Roma tivo 7 reis que a gobernaron durante 7 anos, 4 latinos e sabinos e 3 etruscos, que axudaron ao crecemento de Roma como cidade.
Pero o que deixou o recordo máis malo na memoria de todos foi Tarquinio o soberbio. Desde o seu mandato, non había peor traición que querer ser rei.
Os romanos pensaron que a cidade escollida polos deuses para convertirse na dona do mundo debía ter unha orixe heroica, que adornaron con infinidade de lendas, moitas contradictorias entre si. Para os historiadores actuáis é dificil distinguir entre lenda e realidade, pois teñen encontrado rastros de personaxes que se cría que eran meras lendas.
Reinaba en Alba Longa o rei Proques, que tivo dous fillos, Numítor e Amulio. Cando morreu Proques, sucedeulle Numítor no trono, peroo seu irmán Amulio destronouno, desterrouno e fíxose co poder.
Para evitar que o seu irmán tivese descendencia, matou aos seus dous fillos varóns e converteu á súa filla Rea Silvia en vestal (sacerdotisa da deusa Vesta), xa que como tal debía manterse virxe. Pero os plans dos deuses eran outros, así que Marte, o deus da guerra, amou en segredo a Rea Silvia, quen concibiu dous xemelgos chamados Rómulo e Remo.
Cando naceron, Amulio introduciu aos pequenos nunha cesta e botounos ao río Tíber, convencido de que morrerían. Con todo, a cesta veu parar a un remanso do río. Os nenos comezaron a chorar e unha loba descubriunos. O animal aleitounos nunha gruta ao suroeste do monte Palatino, onde foron atopados por un pastor, Fáustulo. Este recolleunos e levoullos á súa muller, Laurencia, para que os criase. Cando cumpriron dezaoito anos, Fáustulo reveloulles a súa orixe e eles loitaron contra Amulio. Rómulo e Remo restituíron no trono ao seu avó Numítor, marcharon ao lugar onde o pastor os atopara e alí falaron de onde fundar a súa cidade, acompañados de vagabundos e bandidos.
Rómulo quería construír Roma no Monte Palatino e Remo no Aventino. Ademais, a lei da primoxenitura (o varón máis antigo) non podía aplicarse neste caso, xa que eran xemelgos, polo que os novos habitantes debían elixir ao rei doutra maneira.
Decidiuse que o que vira mais voitres gañaría o mando. Remo viu 6 pero Rómulo 12, polo que este último gañou. Rómulo trazou os límites da cidade e ordeou que ninguén os traspasara, e quen o fixese morrería.
Parece que o primeiro en violar o xuramento foi Remo, quen asaltou os muros e enfrontouse ao seu irmán. Cumprindo o xuramento, Rómulo matouno. A cidade chamouse Roma no seu honor e Rómulo converteuse no seu primeiro rei.
Para poboar o novo imperio Rómulo aceptou a todo tipo de prófugos, refuxiados e expulsados das cidades veciñas. Pero axiña déronse conta de que necesitaban máis mulleres, polo que invitaron a un pobo veciño chamados sabinos que habitaban no outeiro do Quirinal, para emborrachalos e raptar as súas mulleres. Cando voltaron a súas casas e descubriron o engano, un pobo veciño, os sabinos declararon a guerra inmediatamente aos latinos. Antes de partir para o campo de batalla Rómulo deixou a cargo da cidade a Tarpeia, unha rapaza que estaba secretamente enamorada do rei dos sabinos e ensinoulles unha entrada para chegar ao Capitolio.
Tarpeia pediulle a cambio a pulseira de ouro que este levaba na mao esquerda, pero este non cumpliu o prometido, senón que mandou os seus soldados aplastala cos seus escudos. A lenda conta que os latinos descubriron a súa traizón e que a tiraron por un precipicio, que agora se chama a roca Tarpeia.
Cando comenzou o combate, as mulleres interpuxéronse entre os latinos e os sabinos no medio da batalla, abrazándose os seus pescozos e dicindo que se proseguían eran elas as que iban sufrir, pois se gañaban os latinos perdían aos seus pais, pero se gañaban os sabinos perdían os seus maridos.
Así é como dín os romanos que se formou a súa cidade, da unión dos dous pobos, aos que despois se uniron aos etruscos, un pobo máis avanzado que tiña importantes intereses comerciais no Lacio.
Dende a fundación da cidade por Rómulo (753 a.C) ata a instauración da República (ano 509 a.C.), Roma foi gobernada por 7 reis.
Foi o primeiro sucesor de Rómulo, de orixe sabina. Era un home severo pero pacífico, e fundou a relixión romana.
Ensinou aos romanos como rendir culto aos seus deuses e ensinounos a pelexar, estableceu o calendario sagrado e instituiu as principais cerimonias relixiosas.
Foi un gran guerreiro latino, que organizou militarmente aos romanos e os ensinou a pelexar.
Conquistou Alba Longa, a cidade máis importante do Lacio. Morreu a mans do seu sucesor, Anco Marcio.
De orixe sabina, este rei era neto de Numa Pompilio. Ampliou os límites da cidade, e construiu o peirao de Ostia, facendo así que Roma chegase ao mar por primeira vez. Construiu tamén a primeira ponte de madeira sobre o río Tíber e o primeiro cárcere.
Os catro primeiros reis, orixinarios de Roma, foron sucedidos por tres reis etruscos, da poderosa familia dos Tarquinios:
Tamén chamado Tarquinio "o vello", ou Tarquinio Prisco ("vello" en latín), foi un rei culto e intelixente.
Organizou os primeiros xogos no Circo Máximo, comezando así unha nova tradición.
Comezou tamén a construción dun templo para Xúpiter Óptimo Máximo no outeiro do Capitolio, o máis importante da Cidade.
Tarquinio Prisco convertíu Roma nunha auteńtica cidade, con rúas ben trazadas, cuxo lixo era botado ó río Tíber a través da Cloaca Máxima.
Era fillo dunha escrava, pero criouse no palacio de Tarquinio o Vello e acabou casando coa súa filla.
Foi un rei querido e respetado, que construiu a primeira muralla de Roma, coñecida como a “muralla serviana”.
Reorganizou a ordenación política da cidade, agrupando aos cidadáns pola súa riqueza en diversas clases, que foron tamén a base da organización do exército.
Era considerado un tirano que accedeu ao poder asasinando ao seu sogro (Servio Tulio) e foi o primeiro monarca en rodearse da garda persoal para protexerse.
Levou a cabo importantes campañas militares en territorio etrusco, e rematou o Templo de Xúpiter na cima do Capitolio, que comezara o seu pai.
O pobo, cansado da súa crueldade, buscaba unha forma de desfacerse del. Un fillo de Tarquinio forzara a unha muller chamada Lucrecia. Esta, tras confesar a súa desgraza ao seu marido e ao seu pai, suicidouse diante deles atravesando o seu corazón cunha daga. Encolerizado por este suceso, o pobo decidiu expulsar ao rei e á súa familia.