Anfiteatro
O edificio do anfiteatro
Os anfiteatros posúen forma elíptica, con variación na proporción de ambos eixos segundo a súa capacidade, e cun espazo libre no centro, chamado arena, que se destina á acción.
Nos anfiteatros o público sitúase en toda a súa contorna e, rodeando a arena, os espectadores observan as loitas que se desenvolven no centro. Ademais, estes edificios non precisan unha boa acústica, por iso algúns poden alcanzar un gran tamaño e ter un gran aforo de espectadores. Sen embargo, nas poboacións de poucos habitantes, o seu aforo adoita ser máis reducido, en consonancia coa cantidade de público que asistía aos actos lúdicos.
A etimoloxía do nome anfiteatro provén do grego ἀμφί (amphi, “a ambos lados”) e θέατρον ("teatro"), "teatro que se pode ver por ambos lados, teatro dobre". Tense coñecemento dun dobre teatro formado por dous teatros alzados sobre pivotes que podían xirarse quedando espalda contra espalda para a representación de exhibicións diferentes ou cara a cara formando un anfiteatro.
Elementos das representacións
Os elementos principais empregados nas representacións eran:
Velarium
Era un tipo de toldo usado na época romana que cubría o graderío onde sentaba o público. Proporcionaba sombra e unha lixeira protección contra a chuvia, aínda que o principal uso do velarium ou velum era crear unha corrente ascendente de ventilación, conseguindo así unha boa circulación de aire e brisa fresca.
** Hoxe en día temos unha polémica aberta en Italia, sobre a conveniencia de cubrir ou non o anfiteatro de Verona cun toldo, que podes ler neste artigo de prensa.
Montacargas
O montacargas encontrábase debaixo da arena e, mediante un sistema de poleas e contrapesos accionados por tornos, levantaba as gaiolas con feras ou gladiadores.
As salas destinadas aos gladiadores e as gaiolas para as bestas salvaxes, estaban situadas por debaixo de o nivel da arena, e é lóxico que quixesen evitar a subida polas escaleiras aos gladiadores vestidos coa súa pesada armadura. Ademais, estes ascensores facilitaban considerablemente o traslado dos animais salvaxes á superficie.
No coliseo de Roma, rematado no ano 80 d.C., atopáronse doce eixes de carretillas elevadoras, cada un dos cales desembocaba nun estreito corredor que conducía ao resto das instalacións subterráneas. Na imaxe inferior podemos ver restaurado un destes antigos ascensores.
Vídeo de 3 minutos que fala do uso que se lles dá ás ascensores do Coliseo Romano.
Partes do anfiteatro
Os elementos principais que compoñen a estrutura dun anfiteatro son:
Arena
Espazo destinado á acción, que ocupa a parte central do edificio.
Porta Triumphalis (Porta Triunfal)
É a porta de entrada principal.
Porta Libitinaria (Porta dos mortos)
Era por onde se sacaba aos gladiadores mortos no espectáculo.
Podium (Podio)
Onde se situaban as autoridades.
Cavea (Graderío)
Onde se coloca o público. Divídese en:
Imma cavea (Graderío inferior)
Media cavea (Graderío medio)
Summa cavea (Graderío superior)
Vomitoria
Corredores exteriores por onde transitaba o público.
Nesta imaxe podemos observar como sacan a un gladiador morto pola porta Libitinaria.
Os gladiadores
As loitas de gladiadores
A orixe dos combates de gladiadores (gladiator, oris: "gladiador", da palabra latina gladius, i: "espada" + o sufixo de acción -tor, "o que manexa a espada") hai que buscala nos costumes funerarios dos etruscos, aproximadamente no século VI a.C., en cuxos monumentos aparecen representados. Se nos remontamos algo máis atrás no tempo, é probable que estas loitas estean relacionadas co vello costume dos pobos primitivos de facer loitar a morte aos prisioneiros de guerra, para honrar aos mortos propios co sangue derramado no chan.
Constituían unha parte dos xogos fúnebres dos etruscos e parecen referirse ao culto de Saturno, o cal indica que nun principio celebrábanse durante as Saturnales. Ditos combates introducíronse en Roma cara o século III a.C.
