A aparición do teatro ten lugar na segunda metade do s. III a.C., despois da conquista romana das colonias gregas da Magna Grecia. Á ampla e numerosa poboación, agora concentrada en grandes cidades, había que ofrecerlle novas actividades lúdicas, en xeral para maior gloria dos seus líderes e divindades.
Para iso edificáronse grandes construcións que podían albergar a numerosos espectadores. Ademais, o auxe crecente das artes, como o teatro, ou do "deporte", empezaron a necesitar edificios específicos para a súa práctica e explotación. Aparecen os teatros, os anfiteatros e os circos.
As normas referentes ao deseño arquitectónico de todos os elementos e as súas proporcións describiunas Vitrubio, arquitecto e enxeñeiro romano que viviu en época de Augusto, na súa gran obra "De architectura".
A orixe do teatro romano é grega, pero diferénzase deste porque ten unha planta semicircular, e non circular. A decoración de todo o conxunto é luxosa: mármores, columnas, inscricións... en especial na escena, onde se aplica todo o deseño de ordes dos arquitectos romanos.
Os primeiros teatros construíronse en madeira e adobe; estes eran derruídos despois de que o acontecemento para o cal foran construídos concluía. Unha lei impedía a construción de teatros permanentes, sen embargo, no 55 a. C. construíuse o Teatro de Pompeio, que incluía un templo para evitar a lei.
A estrutura dos teatros podía ter dúas formas de deseñarse: directamente ao chan ou con estructura de sustentación. Polo xeral situábanse en zonas axeitadas para que gran parte da grada se acomodase directamente sobre o chan, isto é, nas ladeiras de montañas ou outeiros. As partes que non se podían beneficiar desta situación estruturábanse con formigón romano e corredores abovedados. O normal é que a zona máis alta das gradas, a summa cavea, sempre se acomodase sobre unha estrutura artificial.
O teatro de Pérgamo (imaxe á dereita) é un exemplo de como os teatros se situaban normalmente nas ladeiras de montañas ou outeiros para que as gradas se acomodasen directamente sobre o chan.
Podemos dividir o teatro en varias partes:
Proscaenium: Espazo onde actuaban os actores, situado sobre o podium entre a orchestra e a scaenae frons.
Pulpitum: A parte máis próxima á orchestra, e en ocasións algo máis elevada. A súa superficie adoitaba estar cuberta de madeira. Baixo el sitúase o hiposcaenium, cámara oculta para mecanismos e decorados.
Scaenae frons: É o muro monumental que delimitaba o proscaenium na súa parte posterior e, sen dúbida, elemento máis espectacular da scaenae. Compoñíase dun ou varias ordes superpostos coas súas columnas e entablamentos, coroados por un tellado inclinado con dobre función: de protección e acústica. Nel abríanse tres portas, unha central ou valva regia (a porta real) e dúas laterales ou valva hospitalarium.
Postcaenium: É o conxunto de dependencias situadas detrás da scaenae frons, vestiarios, corredores, camerinos...
Parascaenium: Dependencias situadas aos lados da scaenae frons.
Porticus postscaenium: A fachada exterior da escena, con ordes de arcos cegos e en ocasións formando un patio posterior.
Orchestra: Espazo semicircular situado entre a scaenae e a cavea, fronte á escena no que se sentaban as autoridades, actuaba o coro nas traxedias e se alzaba un altar en honor a Dionisio.
Aditus: Corredores laterales de entrada á orchestra.
Cavea: Estrutura semicircular na que, segundo o rango social, situábanse os espectadores. Dividíase en:
Imma cavea: zona situada máis abaixo ( mais cerca do escenario) onde se sentaba a lat sociedade da épocae polo xeral homes
Media cavea: dedicada ao público en xeral e o normal e que só se admitisen homes
Summa cavea: situábase na parte superior do escenario e albergaba a mulleres e nenos. Divídese en sectores circulares (cunei).
Vomitoria: Entradas abovedadas polas que se accedía á cavea.
Nos teatros romanos as comedias e as traxedias eran os xéneros teatrais máis representados.
A comedia é unha das partes que compón o xénero dramático, e caracterízase porque os seus persoaxes protagonistas vense enfrontados ás dificultades da vida cotiá e afrontan as mesmas facendo rir ás persoas ou ao seu público, movidos polos seus propios defectos cara desenlaces felices onde se fai escarnio da debilidade humana.
A comedia orixínase no mundo grego, pasa a Roma e vaise desenvolvendo ao longo do medievo e da Idade Moderna ata os nosos días.
O gregos e os romanos utilizaron o termo para referirse a obras de teatro con desenlace feliz.
