Este espazo xorde ante a necesidade de abrir os ollos ao medio rural.
Lugo posúe unha contorna natural única: o 39 % da provincia pertence á Reserva da Biosfera Terras do Miño. Ese galardón, outorgado en 2002 pola UNESCO, reflicte que Lugo posúe uns territorios que harmonizan a conservación da diversidade biolóxica e cultural co desenvolvemento económico e social a través da relación das persoas coa natureza. Galén no rural fala desta relación entre as persoas e a natureza.En Lugo as actividades agrarias teñen especial relevancia, non só para as persoas que habitan no espazo rural, senón para todos os que vivimos nas cidades, afastados do ciclos de produción das materias primas. Estas actividades poñen á nosa disposición os produtos que mercamos a cotío sen pensar na importancia que ten a sustentabilidade das explotacións agrarias do noso rural.Neste espazo para o rural, descubriremos unha explotación gandeira moderna, eficiente, sustentable e competitiva, vinculada á industria do sector, destinada á transformación do leite en queixo. Coñeceremos outra empresa familiar, situada no rural, dedicada á transformación da materia orgánica en fertilizante dando valor aos procesos que promoven a economía circular. Por último, coñeceremos o significado da agricultura 4.0.