Do salmón á troita arcoiris
Na súa orixe, a instalación naceu para producir salmón destinado ao repoboamento dos ríos galegos. Co tempo a Administración cambiou de adxudicatario e a piscifactoría reconverteuse para a produción de troita arcoiris.
Abandono tras o paso de Gong (2013)
En 2013 a instalación sufriu graves danos no encoro de derivación da piscifactoria debido á cicloxénese explosiva “Gong”, quedando sen subministración de auga e con toda a poboación animal perdida, provocándolle a quebra á anterior empresa xestora.
Reactivación municipal (2021)
En 2021, o Concello adquiriu esta infraestrura a través da Fundación TerrEo, dando comezo a un ambicioso proxecto de recuperación.
"O noso obxectivo era crear un modelo de produción sostible, onde o respecto polo medio ambiente e o benestar animal fosen prioritarios", explican os responsables do proxecto. E os resultados son evidentes. Desde o desbroce da vexetación que invadía as ruínas ata a implementación dun novo sistema eléctrico, pasando pola instalación dunha turbina que xera enerxía coa auga e unha máquina sacafollas, cada detalle foi pensado para optimizar a eficiencia e minimizar o impacto ecolóxico. As salas de frío para a conservación e a produción de xeo completan a modernización da instalación.
Máquina sacafollas
Canal de derivación
A piscifactoría alberga agora 6 tanques de cría e 32 de crecemento, xunto con 50 tanques circulares e 16 tanques de cemento no exterior. A densidade de individuos nos tanques circulares de 5000 litros non debe superar a densidade de 250 kg de peixe, é dicir, o que implica unha densidade máxima de 50 Kg/m3 moi por debaixo dos estándares, evidencia o compromiso co benestar animal. A produción anual alcanza as 40 toneladas de troita, con 3000 kg mensuais.
Nave de alevinaxe
Tanques circulares
Tanques de cemento
Na visita, descubrimos o ciclo biolóxico da troita arcoiris (Oncorhynchus mykiss), desde a ova ata o produto final. Cada mes, a piscifactoría de Santalla recibe un cargamento de 80.000 destas ovas a empresa Ovapiscis situada no lugar de Fonteo no nacemento deo río Eo, a 14 Km. de Santalla. A súa viaxe comeza nun lugar cálido e seguro: a sala de incubación.
1. A incubación: Despertando a vida
Aquí, o factor clave é a temperatura. As ovas necesitan calor para desenvolverse, pero non calor directo. A temperatura acumúlase gradualmente, chegando a uns 280ºC. É como se estiveran nun útero artificial, onde a calor acumulada lles indica cando é o momento de eclosionar.
O tempo que tardan en eclosionar depende directamente da temperatura da auga. Canto máis fría a auga, máis tempo tardarán.
A calidade da auga nesta fase té moi importante polo que vai pasar por 2 filtros de area ata chegar ás piletas onde ser atopan as ovas. As bandexas coas ovas atópanse na parte máis superficial da auga das piletas coa fin de que conteña a menor cantidade de partículas en suspensión.
Ovas en incubación.
Alevíns con saco vitelino.
Alumnado na sala de incubación
2. Os alevíns.
Cando a ova se abre, nace un alevín. Imaxinen un mini peixe, aínda moi fráxil. Ao principio, non precisa comer, xa que conta co saco vitelino. Este saco contén reservas de enerxía que alimentan ao alevín durante os seus primeiros días de vida.
Pero esa reserva de alimento non dura para sempre. Axiña, o alevín necesita aprender a comer por si mesmo. Os coidadores da piscifactoría ofrécenlle un penso especial, de alta calidade, deseñado para axudarlles a crecer fortes e sans. Despois de 3-4 semanas, estes pequenos alevíns xa están listos para unha nova aventura.