Como non sempre había prisioneiros que combateran mentras o cadáver se queimaba na pira, pois tal era o momento no que se producía o duelo gladiatorio, no que o sangue que se vertía era como un holocausto ofrecido ao defunto, non faltaban homes temerarios que se prestaban libremente a combater.
Relieve de gladiadores en el anfiteatro de Mérida, España. Wikipedia
Os lanistae
Como eran moitos os sistemas pensados para combater e variados os lances e sortes de cada combate, fixáronse regras para a arte do gladiador, cuxo ensino estaba encomendado aos lanistae, normalmente gladiadores veteráns, que contaban coas súas propias escolas de gladiadores. Estes alugaban ou vendían aos seus pupilos, de sorte que eran ao mesmo tempo adestradores e empresarios.
Outros lanistae reclutaban e mantiñan rapazes para combatir na arena, que logo alugaban para funerais, comidas e outras solemnidades. Non faltaron tampouco particulares opulentos que tiñan gladiadores propios, e os césares que, como é lóxico, posuían os mellores.
Aínda que non foron moi frecuentes hai documentados varios casos de mulleres gladiadoras (gladiatrices).
Segundo o historiador Suetonio o emperador romano Domiciano facía loitar a mulleres pola noite, loitas que serían prohibidas no ano 200 polo emperador Septimio Severo. A única imaxe que se conserva procede da cidade de Bodrum (Turquía), un relevo que hoxe en día se conserva no museo británico. Nel podemos ver o combate de dúas gladiatrices, Amazona e Anchilia.
Tipos de gladiadores
Samnita
Os samnitas tomaban o seu nome dun armamento especial tomado do pobo homónimo. Dicíase que os campanianos, despois da victoria alcanzada por o dictador Papirio Cursor sobre os samnitas no ano 44 de Roma, adoptaron para os seus gladiadores o equipo militar dos vencidos que se compoñía de un gran escudo oblongo, un casco con viseira, cresta e cimeira de plumas, unha ócrea na perna esquerda, unha especie de brazal de coiro o metal que cubría en parte o hombro no brazo dereito e unha espada curta. Foi o primeiro tipo de gladiador en aparecer.
Mirmillo
Os murmillos ou mirmillones distinguíanse polo seu casco de bordes amplios con unha alta cresta, que lles daba aspecto de peixe.
Levaban túnica curta, cinturón ancho, armadura na súa perna esquerda e no seu brazo dereito e o clásico escudo rectangular curvado do lexionario romano. A súa arma era a espada curta e recta do lexionario o gladius, de onde os gladiadores toman o seu nome.
Crese que o estilo da súa vestimenta e armas deriva dos guerreiros galos. En ocasións loitaban con armadura completa, convertíndose nun formidable opoñente.
Traex
Os gladiadores tracios contaban cun pequeno escudo rectangular, o "parmula", de aprox. 60 x 65 cm, e unha espada moi curta con folla lixeiramente curva ou sica, co obxeto de atacar a espalda desarmada do seu opoñente. A súa indumentaria incluía armadura en ambas pernas, necesarias dado o reducido do seu escudo, protector para o hombro e brazo da espada, túnica curta con cinturón ancho e casco e pluma lateral, viseira e cresta alta. Este tipo de gladiador está basado no guerreiro de Tracia, unha rexión ao norte de Grecia, como o seu propio nome indica.
Secutor
En tempo do Imperio romano estaban muy de moda os gladiadores chamados secutores que iban armados de casco, escudo e espada, derivación dos mirmillones e destinados para combater cos retiarii.
As súas armas eran iguais as dos mirmillones, con excepción do casco, que era completamente liso con pequenos buratos para os ollos, para evitar ser atrapados na rede dos reciarios.
Retiarius
Os retiarii combatían cos secutores e vestían túnica curta ou faldilla con cinturón e levaban o brazo esquerdo cuberto cunha manga, iban coa cabeza descuberta e armados de unha rede, un tridente (fuscina) e un puñal. A habilidade do reciario consistía en lanzar a rede para cubrir ao su opoñente pola cabeza, inmovilizalo e clavarlle o tridente a través da mesma. O puñal utilizábase para matar ao su adversario ou para desfacerse da rede, cortando a línea que a suxeitaba ao seu pulso. Os reciarios excepcionalmente combatían contra os mirmillones que iban armados e combatían do mesmo modo que os secutores.
completar curso 2023/24
Espartaco
Espartaco (Tracia, 113 a.C - Lucania, 71 a.C) foi un escravo tracio que, según fontes romanas, dirixiu a rebelión máis importante contra a República Romana no chan itálico (coñecida como III Guerra Servil, Guerra dos Escravos ou Guerra dos Gladiadores), feito ocorrido entre os anos 73 a.C e 71 a.C Militou nas auxilia, as tropas auxiliares de Roma, das que desertou.
