As fontes principais de información que temos sobre as Viae Romanae son:
Un rolo de pergameo de case sete metros do s. IV, que contén un mapa esquemático das viae: A Tabula Peutingeriana.
Un documento cunha listaxe das mesmas, tamén do s. IV: O Itinerario de Antonino.
E uns vasos do século I, os Vasos de Vicarello (ou Vasos Apolinares), que foron atopados no s. XIX e teñen gravados en varias columnas as pousadas que había dende Roma ata Gades (Cádiz).
A Tabula Peutingeriana (ou Táboa de Peutinger) é un un rolo de pergameo de case sete metros de longo que mostra a rede de calzadas do Imperio Romano cara ao século IV, dende Hispania ata Exipto e a India.
Crese que este podería ser unha copia dun mapa do Imperio do xeneral Agripa para o seu sogro, o emperador Augusto (s. I d.C.).
Dividido en 12 follas ou segmentos (ver imaxe superior), o primeiro, que correspondería á Península Ibérica e ao sur de Gran Bretaña, perdeuse, aínda que foi reconstruído en 1898 polo cartógrafo alemán Konrad Miller a partir de diversas fontes.
É un mapa esquemático que representa o mundo coñecido na época, 2000 anos antes daquelas primeiras guías que ata 1920 se regalaban nos talleres mecánicos aos condutores, e que incluían consellos prácticos para desmontar unha roda, sitios para repostar e algúns roteiros pintorescos con lugares onde comer ou aloxarse, estacións de servizos e mapas de estradas.
A copia máis antiga que se conserva do orixinal romano foi realizada por un monxe de Colmar (rexión de Alsacia, Francia), e consérvase na Biblioteca Nacional de Viena. Nela, as vías principais están debuxadas en cor vermella, con marcas que sinalan as xornadas de viaxe e as pousadas, termas e outros lugares onde os viaxeiros podían descansar.
Se entramos nesta páxina web podemos encontrar un mapa con todas as carreteiras que constan na tábula e ver animacións dende onde comeza e remata una ruta, entre outras cousas.
O Itinerario de Antonino é un libro cunha listaxe das vías, etapas e distancias. Foi redactado baixo o reinado do emperador Caracalla (III d. C.). Inspírase na Tabula Peutingeriana. Deste itinerario só se conserva a copia procedente da época de Diocleciano (século IV).
A pesar do seu nome, non parece que teña relación co emperador Antonino Pío, senón máis ben con Marco Aurelio Antonino, coñecido como Caracalla, que gobernou desde o 211 ata o 217, e en cuxos tempos se empezou a compilar o itinerario, que sufriu numerosas modificacións ao longo dos séculos III e IV.
O Itinerario Antonino só comprende os camiños que constaban no Rexistro do Pretor, ou, tal e como se diría hoxe, as estradas do Estado (Viae Publicae), faltando todos os camiños veciñais (Viae vicinales, viae privatae), dos que temos referencias por Plinio o Vello, Estrabón e outros escritores. Por iso o Itinerario non é unha recompilación completa das calzadas romanas, aínda que si comprende algunhas das principais.
Aquí tendes un exemplo do tipo de información que nos proporciona:
Alio itinere ab Emeritam Cesaragustam 369 > (Por) outro camiño, dende Mérida a Zaragoza, (unha distancia de) 369 (millas).
Os Vasos de Vicarello (ou vasos Apolinares), foron atopados no s. XIX, e teñen gravados en varias columnas as pousadas dende Roma ata Cádiz.
Son catro xerras de prata con forma de milario descubertas en 1.852 xunto ao lago de Bracciano, preto de Roma, que hoxe se exhiben no Museo Nacional Romano no Palacio Massimo.
Neles aparecen grabados os nomes das paradas entre Gades (Cádiz) e a capital romana, e as distancias entre as etapas.
Na base das xerras aparece a lonxitud total da ruta: 1.800 millas romanas (2.896,819 km), é dicir, máis de 40 días de viaxe.
Aínda que a súa finalidad sigue sendo un misterio, os historiadores inclínanse a pensar que se trata de algún tipo de souvenir, un recordo do viaxe que servía tanto para presumir dos lugares visitados como para brindar con viño.
As multas fai 2.800 anos eran moi distintas as de ahora. Nun papiro exipcio atopóuse que a pena imposta a un conductor baixo os efectos de alcohol, despois de ser acusado de chocar contra unha estatua e atropelar a unha nena, era ser colgado na porta da taberna onde se emborrachara, á espera de que animais carroñeiros se encargaran de facer desaparecer o seu corpo.
Aínda que a primera civilización na que o tráfico comenzou a ser un problema serio foi na do Imperio romano.
A cidade de Roma, unha das primeiras grandes urbes da historia, chegou a ter un millón de habitantes, polo que o César, que ostentaba o cargo de Curator Viarum (algo así como director das Grandes Estradas, un xefe da DGT pretérito), viuse obrigado a dictar a primeira restricción do tráfico.
Recollida na Lex Iulia Municipalis, esta norma estipulaba que só os carros que transportasen materiais de construción para os templos dos deuses ou para outras obras públicas podían transitar pola cidade en horas diurnas. Desta forma, prohibíase a circulación de vehículos privados, exceptuando os de xenerais victoriosos ou sacerdotes que participasen en actos de culto.
Sen ir moi lonxe, no Vaticano, no ano 1.300, o Papa decidiu dictar unha lei que hoxe en día segue existindo nalgúns países, a de que os vehículos circulasen pola esquerda, aínda que máis adiante, en tempos de Napoleón, este obligou os conductores a circular pola dereita. E como estas moitas máis.