PANADEIRAS

PANADEIRA EN FORNO DE LEÑA


ANXOS FUCIÑOS


O forno de cocer o pan ten moita capacidade (máis de 30 fogazas). O forno é de pedra de granito, con forma de bóveda, non ten cheminea e, para protexer a palla do teito, ten enrima da boca unhas pedras en forma de campá, onde morren as pavesas que saen de dentro do forno co fume.

O problema do forno é que para quentalo consómese máis dun carro de leña, por iso acendíase soamente unha vez cada mes, para cocer o pan (o pan de centeo dura moito en bo estado e cando estaba un pouco balorento quitábase o anaco afectado e continuábase comendo o resto). Para quentalo metíase moita leña dentro e atizábase ata que a pedra dos lados se puña branca, nese momento sacábanse as brasas co rodal e varríase o forno cunha vasoiea de xestas cravada nun pau. Deixábanse unha chea de brasas na porta para que fixesen barreira de calor e así non era necesario porlle porta (antes din que lle puñan unha porta de madeira con bosta aos lados para que encaixase ben).