TRATANTE DE GANDO

TRATANTE DE GANDO NUNHA FEIRA DE BETANZOS


MATILDE MOSQUERA LENDOIRO


Denomínase tratante de gando ou "entrador" de gando á persoa dedicada a comprar animais para posteriormente proceder á súa venda, mediante contrato verbal, obtendo por iso un beneficio.

O tratante dedicábase a percorrer os pobos, ou acudían a feiras, en busca de animais listos para seren sacrificados, levándoos a outros lugares, vendéndoos aos carniceiros que posteriormente os sacrificaban para vendelos nas súas tendas. Tamén se dedicaban aos animais de ferradura, é dicir, asnos, mulas e cabalos, ao estilo de compravenda de vehículos de ocasión, levando dun lugar a outros animais de carga que compraban e vendían. Foi este un traballo moi habitual entre os xitanos.