O sector primario en Galicia e en toda España foi, e segue sendo, un piar fundamental da economía. É unha importante fonte de emprego, potencia a exportación (España é un dos principais exportadores de produtos agrícolas e pesqueiros do mundo) e xera desenvolvemento no rural (en moitas comunidades rurais dependen do sector primario para a súa subsistencia e desenvolvemento económico).
É por todo isto polo que o sector primario xera tanto impacto na economía cada vez que se ve influenciado por diversas causas como a deslocalización ou a tecnificación da maquinaria agrícola.
O sector primario leva anos intentando ser escoitado, alzando a voz para compartir os problemas estruturais que afectan ás súas actividades e, polo tanto, a todos nós.
A sociedade é allea aos retos aos que se enfrontan cada día os que dedicaron a súa vida a este sector, tan necesario como esquecido.
Houbo problemas previos á pandemia que só se agravaron como consecuencia da guerra entre Rusia e Ucraína; a invasión rusa do hórreo de Europa tivo un grave impacto na cadea mundial de subministración de alimentos, destapando problemas de dependencia do exterior e levando á falta de abastecemento.
A sequía que ultimamente se está sufrindo afecta de xeito negativo e de forma moi importante a este sector. A pesar de que se producen choivas abundantes en certas épocas do ano, non é suficiente. Pola sequía diminúe o rendemento nas producións e nos cultivos, xorden problemas nos regadíos, ausencia de auga tanto para os pastos do gando como para a bebida (isto implica que aumente o prezo das forraxes na gandeiría). Xorden tamén problemas na sembra, xa que as terras non están suficientemente húmidas para facer unha boa sementeira.
As precipitacións en forma de fortes tormentas (grandes cantidades de auga en poucos minutos) son tan daniñas como a sequía, xa que se produce un aumento da escorrentía (corrente de auga que circula libremente sobre a superficie dun terreo, que se verte ao rebasar o seu cauce natural ou artificial), e en consecuencia, a gran parte de auga das chuvias torrenciais non acaba almacenándose nas reservas, polo que non pode ser aproveitada de ningunha maneira nin nos acuíferos nin para os cultivos.
O encarecemento da enerxía.
Os conflitos que están xurdindo en Europa do leste na actualidade fixeron que aumentase aínda máis o prezo da enerxía, polo que aumentan os custos de produción; isto fai que as explotacións teñan máis gastos dos esperados, supoñendo en moitos casos a perda de máis diñeiro do que acabarán ingresando, é dicir, traballando a perdas.
A subida de prezos das materias primas.
A entrada de Ucraína na guerra supuxo un duro revés para o gando español, entre outras cousas porque de aí procede o 41% do millo que importa o noso país. Como consecuencia desta situación, os produtores de pensos e forraxes tiveron dificultades para atopar de novo importadores de millo que permitisen facer pensos para o gando. Isto dificulta moitísimo a rendibilidade da gandeiría.
O éxodo rural.
O éxodo rural refírese á emigración do campo cara ás cidades, co fin de buscar un mellor traballo, unha nova profesión ou un novo estilo de vida. Isto vai asociado a que o campo viviu un proceso de despoboamento xa que a gran maioría de xente nova xerou este movemento co conseguinte envellecemento demográfico das áreas rurais.
Envellecemento do rural.
A relación entre o envellecemento e a contorna é evidente: canto máis pequeno é o concello, maior é a proporción de poboación avellentada que ten. Así, por exemplo, os maiores de 80 anos supoñen máis do 10% da poboación nas localidades de menos de 1.000 habitantes, mentres que os valores totais para España non chegan ao 6%.
O minifundismo.
O campo galego ten unha explotación complexa debido ao carácter minifundista do seu terreo. Co 6% do total da superficie rústica do Estado, Galicia concentra o 28% do número total de leiras existentes en España. Galicia é a comunidade que máis parcelas catastrais rexistra de toda España, a pesar do seu pequeno tamaño. A escasa superficie útil por explotación e o reducido tamaño das parcelas limita o crecemento do sector agrario galego.