Ao non ser cidadán romano, unha vez capturado foi reducido á escravitude. Foi destinado co seu irmán a traballos forzados nunhas canteiras de xeso, pero grazas á súa forza física, foi comprado por un mercader para a escola de gladiadores de Capua de Léntulo Batiato. Todas as fontes coñecidas desta rebelión coinciden en describir a Espartaco como un home culto.
III Guerra Servil
No ano 73 a. C., durante a súa permanencia na escola de gladiadores, Espartaco ideou e levou a cabo una rebelión a fin de escapar xunto a varios compañeiros.
Uns 74 homes, encabezados por Espartaco, Crixo e Enomao, fuxiron da cidade armados con todo o que encontraron. Polo camiño encontráronse cun convoi que transportaba armas de gladiadores e apoderáronse del, tras o cal se retiraron ao monte Vesubio, desde onde comezaron a levar a cabo accións de pillaxe contra as localidades veciñas. Espartaco estableceu un reparto equitativo do botín entre todos os seus homes, o que atraeu gran número de seguidores entre os esclavos das fincas próximas ao volcán.
No ano 71 a. C., en Apulia, librouse a última batalla (chamada por alguns historiadores batalla do rio Silario). Antes da mesma leváronlle o seu cabalo a Espartaco, e él matouno coa súa espada, dicindo: "A victoria daráme bastantes cabalos de entre os inimigos, e se son derrotado, xa non o necesitarei."
Decidiu combater a pé con todos os demáis. Os rebeldes, impulsados polo exemplo de Espartaco, dispostos a vender cara a súa derrota e xamáis volver a servir aos romanos, pelexaron desesperadamente, pero no puideron resistir a superioridade das lexións romanas fogueadas nas campañas de Hispania. 60.000 rebeldes, caeron na batalla; en cambio os romanos solo perderon 1.000 homes.
Non se puido localizar o cadáver de Espartaco. Os romanos fixeron 6.000 prisioneros, e decidiron dar ao mundo unha lección: todos os ex escravos prisioneiros foron crucificados ao longo do tramo da Vía Apia entre Capua e Roma, separados un do outro uns 10 m aproximadamente.
Varios mitos falsos sobre gladiadores
Grazas a axuda de Hollywood e das interpretacións da igrexa católica existen varios mitos falsos sobre os gladiadores:
1. Ao principio non eran loitas por diversión, senón que se realizaban como un tributo aos mortos. Executaban unha coreografía na que o ruído das armas e o sangue derramado servía para honrar ao difunto e alonxar aos demonios. O primeiro combate rexistrado foi en Roma no 246 a. C. Pouco a pouco convertíronse nun espectáculo.
2. No principio da historia das loitas a maioría dos gladiadores eran persoas voluntarias, denominadas autoracti, que vivían con bastantes luxos. Vinculábanse ao adestrador e á escola cun contrato que se renovaba cada 5 anos. Os mellores só combatían dúas ou tres veces ao ano. Despois de Augusto e da implantación do Cristianismo, que prohibiu as loitas a morte, o espectáculo desapareceu.
3. Debido ao gran costo que supoñía o adestramento e o mantemento dos gladiadores, os combates case sempre acaban sen ningunha morte e se sucedía isto era por accidente ou pola cobardía dun deles.
4. Debido ao cadro de Jean Leon Gerome realizado en 1872 (ver imaxe superior) fíxose unha mala interpretación do significado dos polgares. En realidade, cando o público facía o polgar cara abaixo significaba que tiña que envaiñar a espada, non matalo como se pensa, e se facían o pulgar cara arriba, significaba desenvaiñar a espada, ou sexa, matalo.
5. A coñecida frase de morituri te salutant ('os que van a morrer te saúdan') non era unha frase que se utilizase en todos os combates como se pensa, de feito só temos un único testemuño de que isto sucedese nunha ocasión, proporcionado polo historiador Suetonio.