Personaxes
Os personaxes tipo utilizados na comedia latina de Plauto son:
Senex: “o ancián”. O seu retrato é o dun vello carroxento, avarento e crédulo. É burlado e estafado polo escravo. A máxima expresión grotesca do senex é o vello namorado, sobre o que caerán todas as burlas.
Adulescens: “o mozo namorado”. O seu amor por unha rapaza de boa familia ou, o que é máis frecuente, dunha cortesá ou escrava, é o feito que da pé a toda a acción, para acadar o seu obxectivo contará coa axuda dun fiel escravo ou un fiel amigo.
Servus: “o escravo”. É o auténtico protagonista das comedias plautinas. Engana a calquera co fin de axudar ó seu xove amo. É listo, mentireiro, irrespectuoso, sen escrúpulos; rise de todo o mundo, del mesmo e mesmo do seu amo.
Virgo, meretrix e puella: “as rapazas” que son obxeto da paixón amorosa. Se é unha moza libre non sairá nunca a escena, aínda que haxa referencias a elas. As mozas que saen a escea son meretrices ou fillas de pais descoñecidos.
Uxor: “a matrona”, sempre disposta a impoñer a súa vontade sobre a do seu marido, ten un tón colérico e malhumorado.
Anus: "a vella alcahueta", bébeda e amante do diñeiro. Ten plans para enriquecerse, pero acábanlle saíndo mal.
Miles: "o militar fachendoso e fanfarrón", que presume esaxeradamente das súas conquistas entre as mulleres e as súas fazañas na guerra (Plauto ten unha obra titulada precisamente Miles Gloriosus)
Autores e obras
Plauto (259/51?-184 a.C.) traballou frecuentemente sobre modelos cunha acción dramática moi simple que lle permitían esaxerar as situacións e acentuar os rasgos dos personaxes. Mesturaba personaxes e argumentos de obras gregas, nunha técnica coñecida como contaminatio. Obras más importantes: Amphitruo, Addictus, Asinaria, Aulularia, Bacchides, Captivi, Casina, Curculio, Epidicus, Menaechmi, Mercator, Miles Gloriosus, Mostellaria, Persa, Poenulus, Pseudolus, Rudens, Saturio, Stichus e Trinummus.
Terencio (190?- 159 a. C.), polo contrario, elixiu modelos de máis altas pretensións, non porque lle interesase a exposición dos problemas psicolóxicos e morais, senón porque estes modelos posibilitábanlle unha maior eficacia escénica. Obras máis importantes: Os irmáns ou Adelfos, O eunuco, Formión, a sogra e a Andriana.
A traxedia é un xénero teatral dramático cuxos personaxes protagonistas vense enfrontados de maneira misteriosa, invencible e inevitable contra o destino ou os deuses.
As traxedias acaban xeralmente na morte ou na destrución física, moral e económica o personaxe principal, quen é sacrificado a esa forza que se lle impón, e contra a cal se rebela con orgullo insolente. Tamén existen as traxedias de sublimación, nas que o personaxe principal é mostrado coma un heroe que desafía as adversidades coa forza das súas virtudes, gañándose desta maneira á admiración do espectador, como é o caso de Antígona de Sófocles.
A traxedia naceu como tal en Grecia coas obras de Tespis e Frínico. As traxedias clásicas caracterízanse, según Aristóteles, por xenerar unha catarse no espectador.
A primeira traxedia latina a compuxo Livio Andrónico e representouse na vella Roma.
A traxedia non contou co gusto do público romano, polo que foron pouco representadas. Houbo autores como Séneca (4 a. C. – 65 d. C.) que escribiron traxedias, pero só para a súa lectura, non para representación.
O teatro romano de Málaga construído no século I a.C. na cidade de Malaca, actual Málaga, promovida polo emperador Cesar Augusto.
O teatro mellor conservado de Hispania é o teatro romano construido entre os anos 16 e 15 a.C. na colonia Emerita Augusta, actual Mérida.
A sua creación foi promovida polo cónsul Marco Vipsanio. Tiña capacidade para uns 6.000 espectadores.
É un teatro de época romana, construido entre os anos 5 e 1 a. C. na cidade de Carthago Nova, actual Cartaxena. Tiña capacidade para uns 7000 espectadores, e estivo en uso ata o século III, a partir do cal superpuséronse varias edificacións.
Foi construido sobre o Cerro de San Antonio, ao este da que foi primeira cidade romana en Hispania, Itálica, situada no actual término municipal de Santiponce, Sevilla, e fundada no ano 206 a. C. O teatro foi construído no século I d.C e tiña capacidade para uns 3.000 espectadores
Construído no ano 50 a.C. sobre unha ladeira da cidade de Sagunt, foi obxecto dunha polémica reconstrución hai poucos anos. Mesmo se pedía que se revertesen as obras ao seu estado orixinal.
