FIANDEIRA

FIANDO LIÑO


MARGA FERNÁNDEZ IGLESIAS


O proceso comeza co sementado, ao que segue o arrincado da planta, para quitarlle as herbas e sacar ou bagaño [a flor da planta que, unha vez seca, convértese nunha pequena boliña e serve de semente para a seguinte colleita. Para sacalo faise o ripado e quédase só coa planta. Despois facíanse feixes e levábanse ao río durante nove días poñéndolle unhas pedras por encima para que non marchasen. En ocasións axudábanse do carro, guiado polas súas vacas. Outras, non tiñan máis remedio que levala sobre as súas cabezas.

Unha vez remollado durante nove días, extraíase e deixábase secar nunha leira para despois mallalo coas vacas. Os pasos seguintes baséanse en separar a fibra da planta para así poder levala ao tecelán e poder facer ou liño.

Como co trigo, o ensilado ou a recolección da pataca, a fiada do liño tamén a acompaña a súa conseguinte festa. Reuníanse os veciños e facían unha comida nun cabanote. Tiñan patacas, bacallau -se o había- un vasiño de viño tallado e moita broa. E así se divertían, mozos e mozas, todos xuntos, bailando e tocando a pandeireta.