O sector primario, no que se inclúe a agricultura, gandeiría e silvicultura, desempeña un papel fundamental na economía e no desenvolvemento sostible da nosa provincia.
O Campus Terra lidera a transformación do sector primario.
A tecnificación neste sector resulta esencial para optimizar os recursos, aumentar a produción e asegurar a súa sustentabilidade a longo prazo.
O propósito do Campus Terra é transformar o Campus de Lugo nun centro tecnolóxico, científico e social asociado á sustentabilidade e ao desenvolvemento do sector primario.
O Campus Terra de Lugo conta con modernas instalacións, entre as que destacan os laboratorios de investigación, as granxas experimentais e os xardíns botánicos. Ademais, a través de convenios con outras institucións, ofrece aos estudantes a oportunidade de realizar prácticas profesionais en empresas e organismos públicos relacionados co sector agroalimentario.
O Campus Terra de Lugo ten unha gran importancia no sector primario, tanto a nivel local como a nivel internacional. Este campus é un referente no estudo e a investigación das ciencias agrarias e forestais, coa súa facultade de Ciencias Agroforestais, que ofrece unha ampla variedade de programas de grao e posgrao.
O campus Terra é un centro multidisciplinario no que se asocian actividades académicas co desenvolvemento profesional das persoas no medio rural.
A especialización do Campus Terra incide en catro eixos fundamentais:
Produción Vexetal e Agricultura Sostible.
Produción e Saúde Animal Sostibles.
Alimentación Segura e Saudable.Xestión Forestal Sostible.
Estes catro eixos científicos principais están relacionados con outros tres transversais, como son a utilización das TICs e as "Ómicas", o Cambio Climático, e a Biodiversidade e Infraestruturas Verdes.
Todo o conxunto enmárcase no paradigma da Bioeconomía Circular.
Dende o inicio conviven no Campus de forma aberta disciplinas relacionadas coas enxeñarías, as ciencias da saúde, as ciencias sociais e as humanidades.
ESCOLA POLÍTECNICA SUPERIOR DE ENXEÑARÍA
https://www.usc.gal/gl/centro/escola-politecnica-superior-enxenaria
Conta con 50 anos de funcionamento e está constituída por un corpo de 124 docentes e investigadores.
Conta con 5 graos:
Grao en Robótica.
Grao en Enxeñaría Civil
Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria.
Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Grao en Paisaxe
Conta con un dobre grao:
Dobre Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural.
Conta con dous graos abertos:
Programa de Grao Aberto “5USC en enxeñarías” [en extinción]
Programa de Grao Aberto USC enxeñarías.
Conta con 5 másteres oficiais:
Máster Universitario en Dirección de Proxectos.
Máster Universitario en Enxeñaría Agronómica.
Máster Universitario en Enxeñaría de Montes.
Máster Universitario en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados [en extinción]
Máster Universitario en Planificación e Xestión Territorial.
Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados.
A FACULTADE DE VETERINARIA.
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-veterinaria
Foi fundada en 1983. A facultade de veterinaria e o único centro da Comunidade Autónoma de Galicia no que se forman profesionais das Ciencias Veterinarias. Esta facultade imparte o Grao en Veterinaria e o Máster Universitario en Xenómica e Xenética, nos que participan máis de 130 docentes de 19 departamentos.
Conta con 1 grao:
Grao en Veterinaria.
Conta con 1 máster:
Máster universitario en Xenómica e Xenética.
FACULTADE DE CIENCIAS.
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-ciencias
Foi fundada en 1991. O propósito desta facultade é buscar a excelencia en todas as funcións que desempeña: docencia, xeración de coñecemento e a súa difusión a través da investigación desenvolvida.
Conta con 3 graos:
Grao en Bioquímica
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais.
Grao en Nutrición Humana e Dietética.
Conta con 1 grao aberto:
Programa de Grao Aberto “5USC Enxeñarías” [en extición]
Programa de Grao Aberto USC Enxeñarías.
Conta con 2 másteres:
Máster Universitario en Enxeñaría de Procesado de Alimentos [en extinción]
Máster universitario en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias.
FACULTADE DE HUMANIDADES.
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-humanidades
Esta facultade está situada moi preto de diversas instalacións deportivas: Pazo dos Deportes, pistas de atletismo, piscina universitaria etc…
Conta con 4 graos:
Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural [en extinción]
Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural [Semipresencial] [en extinción]
Grao en Xestión Cultural (presencial)
Grao en Xestión Cultural (semipresencial)
Conta con 1 máster:
Máster Universitario en Servizos Culturais (semipresencial)
FACULTADE DE FORMACIÓN DO PROFESORADO.
https://www.usc.gal/es/centro/facultad-formacion-profesorado
A profesión de profesor cada vez é máis complexa e as esixencias ao profesorado van en aumento. As investigación recalcan as relacións entre a calidade do profesorado e os logros do estudantado.
Conta con 2 graos:
Grao en Mestre de Educación Infantil.
Grao en Mestre de Educación Primaria.
Conta con 1 dobre grao:
Dobre Grao en Mestre de Educación Infantil e Maestro de Educación Primaria.
Conta con 4 másteres:
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria e Bacherelato, Formación Profesional en Enseñanzas de Idiomas. Especialidade Ciencias Experimentais, Matemáticas e Tecnoloxía e Informática.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria e Bacherelato, Formación Profesional en Enseñanzas de Idiomas. Especialidade Formación Profesional: Sector Primario e Secundario.
Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria e Bacherelato, Formación Profesional en Enseñanzas de Idiomas. Especialidade Linguas e Literaturas Estranxeiras.
FACULTADE DE ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS.
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-administracion-direccion-empresas
A misión principal desta facultade é educar e inspirar ao estudantado para que estea disposto para o éxito.
Conta con 4 graos:
Grao en Administración e Dirección de Empresas.
Grao en Empresa e Tecnoloxía.
Grao en Empresa e Tecnoloxía (semipresencial).
Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas [en extinción].
Conta con 2 másteres:
Máster Universitario en Dirección de Empresas (1ªed) [en extinción].
Máster Universitario en Dirección de Empresas (2ªed).
O Campus Terra dispón dunha das plantas piloto para a industria láctea e alimentaria máis completas de Europa, dotada dunhas instalacións e medios técnicos que permiten reproducir os procesos industriais máis representativos destas industrias.
EDIFICIO DE APOIO Á INVESTIGACIÓN - CACTUS
O edificio CACTUS presta un importante servizo de investigación en todo o Campus e tamén a empresas particulares.