sala das cabazas, aula de medo, aula dos sons e aula dos conxuros. Coa nosa parella (de 1º ou de 2º) fomos realizando o percorrido... Unha boa parte da clase repetiu a ruta coa súa familia ou novamente cun amigo. Algúns nenos/as escolleron quedar na clase debuxando e montando un esqueleto de papel.
XOVES 2 DE NOVEMBRO
Adiviñas de metereoloxía. Escoitamos con atención as adiviñas que foi lendo a profe e pouco a pouco fomos resolvéndoas.
Rutinas da encargada. Hoxe foi Olivia quen nos dixo a data e axudou a repasar os días da semana, meses, muro do 5, muro do 10, series de números para atrás dende o 20, de 2 en 2, de 5 en 5, de 10 en 10, de 100 en 100 e abecedario.
Traballamos outra necesidade básica, neste caso a necesidade de coidado. Na maioría das intervencións realizadas no círuclo proactivo, compartimos situacións de enfermidade, caídas... momentos onde nos demos conta de que necesitabamos ser coidados e atendidos.
Repasamos a cantiga do Neno caníbal un par de veces.
No traballo individual organizámonos empezando pola proposta que quixemos de 3, para ter rematadas todas na hora de ler. Dentro das tarefas a realizar tiñamos restas (mentais e con pestanas), problemas e escritura (para reforzar a norma ce ci con c e para mellorar a letra minúscula).
Unha vez rematadas estas tarefas poidemos deseñar o noso paraugas e rematar as catrinas para o Samaín.
Logo do recreo tamén fixemos unha gravación da cantiga do Neno Caníbal xunto co alumnado de 1º de Primaria.
Na última hora continuamos coas nosas tarefas do contexto actual (relacionadas co corpo, sentidos ou emocións).