O Teatro Romano de Cádiz foi o segundo de maior tamaño de Occidente tras o de Pompeio en Roma, foi construído no século I antes de Cristo por encargo de Lucio Balbo o Menor, membro dunha rica familia gaditana e cuxo tío, Lucio Cornelio Balbo Maior, foi amigo de Pompeio e César.
Está situado en Córdoba, España. Ubicado dentro do recinto amurallado, podemos atopar os restos do mesmo baixo o actual Museo Arqueolóxico e Etnolóxico de Córdoba. Edifícase por orden do emperador Augusto, fóra do recinto amurallado, entre os anos 15 a.C. e 5 d.C.
O teatro de Tarraco construíuse en época de Augusto, cando a monumentalización da cidade precisou dun espazo para novos usos de ocio, espazo que non podía faltar sendo a capital da Hispania Citerior ou Tarraconensis.
O teatro romano de Caesaraugusta é un teatro da época romana construído na primeira mitade do século I d. C. en Caesar Augusta, actual Zaragoza, España. Tiña capacidade para uns seis mil espectadores e seguía o modelo do teatro de Marcelo de Roma.
Ao sur de Turquía, moi preto do Mar Mediterráneo, atópase Aspendos, o teatro Greco-Romano mellor conservado do mundo. Con capacidade de albergar ata 15.000 espectadores, foi construído no periodo de Marco Aurelio ao redor do ano 155 d.C polo arquitecto grego Zenón
Teatro romano de Orange | Imaxe de Wikipedia
O teatro romano de Orange construído baixo o reinado de Cesar Augusto no século I, é un dos teatros romanos mellor conservados do mundo. Aínda dispón do muro de escena. Tiña capacidade de entre 9000 e 10000 espectadores. Máis información aquí.
Teatro romano de Palmira | Imaxe de Alfredo Miguel Romero en Flickr.
É un teatro romano na antiga Palmira, no deserto de Siria. O teatro inconcluso remóntase á época do século II d.c. Os restos do teatro foron restaurados e serve actualmente como un espazo de representacións para o festival anual de Palmira.
O teatro romano de Bosra, Siria, foi construído no segundo cuarto do século II, e é o teatro máis grande e máis completo de todos os teatros romanos de Oriente Medio. Tiña unha capacidade para 15.000 espectadores.
Sabratha é unha antiga cidade situada a 40 kilómetros da capital de Libia, Trípoli. Foi fundada no siglo VII a.C polos fenicios de Tiro e converteuse nun importante lugar comercial. Primeiro foi controlada polos cartaxinenses debido á súa posición estratéxica e finalmente formou parte do Imperio Romano e foi un dos máis importantes postos comerciales de toda a rexión.
Hoxe, o seu antigo teatro é o que máis destaca do conxunto. Foi construído polos romanos fai 2.000 anos.
Este festival celébrase anualmente grazas a SEECGalicia (Sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos), que no ano 2001 encargouse de organizar este festival por primeira vez.
O lugar escollido para a sede dos festivais foi Lugo, que acolleu a idea dende o primeiro momento e contribuíu a subvencionar este festival, convertido hoxe en día no acontecemento que máis público escolar move en Galicia. Lugo, á cidade romana máis importante de Galicia, loitaba por poñer en valor o seu patrimonio arqueolóxico, tentando acadar para a súa muralla o recoñecemento de Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO. Ademais de na cidade de Lugo, tamén se celebra noutras cidades galegas importantes como Ourense, A Coruña, Tui ou Santiago de Compostela.
O obxectivo desta iniciativa é que os estudantes de ensino medio dos nosos centros tivesen a oportunidade de achegarse a estas obras que fan rir e chorar dende fai máis de 2.500 anos, un bo xeito de ensinar os valores das sociedades clásicas de maneira máis divertida.
Esta iniciativa xa estaba implantada noutras comunidades españolas dende fai tempo. Así pois, no ano 2003, as asociacións que organizan os festivais de Lugo, Tarragona, Zaragoza, Euskadi, Baleares, Sagunto, Clunia (Burgos), Mérida, Baelo Claudia (Cádiz) e Itálica (Sevilla) uníronse para sumar esforzos que permitan acadar os nosos obxectivos con máis eficacia.
A federación que leva o nome de Prósopon (máscara en grego), ademais de organizar os festivais, promove e promociona todo tipo de actividades encamiñadas á difusión e investigación do teatro clásico entre os máis novos.