6. Non todo valía nas loitas de gladiadores, mesmo existía un árbitro chamado suma rudis, que paraba o combate cada vez que alguén se saltaba as normas.
7. O posto de gladiador non era exclusivo dos homes, existían gladiadoras que eran tan respetadas como eles.
Outros Tipos de espectáculos representados
Venationes
Na Antiga Roma, unha Venatio era o nome que recibían as loitas entre animais diferentes: leopardos, tigres, osos, elefantes, toros, rinocerontes, animais exóticos como avestruces o dromedarios, etc., tanto entre eles como entre gladiadores e animais.
Realizar este tipo de espectáculos daba moito prestixio, por iso algúns emperadores como Nerón ou Cómodo participaron activamente neles. Co paso do tempo a realización deste tipo de espectáculo sufriu un importante contratempo debido á subida dos prezos dos animais, ata que se estableceu o Edicto de Diocleciano, onde se marcaba o prezo máximo de cada un e se poñía coto á especulación.
Os gladiadores que participaban nestas loitas (venationes) entrenaban nunha escola especial chamada Ludus Matutinus, unha das catro escolas que Domiciano construiu preto do Coliseo.
Damnatio ad bestias
Unha sorte especial de venatio podería considerarse a damnatio ad bestias, que era a condea a morte onde o prisioneiro era devorado polas feras, normalmente leóns.
Estes espectáculos terminaron definitivamente no século V no Imperio de Anastasio, aínda que un século antes a Igrexa tamén intentou prohibilos. A pesar disto, o último combate rexistrouse no ano 523.
Naumachiae
A palabra naumachia (literalmente «combate naval») designaba simultáneamente na época romana tanto ao espectáculo no que se representaba unha batalla naval como a piscina, ou o edificio, no que ésta se escenificaba.
A primeira naumachia coñecida foi a ofrecida por Xulio César ao pobo de Roma no 46 a.C, durante a celebración do seu cuádruple triunfo. Tras ter feito construír unha piscina preto do Tíber, a representación movilizou a combatentes e remeiros, recrutados entre os prisioneiros de guerra.
Sabías que nos séculos XVII a XIX espectáculos semellantes tiñan lugar en Madrid? Se non o cres le esta noticia.
Anuncios de gladiadores na Antigüidade!
Cumis gladiatorum paria XX et eorum suppositicii pugnabunt Kalendis Octobribus III pridie Nonas Octobres. Cruciarii, venatio et vela erunt. Curiculus scriptor Lucceio salutem..
En Cumas, vinte parellas de gladiadores e os seus substitutos loitarán nas calendas de outubro, 3 días antes da víspera das Nonas. Haberá xente crucificada, unha venatio e toldos. Curiculus, que escribe, saúda a Lucceio.
Suspirium puellarum Celadus thraex.
(C.I.L. IV, 4397)
Celado o tracio, fai suspirar ás mozas!
Cnaei Allei Nigidi Mai quinquennalis sine impensa publica gladiatorum paria XX et eorum suppositicii pugnabunt Pompeis. Telephe summa rudis instrumentum muneris ubique vale. Diadumeno et Pyladioni feliciter.
(CIL IV 7991 Casa de Trebius Valens iii.2.1)
20 parellas de gladiadores de Cneo Alleius Nigidius Maius, quinquenal, e os seus substitutos loitarán sen gasto público en Pompeya. Saúdos a Telephus, instrutor xefe de gladiadores. Boa sorte a Diadumeno e Pyladio
Anfiteatros romanos en Hispania
Anfiteatro de Mérida
Foi construído na colonia romana de Emerita Augusta, e inaugurado no século I a.C. Foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1993.
Anfiteatro de Segóbriga
Foi construído entre os séculos I e II d.C. Estaba situado frente ao teatro e era o maior edificio dos que se construiron na cidade de Segóbriga. Atópase ben conservado na actualidade, e conta cun aforo de 5.500 espectadores.
Anfiteatro de Tarraco
Atópase construído moi preto do mar, tras a muralla, e data do século II d.C. Ten un aforo de 15.000 persoas e forma de elipse. Está declarado Patrimonio da Humanidade.
