Ollada a Terra Chá dende as alturas
é semellante a un mar en calma.
Pra medila só valen dúas mensuras:
¡ferrados de corazón, fanegas de alma!.
Manuel María
Son moitas as persoas que, poñendo todo o corazón, participaron neste proxecto, para facernos comprender. Escoitamos, ollamos e compredemos. Só a través das persoas e das experiencias, a aprendizaxe se revela como unha fiestra aberta ao mundo.
Moitas grazas a Laura Aldariz, pola súa enerxía positiva que foi capaz de contaxiar a todo o grupo; a Josefa de León, por compartir con nós a esperanza dun mundo mellor; a Alicia Hernansanz e Marta Rodríguez, pola súa paciencia e sabiduría; a Miguel Gómez, polo interese para facer doado o complexo; a Gabriel Varela, pola paixón e o compromiso co seu traballo; a David R. Solla, pola acollida, e a Santiago Sousa, por deixarnos vivir unha experiencia inolvidable.
Agradecer tamén a xenerosidade das empresas que participaron activamente neste proxecto: Agroamb Prodalt, GrupoMaquinaria Durán, Entrepinares e a explotación Varela Labrada S.L.