Alevíns sen saco vitelino
Penso para as diferentes etapas do crecemento das troitas
3. O engorde: Crecer e fortalecerse.
Os alevíns son trasladados aos tanques de crecemento. Estes espazos son como piscinas amplias e luminosas, onde a auga fría e rica en osíxeno do río Eo flúe constantemente. É como se lles recrease o seu hábitat natural, ofrecéndolles un lugar perfecto para medrar.
A súa dieta vai cambiando a medida que medran. Ao principio, aliméntanse con pensos ricos en proteínas, para impulsar o seu crecemento. Despois, a dieta faise máis equilibrada, para garantir unha carne saborosa e nutritiva. Tamén se controla o tamaño do penso, adaptándoo a cada etapa de crecemento.
O importante é que as troitas crezan de forma natural, sen présas. Por iso, a piscifactoría ofrécelles aproximadamente un 70% da cantidade de penso recomendada, permitíndolles medrar ao seu ritmo. Ademais, mantense unha densidade baixa de troitas nos tanques, garantindo un crecemento sostible e un produto de alta calidade.
Tanques de crecemento circulares.
Troitas no interior do tanque.
Troitas asalmonadas no tanque.
4. Madurez e Comercialización.
Cando as troitas acadan un tamaño comercial de 60 gr xa listas para ser recollidas, sacrificadas e vendidas á clientela, máis dun centenar de clientes particulares que poden achegarse ás instalacións da piscifactoría para mercar as troitas ou ben facelo a través das rutas de comercialización postas en marcha pola fundación Terreo co obxectivo de ter un produto kilómetro 0.
Na actualidade, na venda deste produto inclúense 25 restaurantes de concellos cercanos, así como outros negocios como o mercado de abastos de Lugo. Por outro lado, un novo produto da piscifactoría, a troita asalmonada de 2,2 kg de peso, sirve aos comedores de INDITEX cunha periodicidade segundo as necesidades. pero que supera os 500 Kg. ao mes.
Sabiades que as troitas arcoiris crecen máis rápido ca troita común?.
A clave está en crear exemplares triploides grazas a someter os ovos recién fecundados a un choque térmico (27ºC) durante uns minutos. Este choque impide que os cromosomas se separen correctamente, dando como resultado unha troita con tres xogos de cromosomas en lugar de dous. As troitas triploides adoitan crecer máis rápido e a triploidía provoca esterilidade, evitando que as troitas maduren sexualmente de forma prematura. Así, toda a súa enerxía se enfoca en crecer, non en reproducirse.
Aínda que a triploidía ten vantaxes, tamén pode implicar algunhas dificultades, como unha maior mortalidade nas primeiras etapas de desenvolvemento. Pero, en xeral, esta técnica ofrece un potencial enorme para a acuicultura, permitindo obter troitas máis grandes, saudables e eficientes.
Os baños de auga con sal son fundamentais para previr enfermidades.
En acuicultura, e especialmente na piscifactoría de Santalla, os baños de auga con sal semanais actúan coma un potente antiséptico natural. Elimina parasitos, bacterias e fungos que poden atacar ás troitas, debilitándoas e enfermándoas. Ademais, os baños de sal axudan a fortalecer o sistema inmunitario, facéndoas máis resistentes ás enfermidades.
E o maís impostante, ao evitar o uso de antibióticos e outros medicamentos, os baños de sal garanten que a troita que chega á mesa sexa un produto máis natural e libre de residuos químicos.
POR UN FUTURO REAL E SOSTIBLE
A piscifactoría de Santalla non é só un exemplo de cría sostible, senón tamén unha estratexia integral para o futuro do medio rural galego. O Concello planea construír unha nova planta acuícola preto de Chao de Ponferreiro, ampliando a capacidade produtiva ata as 250 toneladas de troita. Un proxecto que xerará emprego e consolidará a posición de Ribeira de Piquín como referente na acuicultura sostible.
Chao de Ponferreiro, lugar onde vai o proxecto da nova piscifactoría.
Balsa de decantación
Xerador eléctrico
Río Eo ao paso da piscifactoría