LABREGAS

LABREGAS


XULIA MARTÍNEZ PEDREIRA


A muller labrega sustentaba as familias galegas co seu traballo no campo e na casa. A muller tivo e ten un importante papel no mundo rural galego. Asume non só labores agrarios, senón que tamén asume de xeito maioritario as faenas domésticas, o coidado da casa, da infancia e das persoas maiores. Porén, non se lle daba o recoñecemento que merecía.

O poeta Darío Xohán Cabana dedicoulle este fermoso poema «Muller labrega» no Romanceiro da Terra Chá (1970).

«Ollade a muller labrega.

Nin ten as mans coma pombas

nin belida a cabeleira.

Ten os ollos sen olladas,

e a cara é mapa de xeiras.

Leva no peito a esperanza

durísima das colleitas

que lle pon lume no sangue

e a fai moi vella, moi vella» .