Anfiteatro de Itálica
Foi construído na época de Adriano, aproximadamente entre 117-138, ao norte da primeira cidade romana en Hispania, Itálica (Santiponce, Sevilla). Foi un dos anfiteatros máis grandes do imperio, cun aforo de 25.000 espectadores.
Ademáis dos mencionados anteriormente, en España atópanse tamén os seguintes anfiteatros:
Anfiteatro de Carmo (Carmona, Sevilla).
Anfiteatro de Ampurias (Gerona).
Anfiteatro de Corduba (Córdoba).
Anfiteatro de Cartago Nova (Cartagena).
Anfiteatro de Astigi (Ecija).
Anfiteatro de Cáparra (Cáceres).
Anfiteatro de Legio VII Gemina (León).
Anfiteatro de Gades (Cádiz).
Anfiteatro de Astúrica Augusta (Astorga).
Anfiteatro de Lucus Augusti (Lugo).
Anfiteatros romanos no resto do Imperio
Anfiteatro de Capua (Campania, Italia).
Foi o primeiro anfiteatro do mundo romano.
Tras a súa destrución, construíuse outro anfiteatro na época de Augusto, no século I, e despois foi reconstruído por Adriano e consagrado por Antonino Pío. Dispoñía de 40.000 prazas.
Anfiteatro de Pozzuoli (Italia)
Tamén chamado anfiteatro de Flavio, foi construído no século I, en tempos do emperador Vespasiano, da familia dos Flavios. Atópase na cidade de Puteoli (a actual Pozzuoli), en Campania. É o terceiro anfiteatro en canto á súa amplitude, con máis de 35.000 prazas. A parte subterránea está moi ben conservada.
Anfiteatro de El Djem (Túnez)
Tamén coñecido como Coliseo de Thysdrus, está situado na cidade de Thysdrus (Túnez), na provincia romana de África. É o maior anfiteatro de África, e o cuarto do mundo. Foi construido en 238 d.C. por polo procónsul Gordiano, baixo o reinado do emperador Maximino o Tracio.
A pesar de que algunhas das súas pedras foron empregadas para a construción da cidade, atópase ben conservado. O anfiteatro permaneceu intacto ata o século XVII, e a partir de 1695 comezouse a derribar a fachada interior. Aínda se conservan os fosos dos leóns e un sistema moi elaborado de canalizacións e cisternas para a recollida da auga da chuvia.
Anfiteatro de Nimes (Francia)
Atópase na cidade francesa de Nimes, e foi edificado no 27 a.C., na época do emperador Augusto. Posteriormente foi fortificado polos visigodos e rodeado dunha muralla.
Tras ser remodelado utilízase actualmente como praza de touros.
Anfiteatro de Pula (Croacia)
Construído no século I a.C. Na idade Media foi usado para combates entre cabaleiros. Hoxe en día acolle un festival de verán.
Anfiteatro de Pompeia (Italia)
É o anfiteatro máis antigo conservado na actualidade. Atópase ubicado na antiga cidade romana de Pompeia, e foi soterrado pola erupción do Vesubio no ano 79, que tamén soterrou a cidade e a vila veciña de Herculano. Foi construído arredor do 70 a.C., e foi o primeiro no que se empregou pedra, xa que os anteriores foran construídos en madeira.
Máis anfiteatros nesta páxina.
Coliseo romano
As obras comezaron no 70 d.C. baixo o reinado de Vespasiano e remataron no 80 d.C. con Tito, sendo modificado posteriormente na época de Domiciano (estes dous últimos eran irmáns, fillos de Vespasiano). Orixinalmente era coñecido como Anfiteatro Flavio, en honor á Dinastía Flavia que o construíu, e pasou a ser chamado Colosseum por unha gran estatua ubicada xunto a el, o Coloso de Nerón, pero non conservada actualmente (ver imaxe inferior). A súa inauguración durou 100 días.
Posuía un aforo para 80.000 persoas. Os últimos xogos celebráronse no século VI. Deixou de ser utilizado con este propósito na Alta Idade Media. Máis tarde foi empregado como refuxio, fábrica, sede dunha orde relixiosa, fortaleza e canteira. Das súas ruínas extraeuse abundante material para a construción de edificios, ata que foi convertido en santuario cristián.
Meta Sudans e Coliseo ao Fondo. Foto de 1890
Reconstrución estatua do Coloso de Nerón